antia

Pérez-Caramés, Antía

Antía Pérez Caramés é Profesora Contratada Doutora no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Licenciada e Doutora en Socioloxía, conta con formación especializada nos ámbitos da Demografía e as Migracións Internacionais. Fai parte do Consello Científico da revista do IGADI Tempo Exterior.

Integra o Equipo de investigación Sociedades en Movemento (ESOMI, www.esomi.es), un grupo de investigación especializado na análise dos procesos migratorios e de mobilidade, así como o Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF), ambos na Universidade da Coruña. Forma parte do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

As súas liñas de investigación xiran en torno ao estudo das migracións internacionais, o envellecemento demográfico e a análise das relacións de xénero e os coidados.

Neste marco ten desenvolvido investigacións sobre as dinámicas migratorias recentes en España, cunha atención especial polo proceso da “nova emigración española” e o retorno de inmigrantes. Tamén ten realizado traballos sobre o proceso de envellecemento da poboación galega e as novas políticas demográficas.

Na actualidade está a dirixir o proxecto de investigación en materia de cooperación ao desenvolvemento que leva por título “Familias caboverdianas en Galicia. Impacto para o desenvolvemento da transnacionalización dos coidados e as remesas”, e un proxecto de I+D+I baixo o título “Crises, dinámicas migratorias e condicións de vida da poboación migrante en España. Análise comparada dos efectos da Gran Recesión e a Gran Pandemia”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.


Artigos de Pérez-Caramés, Antía

As inequidades no acceso ao dereito ao refuxio. Un chanzo máis na xerarquía das mobilidades

Apartados xeográficos Cooperación al desarrollo
A recente invasión da Ucraína, que retumba ao tempo que escribo estas notas, está a provocar unha vaga de refuxio que, como xa acontecera en 2015 coa chegada de persoas sirias ás costas europeas, volve colocar enriba da mesa a cuestión de como estamos a coidar da protección dun dereito que atende a un momento …

Pérez-Caramés, Antía Leer más »