Fuck the EU

Se Rusia plantou cara a EUA e a UE pola importante base de Tartus en Siria, mais o fará por Crimea, regalo envelenado de Nikita Jruschov a Ucraína cando se cría (1954) na irreversibilidade do socialismo e na fraternidade proletaria por riba das identidades nacionais. Putin pode agora estar disposto a chegar lonxe mesmo, se for preciso.

Apartados xeográficos Europe
Palabras chave UE EUA Rusia Ucraína Crimea
Idiomas Galego

Se Rusia plantou cara a EUA e a UE pola importante base de Tartus en Siria, mais o fará por Crimea, regalo envelenado de Nikita Jruschov a Ucraína cando se cría (1954) na irreversibilidade do socialismo e na fraternidade proletaria por riba das identidades nacionais. Putin pode agora estar disposto a chegar lonxe mesmo, se for preciso.

O problema xa non é Crimea, nin sequera Ucraína. Tal como se sinala na última edición do Igadi Annual Report, Moscova aspira a sacudirse o declive post-soviético e conformarse como o terceiro piar dunha orde multipolar que vai gañando peso na realidade internacional en paralelo ao medre do nerviosismo do mundo vencedor da guerra fría. A fin de contas, iso é o que EUA pretende evitar para non padecer unha dobre e grande erosión, con China na outra pola, do seu liderado global. A posición de Washington na crise ucraína revela a inexistencia de vontade algunha para arbitrar compromisos que afecten á súa posición dominante.

Polo momento, os grandes perdedores desta crise son dous. Dunha banda, a propia Ucraína, unha vez mais sen control do seu destino a pesar do aparente triunfo “nacionalista”. Doutra, a UE, e, sobre todo, Alemaña, obrigados a involucrarse nunha política que non debera ser nin é a súa, acentuando a submisión aos intereses atlantistas. Agora xa sabemos o sentido último da expresión de Victoria Nuland, secretaria de Estado adxunta de EUA para Asuntos Europeos, cando dixo aquilo de “Fuck the EU”. A Rusia de Putin non é antagónica da UE e calquera posibilidade de existencia xeopolítica autónoma de Europa pasa por un entendemento con Moscova. Esa aposta é unha vocación lóxica para Berlín, como tamén o debera ser para París, hoxe con problemas de parella pero doutro tipo. Pero EUA sempre terzou para evitala.

Dende o final da guerra fría, Moscova está resentida con Occidente e non lle falta razón. Todas as promesas foron sistematicamente incumpridas (que fale Gorbachov), como o serán  as que agora se fan a Kiev. O empeño de EUA na crise responde a esa necesidade estratéxica de Washington de impedir a recuperación da influencia de Rusia no seu “estranxeiro próximo” -clave para o seu rexurdir global-, un proxecto complementario da revitalización da “Ruta da Seda” que promove China dende o afastado Oriente.

Os intereses de Rusia e de EUA son claros. Os de Ucraína e a UE, difusos, e ambos levan as de perder nesta crise. De non reaccionar, o liderado de Berlín unha vez mais queda disolvido na orde económica e moi limitado na súa capacidade de condución política europea, novamente implosionada e á baixa. Como acabará igualmente o enfrontamento de Xapón con China para satisfacer as ansias de contención de EUA en lugar de asiatizar a súa política para garantir unha estabilidade rexional autóctona. Fuck the EU, e aquí non pasou nada.