Obxectivos e Instrumentos

Trala Asemblea Xeral do IGADI do 21 de marzo do 2026, o documento estratéxico “Liñas 2026-2031. Desde Galicia, pensar e actuar no mundo” guiará o traballo da organizaicón de camiño ao 40 aniversario da entidade. Reforzar a utilidade pública e o impacto galego e internacional do IGADI, son eixos estruturais da nova proposta, aprobada por unanimidade pola Asemblea Xeral. Os nosos Obxectivos e Instrumentos xerais seguen vixentes.

Os nosos obxectivos

  1. Ser un centro de estudos de referencia global independente, para a análise en relacións internacionais, con aceptada vocación para tender pontes entre distintos continentes e tendencias políticas e socioculturais.
  2. Facilitar á nosa comunidade acceso ao seguimento, análise e coñecemento da realidade internacional, por medio de publicacións, materiais, cursos e outras actividades socioculturais.
  3. Converterse nun centro de estudos galego en relacións internacionais de referencia conectado á sociedade global, desde a orixinalidade das nosas liñas de investigación e os nosos obxectivos fundacionais, arredor dun mundo pacífico en liña con principios de Nacións Unidas e un desenvolvemento humano inclusivo.
  4. Participar como axente de diplomacia pública galega en proxectos concretos e sistemáticos para desenvolver un proceso plural para a internacionalización de Galicia en liña coa Axenda 2030. Continuar a ser unha entidade influente na definición, dinamización e coñecemento das políticas públicas de acción exterior de Galicia.

Os nosos instrumentos

  1. As nosas Liñas de análise e investigación: Relacións Internacionais, Paradiplomacia, Cooperación Internacional e Axenda 2030, Unión Europea, Economía, Observatorio de la Política China, Observatorio Galego da Lusofonía e Observatorio das DIásporas. A nosa proposta, histórica e actual, como think tank, singularízanos en relacións a áreas xeográficas, como a europea, a iberoamericana, a lusófona ou a chinesa, así como en temáticas emerxentes en relacións internacionais.
  2. A web igadi.gal e as publicacións regulares, onde destaca o Tempo Exterior e os Informes anuais Igadi Annual Report e o Nós No Mundo, así como publicacións extraordinarias, como o Informe mundial de Estados de Feito no 2011, O Mundo Desde Aquí: A Pandemia da Covid-19, A Unión Europea Glocal, A Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro, Especial Ano Castelao…
  3. A realización de investigacións e proxectos estratéxicos en liña coa nosa misión fundacional, traxectoria histórica e liñas de investigación principais, que conectan a Galicia co mundo global, desde o mundo académico, xornalístico e a socieade civil nas súas distintas esferas.
  4. O seguimento por medio de análise, comunicación e incidencia pública, para o desenvolvemento da Lei galega de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento do ano 2021, así como aos distintos instrumentos e estratexias do goberno galego para a proxección internacional de Galicia