Declarado deserto o Premio de Tradución Plácido Castro 2013

O xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa décimoterceira convocatoria, correspondente ó ano 2013, decidiu, por maioría,declarar deserto  o premio.

O xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa décimoterceira convocatoria, correspondente ó ano 2013, decidiu, por maioría,declarar deserto  o premio.

Composto, por Camiño Noia (Asociación de Tradutores Galegos), Antón Santamarina (Real Academia Galega), Xosé María Gómez Clemente (Departamento de Tradución da Universidade de Vigo), Moisés Barcia (Editorial Rinoceronteo), Carlos Arias Iglesias (Xunta de Galicia), Susi Castro (Fundación Plácido Castro) e Roberto Mansilla Blanco (en representación do IGADI), o xurado considerou que ningunha das obras presentadas cumpría cos requisitos esixidos nas bases de “calidade da tradución galega, a relevancia para o noso sistema cultural da obra traducida, as dificultades intrínsecas da lingua de partida e a súa distancia cultural e a envergadura do proxecto de tradución”.

O obxectivo deste premio é destaca-la calidade das traducións dos clásicos da literatura universal que a Biblioteca Virtual bivir publica periodicamente na súa páxina web http://www.bivir.com, nunha iniciativa que pretende a un tempo colaborar no proceso de normalización da lingua do país e contribuír a enriquece-lo universo literario galego mediante a versión dos autores consagrados que escribiron noutras linguas.

O premio está dotado con 2.000 euros en metálico e a publicación da obra por parte de Rinoceronte Editora. Ademais, conta cun diploma acreditativo e unha peza escultórica deseñada expresamente para o evento, obra de Xaquín Chaves.

O premio da edición 2012 tamén fora declarado deserto.