VIH-SIDA en Cuestión de Xénero

As estatísticas máis recentes, publicadas o 20 de novembro de 2007 por ONUSIDA, estiman que a cantidade de persoas vivindo con VIH ascendeu a un total de 33 millóns, das cales preto do 50% son mulleres. África subsahariana continúa sendo a rexión do mundo máis afectada, na que se contabilizou o 67% de todas as PVVS no mundo e o 75% dos falecementos por SIDA.

Apartados xeográficos Others ARCHIVE
Idiomas Galego

Nese mesmo ano reportárase por primeira vez unha diminución da expansión da epidemia e, con todo, indicouse o aumento da feminización da mesma.

O rostro da epidemia foise transformando progresivamente. Aínda que nos primeiros anos a proporción era de 23 homes por 1 muller infectada, co tempo esta situación foi cambiando para converterse en 5 homes por 1 muller. As mulleres están cargando cada vez máis co peso da epidemia: están vivindo con VIH no mundo 17,3 millóns de mulleres e o 60% da mocidade entre 15 e 24 anos infectados/as son mulleres (75% en África, 42% no Caribe, 29% en Asia, 25% en Europa do Leste e Asia Central e 28% en Latinoamérica).

A crecente feminización do VIH/SIDA reflicte as maiores condicións de vulnerabilidade das mulleres ante a transmisión do virus. Esta situación xorde tanto por factores biolóxicos debido a que os seus órganos sexuais teñen máis superficie mucosa que se pode lesionar e reciben unha maior cantidade de fluídos infecciosos. Por outra banda, este risco especial das mulleres, tamén garda relación directa coas enraizadas desigualdades sociais, culturais e económicas baseadas nos esquemas, mitos e crenzas de xénero construídos socialmente.

As disparidades de xénero inciden na vida afectiva e sexual das mulleres, facendo imposible negociar o uso do preservativo e impedíndolles tomar as súas propias decisións para protexerse contra as enfermidades de transmisión sexual, en particular o VIH. Outra constante é que moitas mulleres non teñen acceso a recursos económicos  e dependen dos homes para vivir, tornándose a súa vida nunha situación en que son maiormente susceptibles a abusos de poder.

Un aspecto primordial que denota a marcada influencia dos condicionamientos de xénero é a extensión das diversas expresións de violencia contra as mulleres, causa e consecuencia de vulnerabilidade ante o VIH así como un dos principais factores asociados ao acelerado proceso de feminización da epidemia.

A inequidade de xénero aínda vai máis aló para amosar como un crecente número de mulleres casadas que practican a fidelidade pasan a ser infectadas a través do esposo, quen moitas veces actúa baixo códigos masculinos marcados por unha cultura machista.
Fronte a este realidade, o enfoque de xénero vólvese imprescindible para a reversión dunha tendencia que cobra cada vez máis vítimas entre a poboación feminina. A fin de contrarrestar a propagación do VIH/SIDA en todo o mundo é imperativo desafiar as normas e estereotipos de xénero que impulsan e conlevan a crecente tendencia da feminización da epidemia.