enrique-saez

Sáez Ponte, Enrique

É licenciado en Económicas e Dereitos pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde desenvolveu distintas funcións de Dirección os últimos catorce. Actualmente é presidente do Grupo Torres & Sáez e da Fundación Juana de Vega. Tamén é patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).

É licenciado en Económicas e Dereitos pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde desenvolveu distintas funcións de Dirección os últimos catorce. Actualmente é presidente do Grupo Torres & Sáez e da Fundación Juana de Vega. Tamén é patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).


Artigos de Sáez Ponte, Enrique

50 anos do 25 de abril

Breve memoria de aqueles tempos, cando algúns xóvenes esperábamos aquí o fin dun réxime opresivo que se nos facía eterno. O golpe militar do 25 de abril de 1974, en Portugal, foi unha raiola de esperanza. Caía a outra gran ditadura ibérica, a máis antiga do continente, desgastada por unha longa guerra colonial sen saída.

Galiza tira de Portugal cara o norte

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Observatorio Gallego de la Lusofonía
O 10 de marzo, máis de un millón de portugueses deron o voto á ultra dereitista Chega, liña en ascenso en moitos países. Case sempre vótanlles as zonas atrasadas, por medo a unha globalización que cuestiona valores culturais, raciais ou produtivos. En Iberia, cun norte máis industrial e avanzado e un sur máis agrícola e atrasado, os moi conservadores son fortes na zona meridional, subvencionada polo Estado e que, polo tanto, tamén teme perder recursos se cambian as regras de xogo. Chega gañou no Algarve. Aquí, Vox ten peso no centro sur, pero é pouco relevante nas tres nacionalidades históricas.

Negócios internacionais e afinidades culturais

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Case todos admitimos que os falantes de galego e português têm capacidade de perceber-se, falam línguas muito similares. Tive ocasião de aproveitá-lo durante os 12 anos que fui responsável pela presença do Banco Pastor em Portugal, através de uma filial especializada em fornecer crédito ao consumo a clientes de comércios e empresas de serviços. Case todos os meses passava um par de dias na central do Porto. Desde o princípio, empreguei o meu galego, aportuguesado, com clientes, parceiros, empregado, conselheiros, assessores e autoridades bancárias. A equipa humana era local, tomavam-me como um mais e falavam-me com naturalidade na sua língua. Devo acrescentar que, graças a esse contacto periódico, melhorei muito o domínio de um idioma que não é a minha língua materna.
Creative Commons 4.0 Russian Presidential Executive Office (2020)

Erdogan está máis débil, tamén Putin. Tempos de repensar a OTAN

Liñas de investigación Relaciones Internacionales
A reacción da parte máis moderna, urbana i europea non poido evitar, por pouco, que Erdogan repita mandato, trala segunda volta das eleccións, celebrada o 28 de maio. Leva 20 anos á fronte de Turquía, antes como primeiro ministro e, desde o 2014, como Presidente, despois de cambiar a Constitución de modelo parlamentario a presidencialista, con máis poder para o xefe do Estado, elixido directamente polo pobo. É o sistema preferido polos que teñen vontade autoritaria, que ademais tenden a saltarse a limitación de mandatos, precaución necesaria para evitar unha deriva ditatorial nestes réximes.

Nunca canses de ollar o que pasa no mundo

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Cando Xulio empezou, hai máis de trinta anos, a estudar o que ocorría polo planeta adiante e creou o Instituto Galego de Análise e  Documentación Internacional (IGADI, 1991) conectaba cunha necesidade urxente dun país que transitaba, en poucos anos, dunha situación demasiado pechada a outra moi aberta.

O galego, un barco para navegar o mundo

Nos duros tempos dos dous últimos séculos moitos galegos tiveron que emigrar, baleirando o espazo rural que non podía manter toda a poboación que tiña. Espalláronse por América e despois por Europa. Na diáspora americana confluíron con españois doutras zonas; agás no caso do Brasil, onde case toda a emigración española procede da Galiza, porque …

Sáez Ponte, Enrique Leer más »

Hai cen anos que desapareceu a Galicia centroeuropea

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Houbo unha Galicia en Centroeuropa que desapareceu como consecuencia do tratado de Versalles (11-11-1918). Este rematou coa Primeira Guerra Mundial e tamén co que quedaba do Imperio Austrohúngaro, no que había unha provincia chamada Galicia. Non tiña relación directa coa nosa Galicia pero, aínda así, coido que é interesante lembrar o centenario do seu fin. …

Sáez Ponte, Enrique Leer más »

Irlanda está perto da reunificación

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Neste confuso 2020 conflúen varios factores favorábeis para que Irlanda sexa un só Estado e supere, un século despois, a división imposta pola potencia colonial no 1921, cando se asinou o tratado que deu fin á súa guerra de independencia.