Declaración de Madrid

Os dirixentes e representantes de destacados organismos humanitarios e doantes, reunidos hoxe, 14 de decembro de 1995, nunha Cumbre Humanitaria.

Os dirixentes e representantes de destacados organismos humanitarios e doantes, reunidos hoxe, 14 de decembro de 1995, nunha Cumbre Humanitaria.

CONSIDERANDO:

1.1 Que en resposta a unhas necesidades cada vez maiores, a axuda humanitaria global ten experimentado un aumento considerable nos últimos anos, ata superar os 4.000 millóns de dólares en 1995; cunha poboación total de 45 millós de persoas dependentes de tal axuda humanitaria. É evidente, nen bargantes, que ésta non é nin unha solución nin unha panacea para crises que son fundamentalmente de orixe humana. Isto, que é certo en Ruanda e Bosnia, tamén o é en moitas outras partes do mundo, como Afganistán, o norte de Irak, Liberia e Serra Leona, Taikistán e Sudán.

1.2 Que de acordo cos nosos respectivos mandatos e responsabilidades, seguimos firmemente comprometidos en aliviar, cando e onde sexa factible, as penurias que aqueixan á víctimas dos desastres naturais ou provocados polo home, e en apoiar as iniciativas locais e rexionais que contribuan a facer fronte ás crises. En concreto, protexeremos e suministraremos alimentos ás víctimas, percurándolles acobillo, prestándolles asistencia e cuidados médicos e reunindo aos nenos coas súas familias. Garantiremos unha estreita coordenación entre todos nos e os nosos "partenaires" de xeito que se actúe con eficacia para minguar o sofrimento.

1.3 Que dende a fin da Guerra Fría, uns 50 conflictos armados está desgarrando o mundo. Gran número de civís foron e están a ser, brutalmente asasinados, feridos ou forzados a abandoar os seus fogares a unha escala endexamais vista dende que se redactou a Carta das Nacións Unidas. Os que non poden fuxir ou non teñen onde refuxiarse, adoecen sofrimentos extremos, ven as súas vidas traumatizadas e, en moitos casos, a súa existencia destrozada. Os principios básicos da lexislación humanitaria internacional son ignorados frecuentemente; os dereitos humanos seguen a ser pisoteados e moitas zonas do mundo.

1.4 Que os desastres humanitarios adoitan ter as súas raices na inxustiza social e económica prevalente en innumerables países e asemesmo nas diferencias existentes entre os países ricos e pobres. As loitas polo poder a debilidade dos gobernos e a disputa duns recursos escasos tamén están na orixe da pobreza extrema, da superpoboación e da desigualdade social.

1.5 Que a tarefa das organizacións humanitarias oriéntase polos principios da humanidade, imparcialidade, neutralidade e independencia.

FACEMOS UN CHAMAMENTO Á COMUNIDADE INTERNACIONAL EN XERAL PARA:

2.1 Que teña a determinación suficiente para leva a cabo con resolución todas aquelas iniciativas decisivas que poidan ser necesarias para resolver as situacións de crise e que non utilice as accións humanitarias como sustitutivo da acción política. A independencia e imparcialidade da axuda humanitaria debe ser plenamene recoñecida e respetada. Isto é indispensable para salvar vidas nas situacións de crise.

2.2 Que desenvolva un sistema global de prevención proactiva de crises. Precisarase decisión e vontade política para facer fronte ás causas directas e indirectas dos conflictos e outras emerxencias humanitarias. Unha alerta rápida debe conducir a unha resposta inmediata.

2.3 Que se comprometa de forma imaxinativa e novidosa en favor da axuda ao desenvolvemento. As crises vense exacerbadas polo descenso actual da axuda ao desenvolvemento, nun momento no que debería aumentarse para reducir a gravidade das crises humanitarias. A pobreza conduce á vulnerabilidade e forza aos pobos a estratexias de supervivencia que poden acelerar ainda máis o desencadenamento das crises. A probabilidade das crises aumenta e, cando ocorren, a sua gravidade é maior.

2.4 Que se lance unha campaña global contra da fame, que está a afectar a un de cada sete habitantes da terra. A seguridade alimentaria é un dos aspectos que debe desenvolverse debido á especial importancia que teñen os alimentos nos fogares pobres do mundo en desenvolvemento. Non só debe asegurarse a producción de alimentos e o seu suministro senón tamén que os prezos sexan asequibles aos segmentos máis pobres da sociedade. Deberase condeder similar atención ao suministro de auga potable.

2.5 Que se preste máis atención e apoio ás medidas de prevención, especialmente fronte aos desastres naturais. A ausencia de financiación de iniciativa locais de programas de prevención e de apoio á autosuficiencia, posibilita non só os sofrimentos derivados das catástrofes cando estas xorden senón que acarrexan asemesmo maiores custos humanos e materiais.

2.6 Que se proporcionen os recursos necesarios para axudar e aportar solucións políticas á moitas crises "esquencidas" que non aparecen nas primeiras páxinas da prensa internacional ou que xa teñen desaparecido delas. Estas crises, como outras moitas, ameazan a supervivencia de millóns de persoas e poden desestabilizar rexións enteiras.

2.7 Que se leven a cabo con toda urxencia os esforzos oportunos para loitar contra da elección consciente de obxectivos civís nos conflictos actuais. Atrocidades como a limpeza étnica, a tortura ou as violacións téñense convertido en moitos casos en instrumentos e obxectivos da guerra, con flagrante desprezo da lexislación humanitaria internacional. Todas as partes en conflicto deben ser consideradas responsables. Compre rematar coa impunidade na violación dos dereitos humanos. Os Tribunais Internacionais de crimes de guerra na antiga Iugoslavia e Ruanda deberían poder executar os seus mandatos, e debería establecerse un Tribunal Internacional Permanente de Crimes de guerra que castigue o xenocidio, os crimes de guerra e os crimes contra da humanidade.

2.8 Que se tomen as medidas para facer fronte ás necesidades específicas de protección e asistencia a millóns de persoas que tiveron que desprazarse ao interior dos seus propios países como consecuencia dun conflicto. Deberanse formular principios que melloren a dificil situación na que se atopan estas persoas e salvagardar o seu dereito á seguridade física e material. Apoiamos tamén que as Nacións Unidas fagan todo o necesario para evitar a violación dos dereitos humanos en casos de conflicto interno. Por outra banda, debe manterse o dereito dos refuxiados a buscar e disfrutar de asilo noutros países fronte a persecución.

2.9 Que se preste atención inmediata ás necesidades e á protección de todas as víctimas, dando prioridade ás mulleres, aos nenos e aos anciáns, que son invariablemente a gran maioría das víctimas dos conflictos armados. Debe recoñecerse o papel fundamental da muller e reafirmar o seu papel na planificación, a xestión e a distribución da asistencia, ao ser o mellor xeito de asegurar que esta chegue aos máis vulnerables. Deberase ter en consideración sistematicamente a saúde reproductiva da muller. Os nenos, en particular, non deberían verse privados de fogar e familia, do seu dereitos á vida, á saúde psíquica e psicolóxica e á educación, así como a unha existencia en paz.

2.10 Que siga habendo recursos disponibles para facer fronte á reconstrucción das sociedades devastadas pola guerra e consolidar desta forma a paz, evitando que poidan sementarse as sementes de futuros desastres. Débense afortalar os vínculos entre a axuda humanitaria e a axuaa ao desenvolvemento e reforzar a capacidade local para facer fronte ás situacións de crise. A reconstrucción non só afecta aos sistemas de conducción de augas, pontes e estradas senón tamén á sociedade civil: a desmobilización dos combatentes e a reconstrucción do sistema xudicial, a administración e os servizos educativos e sociais. Debense atopar mecanismos flexibles que permitan suministrar máis fondos para a rehabilitación de emerxencia. Ao mesmo tempo débese administrar asistencia de tal xeito que a axuda humanitaria, unha vez que teña rematado o período de emerxencia, facilite o paso cara a outras formas de axuda.

2.11 Que se reitere o noso interese, en que se respete o carácter humanitario e non político da nosa tarefa, así como os nosos respectivos mandatos, en que se nos permita o libre acceso a todas as persoas necesitadas, en que se garanta a seguridade do persoal humanitario e en que se nos proporcione unha base maís segura de financiación. Reafirmamos, a este respecto, o noso compromiso, pero asemesmo a nosa preocupación a nivel internacional. Os recursos da solidariedade humana son enormes. As ameazas reais son o fatalismo e o tedio de tanta compasión. Os gobernos e os dirixentes deben recoñecer que, nun mundo cada vez máis interdependente,os intereses vitais de todas as nacións, no marco dunha paz e unha seguridade global, só poden acadarse mediante unha acción internacional concertada.


Brian Atwood, Administrados de USAID.
Carol Bellamy, directora executiva de UNICEF.
Catherine Bertini, directora executiva do Programa Mundial de Alimentos (PMA).
Emma Bonino, membro da Comisión Europea responsable da Axuda Humanitaria.