Rusia : Palabra chave

image 59

Radicalización xihadista no cárcere: motín nunha prisión da Federación rusa

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Rusia

Na colonia penitenciaria masculina de máxima seguridade IK-19 en Surovikino, rexión de Volgogrado (Federación Rusa), a uns 850 kilómetros ao sul de Moscú cumprían condena 1.241 reclusos. No transcurso dunha reunión rutinaria celebrada o 23 de agosto do 2024 catro presos, tomaron coma reféns a oito funcionarios do Servicio Penitenciario Federal (FSIN). Entre estes, atopábase o director do centro, Andrei Devyatov, e outros catro internos. Os secuestradores feriron con arma blanca a catro funcionarios matando a tres deles e ferindo de gravidade a outros tes membros do persoal da prisón que lles fixeron fronte, falecedendo un deles no hospital pouco despoís. Catro preso tamén sufriron feridas por parte dos atacantes.

ucraina

O 33 aniversario da independencia en plena guerra por obtela

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Europa

O día 24 de agosto marcou os 33 anos da proclamación da independencia da Ucraína, mais só nos últimos mil días xeneralizouse a visión do mundo sobre esta nación como un actor respectábel na política internacional, cun potencial intelectual, cultural e combativo considerábel. Máis do que calquera outra cousa, o mundo ficou sorprendido coa decisión dos ucraínos de defendérense dun veciño invasor que, na súa esencia de imperio expansionista, non pode admitir a existencia da Ucraína como nación soberana. Nin o goberno cría nesta capacidade do seu pobo, pois para evitar o enfrontamento militar con Moscova, en vez de reforzar a defensa, desarmouna, como se iso puidese calmar o agresor que xa estaba a destruír todo o que era ucraíno nos territorios anexados.

ucraina

Cando se fala moito da paz, a guerra segue

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Europa

Os días 23 ao 25 de xullo o ministro de Asuntos Exteriores ucraíno, Dmytro Kuleba, efectuou unha visita oficial a China, convidado polo seu homólogo chinés, Wang Yi. Sen contar as chamadas privadas de Zelenskyi ao presidente chinés, Xi Yinping, este foi o primeiro contacto directo entre os dous países a alto nivel desde o comezo da invasión rusa a gran escala a Ucraína. China non a considera unha guerra de agresión, senón un conflito armado, que debería ser solucionado de maneira pacífica e negociada entre as dúas partes, unha das cales, como recoñece China, ten dereito ao respecto pola súa soberanía e integridade territorial, mentres que a outra necesita satisfacer os seus certos intereses lexítimos.

ucraina

Que non se perda o obxectivo, que é a paz

Máis de 500 días leva desenvolvéndose unha guerra brutal en Ucraína e o seu fin non se divisa no horizonte; máis aínda, cada día a perspectiva da súa conclusión vólvese máis distante e o inimigo insolente está cada vez máis empeñado en destruír todo o ucraíno, porque os ucraínos son inquebrantables na súa vontade de non obedecer as pretensións neo-imperiais de Moscova, continuando incólume a súa determinación de botar aos moscovitas da súa terra.

Fonte; Creative Commons www.kremlin.ru

Un Putin acabado?

O presidente ruso Vladímir Putin foi seriamente humillado polo fundador do Grupo Wagner, Yevgeny Prigozhin. Certo que este deu marcha atrás ao seu avance sobre Moscova pero moi probablemente, sen practicamente pegar un tiro, conseguiu boa parte do que pretendía sen dar a sensación de ser obrigado a se render…

ucraina

Que aconteceu coa Wagner de Prigozhin?

Este sábado os medios de comunicación víronse asolagados de noticias asombrosas: o propietario e xefe da compañía militar privada “Wagner”, Prigozhin, afirmou que os militares rusos bombardearon o seu campamento, mataron os seus combatentes e que el non toleraría máis tales abusos. Nun día, as súas forzas ocuparan Voronezh, ao nordés de Ucraína, e Rostov, ao sueste, bloqueando todas as instalacións militares da zona, incluídos o mando do distrito militar e o cuartel xeral da denominada operación militar especial. Non atopou resistencia e esixiu que se lle permitise reunirse con S. Shoigu, ministro de Defensa ruso, e co xefe do Estado Maior ruso, Xeral Guerásimov…

modiputin26july2018 0

La guerra Rusia-Ucrania y la autonomía estratégica de la India

Una encuesta reciente realizada por Morning Consult, una empresa global de inteligencia comercial, presentó datos interesantes sobre cómo los indios ven la guerra entre Rusia y Ucrania. Según esta encuesta, un indio promedio tiene opiniones favorables sobre Estados Unidos y Rusia. Sin embargo, más indios opinan que no Rusia, sino Estados Unidos y la OTAN …

La guerra Rusia-Ucrania y la autonomía estratégica de la India Leer más »

ucraina

Guerra de Rusia contra Ucraína, a escalada da agresión

A infausta invasión de numerosas tropas rusas a Ucraína na noite do día 24 de febreiro foi un choque para todo o mundo, unha labazada para todos os que crían que no continente europeo a guerra anexionista estaba definitivamente condenada polo tribunal internacional de Nuremberg e ninguén se atrevería a cometer tales crimes capitais de novo. Con todo, non debía sorprender a ninguén, era previsible e inevitable, porque se trataba de fases dun proceso de agravamento dunha antiga e profunda contradición, capaz de desatar unha guerra de envergadura continental, se non mundial, dado que Rusia pretende revisar a orde mundial e superar a “humillación” de Rusia como consecuencia do colapso da URSS. Moi parecido ao que pretendeu Hitler atacando a Polonia e desatando a II Guerra mundial…

ucraina

A longa espera da contraofensiva ucraína

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Europa

Desde o comezo do ano fanse comentarios e conxecturas de todo tipo ao redor da contraofensiva ucraniana. Algo que é inevitable, dado que Rusia, por medio de todas as súas accións na parte ocupada e anexionada do territorio de Ucraína, trata de convencer a todo o mundo de que aínda sen ser capaz de conseguir o seu obxectivo de apoderarse do que pensa é a súa propiedade (como presunta ou autodenominada herdeira da URSS e do Imperio de Rusia), non retrocederá a menos que se destrúa (ou se esgote) a súa forza militar.