iran reactor nuclear vver 1000 khmelnytskyy

Irán: enredo nuclear

Apartados xeográficos Middle East ARCHIVE
Idiomas Galego
 Reactor nuclear de Bushehr, clic para aumentar
Desde 1995, Moscova constitúe o principal socio enerxético e nuclear de Irán, especialmente coa presenza de 35.000 expertos nucleares rusos en centrais como a de Bushehr e Natanz, onde funcionan reactores de enriquecemento de uranio. Velaí os obvios intereses estratéxicos de Rusia na actual crise iraniana. (Na imaxe, o reactor nuclear de Bushehr, construído con tecnoloxía alemá en 1974 co apoio ruso dende 1995. ©GlobalSecurity.org).
 

Non se albiscan solucións inmediatas á prolongada puxa entre Occidente e Irán polo programa nuclear. A recente xuntanza dos representantes da Axencia Internacional de Enerxía Atómica, AIEA, en Viena, así como o previo cumio ruso-iraniano de Moscova, non clarificou ata qué punto son efectivos os mecanismos diplomáticos e políticos. Mentes estase a considerar se o dossier iraniano será levado ao Consello de Seguridade da ONU.

Polo tanto, todos os escenarios e alternativas quedan abertas. Intentando restar tensión ao panorama, Teherán declarou estar disposto a asinar unha moratoria parcial de dous anos coa AIEA para enriquecer uranio a pequena escala. A nivel interno, a clase política e teocrática iraniana decidiu pechar filas en torno ás lexítimas demandas nucleares dese país, principalmente diante da posibilidade de que se active un mecanismo militar global contra Irán.

Pola súa banda, dende Washington declararon que o réxime iraniano busca gañar tempo para manobrar. Rusia e China, socios enerxéticos de Irán e as súas principais xanelas diplomáticas para afastar a presión occidental, declararon estar a favor das demandas estadounidenses e europeas para coaccionar a Teherán a limitar o seu programa a fins civís. Caso contrario, a crise iraniana se desenvolvería no seo do Consello de Seguridade, con posibles sancións económicas e políticas.

Esta crise revela dúas claves políticas. A primeira ten que ver coa evidente falta de equidade por parte das potencias occidentais á hora de analizar a proliferación nuclear e os seus riscos. Non deixa de ser significativo que, en vésperas da discusión de Viena, o presidente estadounidense George W. Bush viaxara a India e Paquistán, dúas potencias nucleares que, xunto a Israel e a diferenza de Irán, non asinaron o Tratado de Non Proliferación Nuclear. Premiando a India cunha serie de vantaxes en materia de cooperación enerxética e cualificando a este país como un "aliado", Bush se agardaba disuadir e a coaccionar a Irán diante das posibles accións unilaterais estadounidenses, mesmo a nivel militar.

Pero este perfil disuasor de Bush, xunto á actual conxuntura internacional, non contribúen en nada a canalizar a crise iraniana polos mecanismos da negociación. Afondan, nesta perspectiva, a sensación de acoso e ameaza que se vive en Teherán. Velaí o carácter de denuncia, plasmada polo presidente Mahmud Ahmadíneyad, sobre a iniquidade occidental cara Irán, cando países como India, Paquistán e Israel non foron sancionados nin levados diante o Consello de Seguridade, así como as advertencias de que Irán renunciaría ao Tratado de Non Proliferación.

O segundo factor consiste na renovada activación da diplomacia rusa como elemento clave na resolución da crise iraniana. O papel que xoga o goberno de Vladímir Putin nas discusións bilaterais con Teherán e dentro da AIEA pode explicar esta especie de revival político ruso no escenario internacional. Desde 1995, Moscova constitúe o principal socio enerxético e nuclear de Irán, especialmente ante a presenza de 35.000 expertos nucleares rusos en centrais como a de Bushehr e Natanz, onde funcionan reactores de enriquecemento de uranio.

Obviamente, Rusia posúe claros intereses estratéxicos. Mais, ás veces aparece sosegando e apoiando a Occidente como negociador que presiona a Irán. Esta dobre estratexia rusa consiste en exercer unha vía de entrada á xeopolítica de Oriente Medio, coas súas implicacións en materia petroleira e de gas natural, vértices primordiais da fortaleza rusa a nivel global. Esta estratexia de apaciguamento con Teherán tamén permite ao presidente Putin manter a Irán como socio comercial e amortecer unha eventual influencia iraniana no mar Caspio e Asia Central, baixo parámetros enerxéticos e políticos. Os recentes contactos de Ahmadíneyad cos presidentes de Tadxikistán, Uzbekistán e Acerbaixán, semellar revelar eses temores rusos.

Neste sentido, se pode cuestionar. Se acrise iraniana non se canaliza pola vía diplomática… estamos ás portas dunha nova guerra en Oriente Medio?

As implicacións políticas e o alto nivel de negociación bilateral augura momentos tensos pero tamén probables solucións negociadas, aínda que o factor bélico segue a ser unha preocupante posibilidade. Se para Occidente o programa nuclear iraniano constitúe un risco e unha ameaza á seguridade global, este non resulta menos perigoso na India, Paquistán ou Israel, o que tamén acrecenta o risco global de proliferación nuclear.