Comprender o mundo: Xeografía do desenvolvemento

Comprender xeograficamente o mundo no que vivimos é unha condición necesaria de cara a realizar unha análise rigorosa sobre fenómenos de natureza social, como son os procesos de desenvolvemento. Entender como se estruturan os territorios a nivel socioeconómico, pero tamén a nivel medioambiental ou ecolóxico é imprescindible; replicar modelos de éxito sen coñecer as circunstancias particulares de cada territorio só pode levar a erros e frustracións nunha transformación multidimensional no que cada variable contrae unhas consecuencias case únicas.

Apartados xeográficos Development cooperation
Idiomas Galego

Comprender xeograficamente o mundo no que vivimos é unha condición necesaria de cara a realizar unha análise rigorosa sobre fenómenos de natureza social, como son os procesos de desenvolvemento. Entender como se estruturan os territorios a nivel socioeconómico, pero tamén a nivel medioambiental ou ecolóxico é imprescindible; replicar modelos de éxito sen coñecer as circunstancias particulares de cada territorio só pode levar a erros e frustracións nunha transformación multidimensional no que cada variable contrae unhas consecuencias case únicas.

Con esta posta en valor da xeografía non pretendemos menosprezar a capacidade doutras disciplinas coma historia, a economía ou a ecoloxía, pois precisamente dunha análise que incorpore todas estas dimensións poderá saír unha investigación completa, que teña en conta os diferentes factores que inflúen nunha sociedade, asentada sobre unhas determinadas condicións e nun momento específico do tempo

.A xeografía do desenvolvemento non é o único marco teórico para abordar a realidade, pero si que incorpora explicacións singulares ao que ningún outro marco teórico pode achegar. Por exemplo, o concepto de territorio, entendido como un campo de relacións e interdependencias entre factores diversos, é un dos elementos que reforzan e consolidan a función e o significado da xeografía, e que nos permite empregar esta disciplina como base para comprender a execución do marco global de desenvolvemento, a Axenda 2030, no que o campo de actuación literalmente, o planeta terra.

Pois a, Axenda 2030 a pesar de ter unha ambición global, trátase, en esencia, dunha axenda ben centrada na actuación local, no nivel de descentralización mais baixo no que os policy-makers poidan exercer o seu cometido a través de accións baseadas nunha “análise concreta da realidade concreta”. O coñecemento das dinámicas internas dunha sociedade tales como a importancia da súa orografía, da súa hidroloxía, do seu clima, de se dependen economicamente de determinados recursos naturais, e mesmo das dinámicas socioculturais como os sentimentos relixiosos predominantes, a distribución da poboación nese terreo ou o impacto dos movementos migratorios debe axudar a planificar unha estratexia de desenvolvemento axeitada ás características da situación á que nos enfrontamos.

Na actualidade, o coñecemento xeográfico pode estar ao alcance de case calquera (sen desprezar a fenda dixital) grazas á proliferación de ferramentas de dominio público como os sistemas de información xeográfica (GIS), os sistemas de posicionamento global (GPS) ou a posibilidade de acceder a infinidade de mapas e outra información relativa á xeografía. Sen embargo, ao mesmo tempo, a súa ensinanza como disciplina, como método de análise, e mesmo de conexión coa realidade e a natureza na que vivimos, está sufrindo unha clara marxinación nos programas educativos.

A xeografía, como a filosofía, debe recuperar un papel central nas nosas reflexións sobre a actualidade. E para rematar este texto gustaríame citar un estupendo libro para iniciarse nesta ensinanza: Alexander B. Murphy: “Geografía: ¿Por qué importa? ”:

“A xeografía é unha invitación ao aprendizaxe ao largo de toda a vida, que tamén é un dos principais obxectivos da educación en artes liberais. (...) A xeografía é esencial para atopar sentido ao noso mundo, cada vez mais interconectado, poboado, fráxil dende o punto de vista medioambiental e en rápida transformación. (...) A compresión xeográfica e o seu valor non debería considerarse un luxo, senón un factor esencial no esforzo por lograr un planeta mais vivible, xusto, sostible e en paz.