1. RESPONSABLE DO TRATAMENTO
- Entidade responsable: Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI)
- NIF: G36741049
- Enderezo: Rúa Luís Braille 40 (Centro Cívico Sur), 36003 Pontevedra
- Correo electrónico de contacto: info@igadi.gal
- Teléfono: +34 986 843 436
IGADI comprométese a garantir a privacidade das persoas usuarias e a protección dos seus datos persoais.
2. FINALIDADE DO TRATAMENTO
Os datos persoais recollidos a través do sitio web igadi.gal serán tratados coas seguintes finalidades:
- Xestión de solicitudes feitas mediante o formulario de contacto.
- Envío do boletín informativo a persoas subscritoras que así o soliciten expresamente.
- Comunicacións institucionais relacionadas coa actividade do IGADI (eventos, publicacións, chamadas a colaboración, etc.).
Non se utilizarán os datos con fins comerciais nin se cederán a terceiros sen consentimento expreso.
3. LEXITIMACIÓN
A base legal para o tratamento dos datos persoais é:
- O consentimento da persoa interesada, expresado ao marcar as opcións correspondentes nos formularios.
- O interese lexítimo do IGADI para informar sobre as súas actividades a quen xa estableceu contacto coa entidade.
4. CONSERVACIÓN DOS DATOS
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coas finalidades mencionadas e, en todo caso:
- Ata que a persoa interesada solicite a súa supresión ou se dea de baixa do boletín.
- Durante os prazos establecidos polas obrigas legais vixentes, se é o caso.
5. DESTINATARIOS DOS DATOS
Os datos non serán comunicados a terceiros, agás por obrigación legal ou por necesidade técnica (ex. servizos de envío de boletíns baixo acordo de confidencialidade).
6. DEREITOS DAS PERSOAS INTERESADAS
As persoas usuarias teñen dereito a:
- Acceder aos seus datos persoais
- Solicitar a súa rectificación ou supresión
- Solicitar a limitación do seu tratamento
- Opoñerse ao tratamento
- Solicitar a portabilidade dos datos
Para exercer calquera destes dereitos, poden contactar con IGADI mediante correo electrónico en info@igadi.gal, indicando claramente a solicitude e achegando unha copia do DNI ou documento identificativo.
Tamén teñen dereito a presentar reclamacións ante a Agencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se consideran que se vulneraron os seus dereitos.
7. SEGURIDADE DOS DATOS
IGADI comprométese a aplicar as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa perda, alteración ou acceso non autorizado.
8. MODIFICACIÓNS DA POLÍTICA
IGADI poderá modificar esta Política de Privacidade para adaptala a cambios lexislativos ou á evolución das súas actividades. Recoméndase revisar esta sección periodicamente.