Cócese unha nova xeopolítica enerxética en Oriente Medio

Definir o futuro sirio é vital para establecer un novo marco xeopolítico e enerxético dende Oriente Medio ata Asia Central, cuxas repercusións faranse sentir no taboleiro global. Por tanto, e amparada na busca dun marco de estabilidade dentro do post-conflito sirio, o cumio de Sochi (Rusia) celebrado o pasado 22 de novembro ten un marcado sabor a reparto de influencias para unha nova xeopolítica enerxética dende Oriente Medio ata Asia Central e sur asiático. 

Liñas de investigación International Relations
Apartados xeográficos Middle East
Palabras chave Xeopolítica Enerxía Sochi
Idiomas Galego

Definir o futuro sirio é vital para establecer un novo marco xeopolítico e enerxético dende Oriente Medio ata Asia Central, cuxas repercusións faranse sentir no taboleiro global. Por tanto, e amparada na busca dun marco de estabilidade dentro do post-conflito sirio, o cumio de Sochi (Rusia) celebrado o pasado 22 de novembro ten un marcado sabor a reparto de influencias para unha nova xeopolítica enerxética dende Oriente Medio ata Asia Central e sur asiático. 

Auspiciada polo presidente ruso Vladimir Putin, o cumio de Sochi, no que tamén participaron o presidente turco Recep Tayyip Erdogan e o seu homólogo iraniano Hassan Rouhaní, amplía o marco das conversacións de paz sobre Siria que desde xaneiro ata xullo de 2017 realizáronse en Astaná (Kazajstán).

Nestas conversacións, claramente lideradas polo eixe euroasiático establecido entre Rusia, Turquía e Irán, tanto EUA como Europa tiveron un baixo perfil, coa presenza dalgúns observadores pero de ningún alto cargo político. Pola súa banda, ás conversacións de Astaná, a ONU enviou ao seu representante especial para Siria, Steffan de Mistura. En Sochi non houbo representación algunha da ONU, EUA ou Europa.

Un día antes do cumio de Sochi, Putin sostivo unha apertada axenda de conversacións no Kremlin, feito que evidencia a importancia que o Kremlin lle outorgaba a esta reunión. Recibiu ao presidente sirio Bashar al Asad, o cal revela non só o apoio ruso ao réxime sirio senón a recuperación do mesmo tralas recentes vitorias militares (en especial ante reductos del Estado Islámico), principalmente propiciados pola axuda militar rusa.

Tras Bashar al Asad, Putin estableceu conversacións telefónicas cos seus homólogos estadounidense Donald Trump, o chinés Xi Jinping, o turco Recep Tayyip Erdogan e incluso o primeiro ministro israelí Benjamín Netanyahu. O obxectivo consistía en establecer o consenso necesario para que o cumio de Sochi sobre o futuro de Siria tivera éxito, en particular ante os laberínticos intereses contrapostos que gravitan dentro do post-conflito sirio.

As novas rutas enerxéticas

Ademais da estabilidade e do reparto de influencias en Siria, Putin quere co cumio de Sochi dar carpetazo definitivo a proxectos enerxéticos de antano, orixinados durante a administración estadounidense de Bill Clinton (1993-2001), e que na actualidade obsérvanse practicamente caducos ante as novas realidades xeopolíticas.

Neste sentido, o cumio de Sochi e o futuro sirio moi probablemente claudicarán o proxecto de redes de oleodutos Bakú-Tbilisi-Ceyhán (BTC) establecido desde mediados da década de 1990 pola administración Clinton, e cuxo obxectivo é a distribución de redes de gasodutos e oleodutos dende o Mar Caspio ata Europa. Esta rede comezaba na capital de Acerbaixán, Bakú, pasando pola capital xeorxiana Tbilisi e chegando ao porto mediterráneo turco de Ceyhán.

Pero a realidade xeopolítica de 2017 é moi distinta. A audaz intervención militar rusa en Siria e a parcial diminución da influencia estadounidense en Oriente Medio transformaron as conexións e eixes de alianzas rexionais.

Ata o momento, Putin logrou confeccionar a favor rusa unha especie de substitución da outrora hexemonía estadounidense na rexión. O BTC xa semella mais ben un proxecto desfasado, substituído por unha nova realidade: a conexión férrea Bakú-Tbilisi-Kars (BTK), de clara inspiración ruso-turca, e que tamén conta co total apoio dos gobernos de Acerbaixán, Xeorxia, Kazajstán e Turkmenistán.

Este proxecto estratéxico que enlaza Bakú con Tbilisi e a localidade turca de Kars (ao noroeste do país, dentro do histórico Curdistán turco e próximo a Xeorxia, Acerbaixán, Armenia e Irán) implica igualmente a distribución de redes de oleodutos e gasodutos dende o Mar Caspio. O seu radio de ampliación é incluso maior: agarda alcanzar as augas mediterráneas a través da Anatolia turca e do territorio sirio, así como enlazar rutas económicas que unan ao Cáucaso e Asia Central coas provincias da China Occidental.

O pulso polo control euroasiático

O eixe euroasiático que Putin ven deseñando desde 2015 compleméntase (e potencialmente rivaliza) coas famosas “Rutas da Seda” que China impulsa nos últimos años non só a través de Asia Central senón do Sur de Asia (India e Paquistán) e o Golfo Pérsico (Irán, Qatar, Arabia Saudita). Esta nova realidade xeopolítica e enerxética nesta estratéxica rexión inclúe a actores emerxentes de elevado nivel como Rusia, Turquía, Irán, China e India.

Polo tanto, o BTK aspira a redimensionar xeopoliticamente unha zona altamente estratéxica e conflitiva, como antano aspirou realizar o agora depreciado BTC. E para ilo busca beneficiarse dos novos eixes de alianzas, as cales cambiaron significativamente na derradeira década.

Tanto para o BTC como agora co BTK, Turquía é un actor chave. A súa recente orientación xeopolítica pro-euroasiática cara Rusia e China contrasta coa tradicional orientación pro-occidental e atlantista vía OTAN que Ankara tiña fai case dúas  décadas.

Por iso, China e Rusia puxan polo ingreso turco en la Organización de Cooperación de Shanghai (OCS), organismo principalmente liderado por Pequín e que, xunto á Unión Económica Euroasiática de Putin, semellan rivalizar xeopoliticamente con Occidente en escenarios como Asia Central, o Cáucaso e incluso Oriente Medio.

O final das sancións occidentais a Irán desde 2016 tamén significou outro punto de inflexión para este proxecto BTK e as Rutas da Seda chinesas. Teherán logrou así afianzar unha nova relación con Rusia, Turquía, China e India que lle está reportando ganancias económicas e xeopolíticas.

Pero os proxectos non se quedan aquí. Turquía impulsa o eixe de interconexión do Gasoducto Trans-Anatoliano (TANAP polas súas sigla en inglés), orientado a transportar ata Europa, vía Anatolia turca, o gas natural do Mar Caspio establecido no campo azerí Shah Deniz-2. O TANAP é observado como un complemento do eixe ferroviario BTK que busca ampliar unha ruta enerxética denominada Corredor do Gas del Sur, cuxo obxectivo é conectar os portos do Sur de China con Europa vía Turquía.

Outro radio de extensión do BTK e do TANAP é o denominado “oleoduto da paz” (IPI), construído desde mediados da década de 2000 entre Irán, Paquistán e India. O IPI vincula ao sueste de Irán co norte de India e Paquistán a través da provincia de Balochistán ata as augas do Océano Índico a través do porto paquistaní de Gwadar. Este porto é un núcleo central do estratéxico Corredor Económico China-Paquistán (CPEC).

As administracións de Bush e de Obama tentaron infrutuosamente dar marcha atrás ao proxecto IPI. Pola súa banda, o goberno de Donald Trump non semella  decantarse por obstaculizar un IPI que busca a súa conexión co BTK. De feito, nin sequera Washington semella agora disposto a alterar os novos nós xeopolíticos existentes na zona, xa que o IPI converteuse nun auténtico rival do corredor TAPI (Turkmenistán, Afganistán, Paquistán, India) que atravesa a conflitiva provincia afgá  de Herat.

En mente hai outro proxectos: unha ampliación (IPI II) construída pola estatal petroleira rusa Gazprom e que irá dende Rusia ata Irán e India. Tamén está avaliándose unha conexión férrea dende San Petersburgo (Rusia) ata o porto iraniano de Chabahar, no Golfo Pérsico.

Chabahar é un punto neurálxico importante para os intereses indo-iranianos, establecidos no Corredor de Transporte Norte-Sur (INSTC) que inclúe a Irán, India e Rusia xunto a outros países do Cáucaso e de Asia Central, especialmente Kazajstán  e Turkmenistán. O INSTC é unha resposta de Nova Delhi ao proxectoBRI que une Afganistán e Paquistán con Asia Central.

A chave saudita

Non obstante, a xeopolítica que está deseñándose na rexión, principalmente a través do cumio de Sochi, ten outro escenario en mente: a anunciada transición monárquica en Arabia Saudita. E aquí os actores chave son mais ben EUA e China, con Rusia, Turquía e Irán, así como outros actores como Qatar, á expectativa.

Especialmente trala súa intervención militar en Siria (2015), Rusia logrou alterar o equilibrio de forzas fortalecendo ao “eixe xiíta” existente na rexión. Este eixe fora tradicionalmente liderado pola alianza estratéxica de Irán co réxime sirio de Bashar al Asad. Dun xeito xeral, este eixe inclúe ao partido islamita libanés Hizbulá. Do mesmo xeito, un país sunnita como Turquía tamén ingresou como actor chave dentro do eixe “xiíta”, a través das súas alianzas euroasiáticas vía Rusia e Irán.

Pero Moscova non se limita a establecer os seus intereses unicamente a través deste eixe. Putin converteuse no verdadeiro eixe de gravitación dunha serie de delicados equilibrios e intereses contrapostos e que claramente dificultan a confección dunha  nova xeopolítica rexional.

O Kremlin adianta mecanismos de cooperación militar con outros actores como Emiratos Árabes Unidos, a fin de ocupar posicións chave ante a presumible nova balanza de poder rexional. Achegamentos que Putin tamén realizou con anterioridade cara novos socios económicos como Israel, Qatar e Exipto. No post-conflito sirio, Rusia debe igualmente atender os temores israelís ante un previsible fortalecemento das posicións iranianas e do Hizbulá en Siria e a súa inevitable influencia no mosaico libanés.

En canto ao eixe xiíta, se ben tradicionalmente liderado por Teherán, no  contexto actual semella mais ben capitalizado dende Moscova. Isto significa un novo balance xeopolítico que contrasta coa perda de influencia de Washington en Oriente Medio, especialmente trala guerra de Iraq (2003) e que agora a administración de Donald Trump busca dalgún xeito recuperar.

Durante décadas, Washington focalizou a súa política en Oriente Medio na contención de Irán, neste caso a través do desaparecido réxime de Saddam Hussein en Iraq e tamén grazas a súa alianza estratéxica con Arabia Saudita. O caos da posguerra iraquí alterou dalgún xeito estas alianzas. Washington tentou achegarse ao eixe xiíta de Teherán a través da maioritaria comunidade xiíta iraquí, un aspecto que irritou a Arabia Saudita, principal monopolizador do eixe sunnita.

Actualmente, e a través da anunciada sucesión dinástica saudita, Washington busca reacomodar os seus intereses con este eixe sunnita fixando igualmente a súa atención na contención do emerxente eixe xiíta e euroasiático. O ascenso de Mohammed bin Salman (32 años) ao trono saudita anuncia novas realidades en materia de seguridade rexional. O pasado 28 de novembro realizouse na capital saudita, Riad, unha xuntanza dos ministros de Defensa da Coalición Militar Islámica Anti-Terrorista (IMCTC).

Arabia Saudita agarda liderar o IMCTC coa finalidade de prover dun novo marco de seguridade (algunhas fontes identifican como unha especie de “OTAN árabe sunnita”) que lle permita contrarrestar ese “eje chiíta” liderado por Teherán pero motorizado tamén dende Moscova. E para iso será especialmente chave observar en qué medida confluirán as futuras relacións entre Riad e Moscova con Mohammed bin Salman xa instalado no trono saudita, particularmente polo enfoque que Rusia lle da as súas estratégicas relaciones con Irán.

Os recentes acontecementos semellan evidenciar a correlación de forzas que están establecéndose a través destes eixes xeopolíticos xiíta e sunnita. Paralelo á xuntanza do IMCTC, a capital iraniana Teherán acolleu a xuntanza trilateral comercial entre Irán, Turquía e Qatar, escenario que confirma as esferas de intereses que determinan esta nova balanza de poder xeopolítico rexional.

O ascenso de Mohammad bin Salman e o anunciado retorno do eixe sunnita podería ampliar o seu radio de influencia dende o Golfo Pérsico ata Oriente Medio, o Magreb, Asia Central e incluso o sueste asiático. Nesta perspectiva, EUA, China, Rusia e Irán observan con atención cómo será a nova política exterior e de seguridade saudita co novo monarca ao fronte, en especial á hora de traducir o radio de influencia que terá este eixe sunnita.

Un caso particularmente significativo sobre os alcances do eixe sunnita liderado desde Raid poderían observarse en Rusia e China. Dous terzos dos musulmáns que viven en Rusia e China son de afiliación sunnita. Moscova e Pequín teñen conflitos co xihadismo integrista, particularmente a través das redes de Al Qaeda, do Estado Islámico e dos talibáns dende o Cáucaso ata Asia Central, así como no caso dos uigures musulmáns na provincia chinesa de Xinjiang. Todos eles tiveron dalgún xeito as súas orixes no apoio deste eixe sunnita vía Arabia Saudita e Paquistán, en conflitos de antano como a guerra de Afganistán da década de 1980.

Por tanto, EEUU, China y Rusia observan con atención en qué medida Mohhamed bin Salmán podrá ahora desarticular y reordenar estos incómodos apoyos otorgados al integrismo yihadista sunnita, sin que afecte los respectivos intereses de estos países.

Dentro de la hierática estructura de poder monárquica, Mohammed bin Salman no sólo es el heredero al trono sino que también es asistente del primer ministro, presidente del Consejo para Asuntos de Economía y Desarrollo y ministro de Defensa del reino saudita. Todos ellos cargos que elevan su perfil dentro de la estructura de poder saudita, con sus implicaciones para la geopolítica regional.

Isto ten sido patente na actuación de Mohammed bin Salman nos conflitos sirio e iemenita así como na recente crise política libanesa que levou á renuncia do primeiro ministro Saad Hariri, a cal tamén é observada como un manexo chave de Riad para diminuír a influencia iraniana no país dos cedros.

Non obstante, o eixe sunnita que Washington agarda observar en mans de Mohammed bin Salman fortalecerá a súa razón xeopolítica de ser: o de conter o emerxente ascenso de Irán. Outro actor chave é Turquía, tamén aliado ruso e iraniano entro do eixe euroasiático. A China tocaralle un papel mai moderador pero non menos decisivo, tomando en conta a súa respectiva implicación en ambos eixes, o xiíta e o  sunnita, sen menosprezar as súas conexións co eixe euroasiático.

Así e todo, existen outros intereses xeopolíticos que poden dificultar estas expectativas. Turquía busca converterse igualmente nun líder do mundo sunnita, expandindo a idea dunha especie de novo Califato “post-moderno” con Erdogan ao mando. Para iso rebusca no seu pasado otomán, a fin de recuperar os argumentos necesarios para afianzar este proxecto.

Siria tamén é vital para os intereses turcos, que os mesmos deberán readaptarse na medida en que converxan os intereses de Ankara cos de Moscova e Teherán.

Cobra particular significado o receo de Ankara ante a compracencia ruso-iraniana para manter a Bashar al Asad no poder, así como o feito de que Moscova (nin tampouco EUA) non recoñeza como organización terrorista ás Forzas Democráticas Sirias (SDF) e ás Unidades de Protección do Pobo (YPG), ambos considerados como os principais brazos político e militar dos kurdos de Siria, claramente contrarios aos intereses turcos.

Pola súa banda, o emerxente ascenso iraniano tamén intúe para Teherán as súas aspiracións de liderar ao mundo xiíta e os seus eixes xeopolíticos. Pero semella mais decisiva a alianza iraniana con Turquía, Rusia e Qatar como colofón estratéxico que lle permita a Teherán contrarrestar o emerxente peso que está tendo Arabia Saudita a través dos seus novos eixes de alianzas, contando estas co beneplácito de Washington.