,

Subscrición “Comunidade IGADI”

30,00  (con IVE)

  • Newsletter bimensal exclusivo da Comunidade IGADI.
  • Acceso aos contidos exclusivos da web
  • Acceso prioritario as nosas actividades.
  • Dous números anuais da revista Tempo Exterior na túa casa.
  • Agasallo, escolle unha entre as publicacións dispoñibles para as “Caixas 30 aniversario”

Con 30 anos de andaina, a revista semestral do IGADI, Tempo Exterior, é un punto de referencia dos estudos internacionais en Galicia. A revista caracterízase por unha historia e enfoque plural, tematicamente conectado ás liñas de investigación principais do IGADI, contando na súa historia coa colaboración de centenares de especialistas de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego coma internacional.

Tempo Exterior é a única revista de carácter científico e temática internacional editada nunha das linguas cooficiais do Estado, o galego. A súa difusión espállase por España, ademais de a Portugal e a unha ducia de países de América Latina, en boa medida grazas á presenza da diáspora galega e á composición do Consello Científico da revista. Á súa vez, o Tempo Exterior mantén acordos de intercambio con numerosas universidades e centros de estudo de todo o mundo.

  • Newsletter bimensal exclusivo da Comunidade IGADI.
  • Acceso aos contidos exclusivos da web e acceso prioritario as nosas actividades.
  • Dous números anuais da revista Tempo Exterior na túa casa.
  • Agasallo, escolle unha entre as publicacións dispoñibles para as “Caixas 30 aniversario”

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “Subscrición “Comunidade IGADI””

Your email address will not be published. Required fields are marked *