Lista Rede IGADI
Vinculacións Colaboradores
~ Graduado en Estudos de Asia Oriental e titulado no Máster en Estudos Globais de Asia Oriental pola Universidade Autónoma de Barcelona. Conta con experiencia na investigación de arquivos e na análise de discursos estatais norcoreanos. Ten interese na xeopolítica global, con especial atención na rexión de Asia Oriental.
Artigos de Pita, Ismael

Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 4. Seul, Tokio e o dilema existencial ante o veciño nuclear
Apartados xeográficos Península de Corea
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Nas entregas anteriores presentouse a Corea do Norte como un axente principal no escenario xeopolítico internacional, en especial ao poñer a mirada na rexión de Asia Oriental. Falouse da necesidade dos países de aceptar a característica fundamental nuclear do país. Esta aceptación, que parece perdurar na actualidade en casos como Rusia ou China, observado no […]

Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 3. Xi, Kim e Putin, a nova competencia ruso-chinesa por Pyongyang
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Cando se fala da influencia que Corea do Norte ten na xeopolítica, é inevitable pensar na súa capacidade nuclear e status que esta outorga. A percibida perigosidade do país levou durante a segunda crise da península coreana ás principais potencias mundiais á mesa de negociación co obxectivo de desnuclearizalo (1). Sen embargo, 23 anos despois, a influencia do goberno de Kim Jong Un vai máis alá das súas capacidades nucleares, co desenvolvemento de relacións máis convencionais.

Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 2. Trump e Kim: O regreso do "romance" nuclear?
Apartados xeográficos Península de Corea
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Para comprender os intereses políticos dos presidentes estadounidenses acostuma ser necesaria a lectura de extensos libros ou manterse activo na súa axenda electoral. No caso de Donald Trump, basta con botar unha ollada á súa rede social de confianza: TruthSocial. A través das decenas de publicacións diarias pódese encontrar un gran abano de temáticas, dende publicacións eloxiando a súa excelente xestión doméstica (1), ata comentarios sobre o curso das relacións externas do país. Esta práctica, quizais máis propia dun ambiente informal, permitiu ao mundo ser testemuña da evolución das relacións entre Washington e Pyongyang durante o primeiro mandato do presidente, hai pouco menos dunha década. Agora, no seu segundo ano do seu novo mandato, as redes sociais volven ser claves para poder observar como se encontran as relacións entre ambos os Estados.

Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 1. O camiño á actualidade
Apartados xeográficos Península de Corea
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
No contexto xeopolítico actual, a importancia de Corea do Norte con relación ás grandes potencias precisa dunha mirada máis atenta. Dende a súa cooperación con Rusia na Guerra de Ucraína (1), pasando pola renovación das relacións con Beijing (2) ata a suposta relación persoal entre Kim e Trump (3), a política norcoreana encóntrase nun momento complexo. Nesta serie de artigos profundarase na historia e o presente da política internacional do goberno de Pyongyang.
