Xogo de tronos á europea

O 2014 é arestora un ano convulso no escenario internacional para os intereses occidentais. Exemplos existen para considerar esta perspectiva: a prolongada e sanguenta guerra civil siria; o conflito palestino, con especial incidencia na agresión israelí a Gaza; o xurdimento do Estado Islámico no corazón de Oriente Medio; e principalmente as tensións rexionais entre Ucraína e Rusia após o apoio explícito de Occidente o novo goberno ucraíno, que levaron á independencia e posterior anexión de Crimea a Rusia e ao espallamento dunha guerra civil no Leste ucraíno, entre as tropas leais a Kiev e as tropas prorrusas que provocaron. Neste escenario, foi particularmente tensa a conxuntura fraguada entre Occidente e Rusia tralo derrubamento do avión comercial MH17 da compañía Malasyan Airlines.

Apartados xeográficos Europa
Idiomas Galego

O 2014 é arestora un ano convulso no escenario internacional para os intereses occidentais. Exemplos existen para considerar esta perspectiva: a prolongada e sanguenta guerra civil siria; o conflito palestino, con especial incidencia na agresión israelí a Gaza; o xurdimento do Estado Islámico no corazón de Oriente Medio; e principalmente as tensións rexionais entre Ucraína e Rusia após o apoio explícito de Occidente o novo goberno ucraíno, que levaron á independencia e posterior anexión de Crimea a Rusia e ao espallamento dunha guerra civil no Leste ucraíno, entre as tropas leais a Kiev e as tropas prorrusas que provocaron. Neste escenario, foi particularmente tensa a conxuntura fraguada entre Occidente e Rusia tralo derrubamento do avión comercial MH17 da compañía Malasyan Airlines.

 
Todo isto sen esquecer a política europea en canto ao referendo de independencia en Escocia ou as aspiracións a votar en Cataluña, escenarios igualmente enmarcados dentro do perigo latente de acometer unha terceira recesión económica na Unión Europea.
 
Cara onde vai o conflito ucraíno?
 
O conflito na Ucraína semella que está a tomar unha nova dirección após o cesamento de hostilidades entre as tropas de Kiev e os soldados pro-rusos o pasado 5 de setembro.
 
Neste sentido, Rusia asestou un importante golpe de carácter xeopolítico coa anexión de Crimea, malia que dende diversos sectores da sociedade europea se tentara crear a falsa idea dun renovado expansionismo ruso baixo a figura do seu presidente Vladimir Putin. A anexión de Crimea após do referendo do 16 de marzo, non foi máis que a afirmación unha vez mais, das contradicións políticas occidentais e da idea dunha Rusia ou débil e pro europea ou forte e ameazante.
 
É porén lóxico entender a posición a defensiva da política exterior rusa fronte os europeos e estadounidenses. A península de Crimea é unha rexión de vital importancia para os intereses rusos no canto que alí atópase a base naval e o único porto de saída o Mar Mediterráneo, Sebastopol, e tamén constitúe unha vía de paso para os oleodutos que conectan Rusia co Cáucaso e o Mar Caspio.
 
Asemade, cómpre mencionar coma Crimea é na actualidade un territorio rusificado trala conquista rusa de 1783, ano no que comezou a marxinación e asimilación das poboacións tártaras da rexión.  A península de Crimea xa durante o século XX, experimentou movementos secesionistas co galo da Revolución Bolchevique, movementos que foron rapidamente reducidos polas autoridades moscovitas pola vital importante xeográfica e simbólica de Crimea.
 
En 1954, o entón secretario xeral do Partido Comunista da URSS, Nikita Khrushchev entregou Crimea a República Socialista Soviética da Ucraína coma agasallo polos 300 anos da sinatura do Tratado de Pereyaslav que selou a unidade ruso-ucraína até 1991. Trala independencia de Ucraína debido á desintegración da Unión Soviética, o goberno de Crimea declarou a súa independencia co respecto a Ucraína, feito que non tivo consecuencias directas, aínda que si indirectas xa que propiciou que en 1998 se aprobase a Constitución de Crimea, converténdose nunca rexión cunha gran autonomía dentro do Estado ucraíno.
 
Paralelamente, en 1997 os gobernos ruso e ucraíno chegaran a un acordo sobre o alugamento da base de Sebastopol polas tropas rusas até o ano 2042. A cidade de Sebastopol para Moscova é dunha grande importancia. Esta cidade posúe un arsenal naval tan grande que podería dicirse que é o maior museo naval da terra.
 
A día de hoxe, o foco de atención atópase na rexión Leste do país, onde o auto proclamado Estado Federal de Novarrusia, conformado polas Repúblicas Populares de Donetsk e de Luhansk, loita con Kiev por manter o que pode cualificarse como unha eventual e efémera independencia, tomando en conta que a mesma non tivo recoñecemento oficial por parte do Kremlin, coma si tiveron no seu momento outras rexións coma Abxasia ou Osetia do Sur. Neste sentido, a aposta polo federalismo semella a solución máis salientábel a curto prazo para o goberno de Kiev.
 
Unha política exterior programada. O cisma europeo
 
O conflito ucraíno ten amosado o arrefriamento das relacións UE-Rusia. As sancións impostas por Bruxelas e o veto aos produtos agrícolas levado a cabo por Moscova contribúen á situación actual de desconfianza entre as dúas potencias. Aínda é todo, cómpre mencionar que non estamos asistindo a unha Guerra Fría 2.0 nin tampouco veremos enfrontamentos bélicos directos entre Occidente e Rusia, como foi mencionado nalgúns medios occidentais no comezo da crise ucraína.
 
Aínda que poda parecer sorprendente dado a escalada de tensión vivida durante a primeira metade de ano, as relacións ruso-europeas son máis fortes do que parecen. Compre considerar que, no caso europeo, non existe unha política unitaria dos 28 Estados Membros da Unión Europea de cara a Rusia como cabería agardar. Os Estados europeos oscilan entre os Estados cunha política artellada no enfrontamento directo có Kremlin, froito da súa historia recente, tal e como sucedeu nos países Bálticos, Polonia, Hungría, etc.
 
Pola outra banda, atopamos cos países cunha política mais proclive cara a política exterior de Vladimir Putin. As relacións económicas e mais concretamente a cuestión enerxética son a base desta política mais pro-Kremlin, no que destacan neste contexto Alemaña ou Italia.
 
A falta de acordo en materia exterior dos lideres europeos pon unha vez mais de manifesto a falta de coherencia en política exterior europea. Os intereses propios e nacionais aínda representan o maior peso na acción exterior común. Este feito, unido á creba democrática das institucións europeas con respecto Aos cidadáns e as medidas económicas impulsadas pola troika, principalmente de cara aos países do Sur europeo, permitiu ao Kremlin deseñar unha política exterior artellada na división aínda mais do club de Estados que conforma a Unión Europea.
 
A reacción europea ante os sucesos na praza Maidan de Kiev a finais de 2013 foron a primeira vista correctos, máis se analizamos en profundidade os mesmos decatámonos de notables contradicións. O Kremlin xogou a dividir e a mostrar as carencias da política exterior europea e, sobre todo, dos intereses difusos en canto a promoción e defensa da democracia e dos intereses económicos europeos.
 
Non é Rusia o país mais democrático do planeta, nin Vladimir Putin un demócrata visionario do século XXI, máis a promoción da democracia e unha das bases fundamentais da condicionalidade democrática que emprega a UE nas súas relacións con terceiros países. Porén non ten sentido apoiar un referendo en Kosovo é non en Crimea, noutras palabras, apoiar a democracia en Ucraína e non en Crimea. A resposta semella máis sinxela e doada: o déficit enerxético comunitario xogou primeiro que os intereses dunha rexión étnica e socialmente rusa.
 
Conclusións
 
A política europea debería de avanzar cara unha política enerxética común para facer fronte o déficit enerxético existente e, ao mesmo tempo, para frear o monopolio ruso na importación deste recurso enerxético . Neste sentido, Alxeria eríxese como unha vía alternativa a explorar, máis habería que estudar se a oferta española neste sentido co respecto ao país magrebí é viábel tendo en conta as infraestruturas existentes e o devandito interese dos outros 27 socios europeos nesta opción. Son moitos os desafíos que ten o equipo da nova Comisión do novo Presidente Juncker, máis pode que o desafío enerxético fronte a Rusia sexa un dos mais importantes.
 
O porqué dunha Rusia non europea e da que desconfían tanto Bruxelas coma Washington non ten ningunha base xeográfica, histórica, nin relixiosa xa que, a efectos, é europea como a que mais.
 
O futuro inmediato albisca crises e dificultades enerxéticas que poden afectar o noso nivel de vida occidental. Porén, non parece intelixente afastar a unha potencia europea dos nosos intereses cando a UE conta cun déficit enerxético importante e Rusia conta con recursos suficientes como para aumentar a cooperación a todos os niveis. Recentemente, e có galo do arrefriamento das relacións UE-Rusia pola crise ucraína, asistimos as cimeiras China-Rusia e a busca dun contrapeso ao cada vez mais caduco poder de Occidente en política internacional, e que poden observarse en temas como as importacións de gas ruso ou fortalecemento da moeda chinesa, o yuan, e da rusa, o rublo, fronte ao dólar americano.  O mundo de hoxe é multipolar mais semella que o etnocentrismo aínda pesa moito na mentalidade de moitos.
 
 
 
Referencias bibliográficas:
 
PIZZI, Michael,“Russia, China sign deal to bypass U.S. dollar”.International. Aljazeera America. 2014 http://www.aljazeera.com/news/europe/2014/03/timeline-ukraine-political-crisis-201431143722854652.html
 
TAIBO, Carlos; Rusia frente a Ucrania. Imperios, pueblos, energía. La Catarata. Madrid 2014
 
ESCRIBANO, Gonzalo, “Una Unión energética digna de tal nombre”, Real Instituto El Cano. Opinión 2014.http://www.realinstitutoelcano.org/wps/portal/web/rielcano_es/contenido?WCM_GLOBAL_CONTEXT=/elcano/elcano_es/zonas_es/escribano-una-union-energetica-digna-de-tal-nombre#.VC1Fvfl_uBF
 
“China llama a Rusia a dar una respuesta adecuada y conjunta a Occidente”. RT Actualidad. 2014 http://actualidad.rt.com/actualidad/view/143151-china-rusia-respuesta-conjunta-occidente