Rubén C. Lois González

Lois González, Rubén C.

Rubén C. Lois González, é Catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela (España), Vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional (UGI) e membro do Consello Científico da revista do IGADI Tempo Exterior. 

Foi profesor convidado en universidades de Francia, Noruega, Italia e a Federal de Bahía-UFBA (Brasil). Investigador Principal de varios proxectos da Unión Europea e internacionais de cooperación transfronteriza. Autor de perto de 200 libros e capítulos de libro, e máis de 150 artigos en revistas académicas. Entre elas destacan, Scripta Nova, Finisterra, Annales de Géographie, Sud-Ouest Européen, Die Erde, European Planning Studies, Land, Use & Policy, Revista Geográfica del Norte Grande, Mobilities, Territory, Politics and Governance, Sociologia Ruralis y Gender, Lugar e Cultura. Dirixiu 37 Tesis Doutorais. Foi Decano da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Membro da Directiva da Asociación de Española de Geografía (1997-2011 e desde 2017 ata hoxe) e fundador do Colexio de Xeógrafos de España (1999). ORCID: 0000-0003-4717-1061


Artigos de Lois González, Rubén C.

OGALUS

Editorial Tempo Exterior nº47: A percepción de Galicia en Portugal e os países lusófonos

Apartados xeográficos Foreign action of Galicia
No mundo globalizado que nos toca vivir, non chega con ser dun territorio, dun país, identificarse co mesmo e sentilo como propio. O territorio, o país, é unha realidade en si, pero ao mesmo tempo é o que outros ollan e perciben del. Polo tanto, Galiza é algo máis que unha nación, unha sociedade e unha lingua, tamén é o resultado da imaxe que proxecta no exterior. Nesta imaxe procuramos centrarnos nunha comunidade cultural e idiomática moi parella á nosa, irmá, como é a conformada polas nacións de lingua oficial portuguesa.
A XXXIII Cumio hispano-luso celebrouse o pasado 4 de novembro do 2022

Os Cumios Ibéricos: A necesidade de avanzar máis

Apartados xeográficos Foreign action of Galicia
A identidade portuguesa construíuse fronte á ameaza española de agresión desde o século XVII. A española seguiu outras canles, pero moitas veces minusvalorou ao veciño ou ofreceulle benintencionados proxectos iberistas, que non chegaron nunca a concretase. A división da Península Ibérica no período das ditaduras do século XX, o Estado Novo (1933-1974) e franquismo (1936/39-1975), …

Lois González, Rubén C. Read More »