Colombia: 40 anos sen paz

Apartados xeográficos Latin America ARCHIVE
Idiomas Galego

As conversas de Paz entre a guerrilla das FARC (Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia) atópanse nun momento crítico. A dimisión presentada polo ministro de defensa, as presións de sectores civís duros e a inmensa cadea de solicitudes de paso ao retiro de xefes, oficiais e suboficiais obrigan ao presidente Andrés Pastrana a virar o rumbo das negociacións de Paz.

Logo de case catro décadas de enfrontamentos armados, a Paz volve a ter unha oportunidade en Colombia. Ninguén agarda unha doada e pronta resolución do conflicto, é máis a experiencia está marcada por fracasos solemnes nos procesos de paz promovidos por presidentes, de diverso signo político, como Belisario Betancurt de adscrición conservadora e o liberal Cesar Gaviria. En ámbos os casos a medida que se avanzada nas negociacións, intensificábanse as accións paramilitares, a guerra suxa e a violencia.

Quizais por esta razón as FARC pretendan a desmilitarización dunha zona selvática situada ao sur do país, de 42.000 quilómetros cadrados na que operan sen demasiadas preturas, mais esta esixencia, inicialmente aceptaba polo presidente Pastrana, foi o detonante da insurrección castrense e dos sectores civís máis reaccións.

As FARC, dirixidas polo mítico Tirofixo "alcume do vello guerrilleiro Manuel Marulanda" non teñen presa. Coa forza de 12.000 homes e mulleres en armas, sen ser debilitada polo paso das décadas na clandestinidade, agarda o momento crucial da negociación para promover reformas constitucionais de fondo calado: pretendendo mudar o modelo económico de desenvolvemento cun maior apoio ás cooperativas, lanzado un plan de substitución dos cultivos de coca, promovendo a reforma da lei do poder xudicial e reformulando o funcionamento dos partidos políticos.