O desarme do PKK: unha oportunidade fráxil no taboleiro xeopolítico de Oriente Medio
O 11 de xullo de 2025, combatentes do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK) realizaron unha cerimonia simbólica de queima de armas nas montañas de Qandil, ao norte de Iraq. Este acto, promovido polo líder histórico do PKK, Abdullah Öcalan, desde a súa cela nunha prisión de alta seguridade en Turquía, marca un posible punto de inflexión nun conflito de máis de catro décadas co Estado turco. Porén, o xesto, por agora simbólico, abre máis preguntas ca respostas nunha rexión que raramente coñeceu estabilidade prolongada.
O desarme do PKK: unha oportunidade fráxil no taboleiro xeopolítico de Oriente Medio Read More »