20090412 bangkok seguidores thaksin shinawatra

Cumio fustrado


 Manifestación seguidores Thaksin Shinawatra porlas rúas de Bangkok; clic para aumentar
China e Xapón multiplican xestos para facer fronte á crise e cooperar xuntos na creación dun fondo de divisas por valor de 120 millóns de dólares para axudar aos países asiáticos en dificultades, achegando entre os dous xigantes arredor dos dous terzos desa cantidade. Diso falariase en Tailandia esta fin de semana, pero non puido ser pola decidida acción dos opositores ao goberno de Bangkok. [Foto: Manifestación de seguidores do ex-primeiro ministro taiwanés, Thaksin Shinawatra, polas rúas de Bangkok, o domingo 12 de abril de 2009].
 

Puidera dar a impresión de que a crise deixa de lado en Asia a dura competencia que enfronta a China e Xapón polo liderado rexional. Certamente, ambos países multiplican xestos para facer fronte á crise e cooperar xuntos na creación dun fondo de divisas por valor de 120 millóns de dólares para axudar aos países asiáticos en dificultades, achegando entre os dous xigantes arredor dos dous terzos desa cantidade. Diso falariase en Tailandia esta fin de semana, pero non puido ser pola decidida acción dos opositores ao goberno de Bangkok. Non obstante, no fondo, esa evidencia cooperativa é outra expresión da longa pugna por gañar influencia entre os case 600 millóns de habitantes que conforman os mercados do sudeste asiático. E poucas dúbidas hai respecto á tendencia principal: China seguirá ampliando o seu poder económico na rexión mentres vai a menos o de Xapón. As ambicións hexemónicas de uns e outros maniféstanse en diferentes planos, dende o económico ou político ata o militar. China inviste de forma moi activa na explotación de recursos naturais e abre o seu inmenso mercado ás exportacións dos seus veciños. O proceso está en marcha, pero a suplantación de Xapón pode aínda levar un tempo. Tokio é aínda o maior socio comercial e o primeiro donante no sudeste asiático. A súa economía, pese ao delicado momento actual, presenta signos de madurez e vertebración sensiblemente superiores á chinesa.

O aumento da confianza estratéxica entre China e Xapón atopa importantes dificultades cunha axenda abondosa en asuntos espiñentos que nos retrotraen, como pouco, ás tensións bélicas do pasado século, aínda por pechar. Por outra banda, a demanda de recursos naturais para alimentar as súas xigantescas economías xera tensións, mesmo no entorno próximo, nas augas do mar da China meridional. Finalmente, mentres Pequín avala a utilidade do diálogo hexagonal, Tokio confía na utilidade das sancións para abrir fendas no réxime norcoreano, unhas diferenzas que chegan ata o Consello de Seguridade de Nacións Unidas, onde China aínda non quer abrir paso a Xapón.