Declaración sobre a mellora da eficacia do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais

Convencida da necesidade da efectiva aplicación universal do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais e da importancia da función que compete ás Nacións Unidas a este respecto, a Asemblea Xeral en 1986 pediu ao seu Comité Especial, para mellorar a eficacia do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza relacións internacionais, que elaborase un proxecto de declaración referida ao tema e que o presentase á asemblea para aprobación.

Nacións Unidas.

Convencida da necesidade da efectiva aplicación universal do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais e da importancia da función que compete ás Nacións Unidas a este respecto, a Asemblea Xeral en 1986 pediu ao seu Comité Especial, para mellorar a eficacia do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza relacións internacionais, que elaborase un proxecto de declaración referida ao tema e que o presentase á asemblea para aprobación.

Ao ano seguinte o Comité presentou o proxecto de declaración á Asemblea Xeral, dentro do período ordinario de sesións. O 18 de novembro de 1987 a Asemblea aprobou, sen voto????, a Declaración sobre a mellora da eficacia do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais. O texto da Declaración, que aparece recollido no anexo á resolución 42/22 da Asemblea Xeral, figura a continuación.

A Asemblea Xeral.

Lembrando a resolución 41/76, de 3 de decembro de 1986, na que se decidiu que o Comité Especial para mellorar a eficacia do principio da non utilización da forza nas relacións internacionais rematase un proxecto de declaración sobre a mellora da eficacia do principio, que incluise, cando procedese, recomendacións referentes ao arranxo pacífico das controversias, e que presentase no cuadraxésimo segundo período de sesións un informe definitivo que contivese un proxecto de declaración,
Tomando nota do informe do Comité Especial, que se reuniu en Nova Iorque do 9 ao 27 de marzo de 1987.

Considerando que o comité Especial ten rematado un proxecto de declaración sobre a mellora da eficacia do principio da abstención da ameaza ou da utilización da forza nas relacións internacionais e que xa ten decidido presentalo á ASEMBLEA Xeral para o seu exame e aprobación.

Convencida da necesidade da efectiva aplicación universal do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais e da importancia da función que incumbe ás Nacións Unidas, neste aspecto.

Convencida tamén de que a aprobación da Declaración sobre a mellora da eficaciá do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais contribuiría á mellora da relacións internacionais.

1. Aproba o texto da Declaración sobre a mellora da eficacia do principio da abstención da ameaza ou da utilización da forza nas relacións internacionais, que figura no anexo da presente resolución.

2. Expresa o seu recoñecemento ao Comité Especial para mellorar a eficacia do principio da non utilización da forza nas relacións internacionais por ter culminado o seu labor ao elaborar a Declaración.

3. Recomenda que se faga todo o posible para que a Declaración teña unha difusión xeral.

Declaración sobre a mellora da eficacia do principio do desestimento (absterse de recurrir) da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais

A Asemblea Xeral.

Lembrando o principio de que os Estados, nas suas relaciónS internacionais, absteranse e recurrir á ameaza ou ao uso da forza contra da integridade territorial ou da independencia política de calquera Estado, ou a calquera outro procedemento incompatible cos propósitos das Nacións Unidas.

Lembrando que este principio está consagrado no párrafo 4 do Artigo2 da Carta das Nacións Unidas e que ten sido reafirmado en diversos instrumentos (documentos) internacionais.

Reafirmando a Declaración sobre os principios do dereito internacional referentes ás relacións de amizade e á cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta das Nacións Unidas, a Definición da agresión e a Declaración de Manila sobre o Arranxo Pacífico de Controversias Internacionais.

Reafirmando a obriga de manter a paz e a seguridade internacionais de conformidade cos propósitos das Nacións Unidas,
Expresando fonda preocupación ante a persistencia de situacións de conflicto e tensión ante os efectos que a continua violación do principio de absterse de recurrir á ameaza ou ao uso da forza teñen sobre o mantenEmento da paz e a seguridade internacional, así como diante das perdas de vidas humanas e os danos materiais nos países afectados, nos que o desenvolvemento pode, por tanto, verse postergado.

Desexando eliminar o risco de novos conflictos armados entre os Estados por medio dun cambio no clima internacional para pasar da confrontación ás relacións pacíficas e a cooperación e mediante a a adopción doutras medidas apropiadas para afortalar a paz e a seguridade internacionais.

Convencida de que a actual situación mundial, na que as armas nuclares son unha realidade, non existe ningunha outra alternativa razonable ás relacións pacíficas entre os Estados.

Plenamente conscente de que a cuestión do desarme xeral e completo é de suma importancia e de que a paz, a seguridade, as liberdades fundamentais e o desenvolvemento económico e social son indivisibles.

Observando con preocupación os efectivos perniciosos(sinistros) do terrorismo nas relacións internacionais ,
Destacando a necesidade de que todos os Estados desistan de recurrir a medidas de forza encamiñadas a privar aos pobos do seu dereito á libre determinación, á liberdade e á independencia.

Reafirmando a obriga dos Estados de arranxar as súas controversias internacionais por métodos pacíficos,
Conciente da importancia de afortalar o sistema de seguridade colectiva das Nacións Unidas.

Tendo presente a significación universal dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais como factores esenciais para a paz e a seguridade internacionais.

Convencida de que os Estados teñen un interese común en promover un clima económico mundial estable e equitativo como fundamento esencial da paz mundial e que, con ese fin, deberían afortalar a cooperación internacional para o desenvolvemento e traballar en pro dunha nova orde económica internacional.

Reafirmando o compromiso dos Estados co principio básico da igualdade soberana dos Estados.

Reafirmando o dereito inalienable do todos os Estados a elexir o seu sistema político, económico, social e cultural, sen ningún tipo de inxerencia por parte doutro Estado.

Lembrando que os Estados teñen a obriga de non intervir directa ou indirectamente, sexa cal fose o motivo, nos asuntos internos ou externos doutro Estado.

Reafirmando o deber dos Estados de absterse, nas súas relacións internacionais, de exercecer coerción militar, política, económica ou de calquera outra índole contra da indepenencia política ou da integridade territorial de calquera Estado.

Reafirmando o principio da igualdade de dereitos e da libre determinación dos pobos consagrado na Carta.

Reafirmando que os Estados teñen que cumprir de boa fe todas as súas obrigas de acordo co dereito internacional.

Consciente da apremiante necesidade de mellorar a eficacia do principio de que os Estados deben de absterse de recurrir á ameaza ou ao uso da forza para contribuir á instauración dunha paz e unha seguridade perdurables para todos os Estados.


DECLARA SOLEMNEMENTE que:

I

1. Todo Estado ten o deber de absterse, nas súas relacións internacionais, de recurrir á ameaza ou ao uso da forza contra da integridade territorial ou da independencia política de calquera Estado, ou de actuar de calquera outro xeito incompatible cos propósitos das Nacións Unidas. Semellante ameaza ou uso da forza constitue unha violación do dereito internacional e da Carta das Nacións Unidas e da lugar a responsabilidade internacional.

2. O principio de absterse de recurrir á ameaza ou ao uso da forza nas relacións internacionais é universasl no seu carácter e é obrigatorio para todos os Estados, calquera que sexa o seu sistema político, económico, social ou cultural ou as súas relacións de alianza.

3. Non poderá facerse valer consideración de natureza algunha para xustificar a ameaza ou o uso da forza en violación da Carta.

4. Os Estados teñen o deber de non instigar, alentar ou axudar a outros Estados a recurrir á ameaza ou ao uso da forza en violación da Carta.

5. En virtude do principio da igualdade de dereitos da libre determinación consagrado na Carta, todos os pobos teñen o dereito de determinar libremente, sen inxerencia externa, o seu sistema político e de percurar o seu desenvolvimento económico, social e cultural e todos os Estados teñen o deber de respetar este dereito de conformidade coas disposicións da Carta.

6. Os Estados cumprirán as obrigacións que lles impón o dereito internacional de absterse de organizar instigar, e apoiar noutros Estados actos paramilitares, terroristas ou subversivos, incluidos os actos mercenarios, así como de participar neles ou de dar o seu consentimento para a realización de actividades organizadas dentro do seu territorio que apunten á comisión de ditos actos.

7. Os Estados teñen o deber de absterse de toda intervención armada e de calquera outro xeito de inxerencia ou de tentativa de ameaza contra da personalidade do Estado ou dos seus elementos políticos, económicos e culturais.

8. Ningún Estado pode aplicar ou fomentar a aplicación de medidas económicas, ou políticas o de calquera outra natureza para exercer coacción sobre outro Estado a fin de que subordine o exercicio dos seus deteitos soberanos e obter del avantaxes de calquera orde.

9. De conformidade cos propositos e principios das Nacións Unidas, os Estados teñen o deber de absterse de facer propaganda en favor das guerras de agresión.

10. Non se recoñecerá como adquisición ou ocupación legal nin a adquisición de territorio que resulte da ameaza ou do uso da forza nin calquera ocupación de territorio que se derive da ameaza ou o uso da forza , en contravención do dereito internacional.

11. É nulo todo tratado no que a súa celebración se obtivese pola ameaza ou o uso da forza en violación ds principios do dereitos internacional incorporados na Carta.

12. Os Estados cumprirán de boa fé todas a súas obrigas internacionais de conformidade coa Carta e de acordo cos párrafos pertinentes da Declaración sobre os principios do dereito internacional referentes ás relacións de amizade e a cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta das Nacións Unidas.

13. No caso de ataque armado, os Estados teñen o dereito inmanente de lexítima defensa, individual ou colectiva, tal como se establece na Carta.


II

14. Os Estados deberían de facer todo o posible por estructurar as súas relacións internacionais sobre unha base de entendimento, confianza, respecto e cooperación mutuos en todas as esferas.

15. Os Estados deberían promover asemesmo a cooperación bilateral e rexional como medio importante para mellorar a eficacia do principio de absterse de recurrir a ameaza ou o uso da forza nas súas relacións internacionais.

16. Os Estados respetarán escrupulosamente o principio do arranxo pacífico de controversias, que é inseparable do deber de absterse de recurrir á ameaza ou ao uso da forza nas súas relacións internacionais.

17. Os Estados que sexan partes en controversias internacionais as resolverán exclusivamente por medios pacíficos de tal xeito que non se poñan en perigo nin a paz e a seguridade internacionais nin a xustiza. Para este fin, utilizarán medios como a negociación, a investigación, a mediación, a conciliación, a arbitraxe, o arranxo xudicial, o recurso a organismos e acordos rexionais ou a outros medios pacíficos da súa elección, incluidos os bos oficios.

18. Os Estados adoptarán medidas eficaces que, polo seu alcance e natureza, contituirán avances cara o logro último do desarme xeral e completo baixo un estricto e eficaz control internacional.

19. Os Estados deberían adoptar medidas eficaces a fin de previr o risco de conflictos armados, incluidos aqueles nos que puideran utilizarse armas nucleares, previr a carreira de armamentos no espacio ultraterrestre e detela e investila na terra, reducir o nível de enfrontamento militar e consolidadr a estabilidade mundial.

20. Os Estados deberían cooperar a fin de realizar xestións concretas para lograr a diminución das tensións internacionais, a consolidación da orde xurídica internacional establecida pola Carta das Nacións Unidas.

21. Os Estados deberían adoptar medidas apropiadas de fomento da confianza para previr e reducir as tensións e crear un clima máis favorable entre os mesmos.

22. Os Estados reafirman, que o respeto polo exercicio efectivo de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais e a súa protección, constituen factores esenciais para a paz e a seguridade internacionais, así como para a xustiza e o desenvolvemento das relacións de amizade e de cooperación entre todos os Estados. Por tanto, deberían pomover e alentar o respeto polos dereitos humanos e as liberdades fundamentais de todos, sen distingos por motivos de raza, sexo idioma ou relixión, entroutras cousas, cumprindo estrictamente o as súas obrigas internacionais e considerando, segundo proceda, a posibilidade de constituirense como partes nos principais instrumentos(foros) internacionais nesa materia.

23. Os Estados cooperarán nos planos bilaterais, rexional e internacional a fin de:

a) Previr e combater o terrorismo interncaional.

b) Contribuir activamente á eliminación das causas subxacentes do terrorismo internacional.

24. Os Estados procurarán adoptar medidas concretas e fomentar condiccións favorables no campo económico internacional a fin de lograr a paz, a seguridade e a xustiza internacionais; deberán de ter en conta o interese común en reducir as diferencias nos niveis de desenvolvimento económico e, en especial, o interese dos países en desenvolvemento de todo o mundo.


III

25. Os órganos competentes das Nacións Unidas deberían de utilizar plenamente as disposicións da Carta das Nacíóns Unidas no eido do mantenemento da Paz e a seguridade internacionais coa finalidade d mellorar a eficacia do principio de absterse da ameaza ou do uso da forza nas súas relacións internacionais.

26. Os Estados deberían de cooperar plenamente cos órganos das Nacións Unidas no apoio das medidas que se adoptasen en relación co mantenemento da paz e a seguridade internacionais e co arraxo pacífico das controversias internacionais de conformidade coa Carta. En particular, debería afortalarse o papel do Consello de Seguridade de xeito que poidese desempeñar plena e eficazmente as súas funcións. A este respecto, recae sobre os membros permanentes do Consello unha responsabilidade especial de conformidade coa Carta.

27. Os Estados deberían esforzarse por mellorar a eficacia do sistema de seguridade colectiva por medio da aplicación efectiva das disposicións da Carta, en particular as relativas á responsabilidade especial do Consello de Seguridade a este respecto. Deberían tamén cumprir plenamente as súas obrigas de apoiar as operacións de mantenemento da paz das Nacións Unidas aprobadas de conformidade coa Carta.

28. Os Estados deberían brindar ao Consello de Seguridade todo tipo de asistencia posible nas medidas que adopte para o arranxo xusto de situacións de crise e conflictos rexionais. Os Estados deberían afortalar a función que pode desempeñar o Consello na prevención de controversias e situacións nas que a súa continuación poida por en perigo o mantenemento da paz e a seguridade internacionais. Os Estados deberían axudar ao Consello a examinar o antes posible situacións que poidesen por en perigo a paz e a seguridade internacionais.

29. Debería afortalarse, segundo cada caso, a capacidade do Consello de Seguridade en materia de costatación dos feitos con arranxo ao disposto na Carta.

30. Os Estados deberían reforzar a importante función que confire a Carta a Asemblea Xeral no eido do arranxo pacífico de controversias e o mantenemento da paz e a seguridade internacionais.

31. Os Estados deberían de alentar ao Secretario Xeral a que exercese plenamente as súas funcións en relación co mantenemento da paz e a seguridade internacionais e no arranxo pacífico das controversias, de conformidade coa Carta, incluidas as mencionadas nos artigos 98 e 99, e cooperar plenamente con el a ese respecto.

32. Os Estados deberían ter en conta que, por regra xeral, as partes deben someterse as controversias de orde xurídica á Corte Internacional de Xustiza, de conformidade coas disposicións do Estatuto da Corte, como factor importante para afortalar o mantenemento da paz e a seguridade internacionais. A Asemblea Xeral e o Consello de Seguridade deberían considerar a conveniencia de recurrir ás disposicións da Carta respecto da posibilidade de recabar da Corte unha opinión consultiva sobre calquera cuestión xurídica.

33. Os Estados partes en acordos ou organismos rexionais deberían de considerar a posibilidade de recurrir a eles en maior medida para resolver cuestións relativas áo mantenemento da paz e a seguridade internacionais, segundo proceda, de conformidade co disposto no Artigo 52 da Carta.


DECLARA que nada do que figura na presente Declaración se entenderá de xeito que amplie ou diminua algunha das disposicións pertinentes da Carta dos Dereitos e obrigas dos Estados membros ou o alcance de funcións e atribucións dos órganos das Nacións Unidas conforme á Carta, en particular as relativas á ameaza ou o uso da forza.


DECLARA que nada do establecido na presente Declaración pode redundar en detrimento algún do dereito a libre determinación, a liberdade e a independencia, que emana da Carta, dos pobos aos que se ten privado pola forza dese dereito e que se menciona na Declaración sobre os principios do dereito internacional referentes ás relacións de amizade e á cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta das Nacións Unidas, en particular os pobos sometidos a rexímenes coloniais e racistas ou a a outras formas de dominación extranxeiras, nin do dereito deses pobos a loitar con esta finalidade e pedir e recibir apoio, de acordo cos principios da Carta e de conformidade coa Declaración mencionada supra.


CONFIRMA que, no caso de conflicto entre as obrigas contraídas polos membros das Nacións Unidas en virtude da Carta e a súas obrigas contraídas en virtude de calquera outro convenio internacional, prevalecerán as obrigas impostas pola Carta de conformidade co disposto no seu artigo 103.