enrique-saez

Sáez Ponte, Enrique

É licenciado en Económicas e Dereitos pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde desenvolveu distintas funcións de Dirección os últimos catorce. Actualmente é presidente do Grupo Torres & Sáez e da Fundación Juana de Vega. Tamén é patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).

Artigos de Sáez Ponte, Enrique

50 anos do 25 de abril

Breve memoria de aqueles tempos, cando algúns xóvenes esperábamos aquí o fin dun réxime opresivo que se nos facía eterno. O golpe militar do 25 de abril de 1974, en Portugal, foi unha raiola de esperanza. Caía a outra gran ditadura ibérica, a máis antiga do continente, desgastada por unha longa guerra colonial sen saída.

Galiza tira de Portugal cara o norte

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Observatorio Gallego de la Lusofonía
O 10 de marzo, máis de un millón de portugueses deron o voto á ultra dereitista Chega, liña en ascenso en moitos países. Case sempre vótanlles as zonas atrasadas, por medo a unha globalización que cuestiona valores culturais, raciais ou produtivos. En Iberia, cun norte máis industrial e avanzado e un sur máis agrícola e atrasado, os moi conservadores son fortes na zona meridional, subvencionada polo Estado e que, polo tanto, tamén teme perder recursos se cambian as regras de xogo. Chega gañou no Algarve. Aquí, Vox ten peso no centro sur, pero é pouco relevante nas tres nacionalidades históricas.