Mobilizacións de indíxenas e labregos en Honduras

Apartados xeográficos Latin America ARCHIVE
Idiomas Galego

Grupos étnicos que sofren a usurpación das súas terras e que sobreviven en lugares remotos, saen á rúa para denunciar a situación de pobreza e marxinación na que viven.

Á marcha, inicialmente convocada polos indixenistas, incorporáronse ecoloxistas, sindicalistas e labregos e nela participaron 12.000 manifestantes.

O obxectivo da masiva manifestación tiña entre as súas demandas: o impulso da reforma agraria, prometida nas negociacións de paz e hoxe en suspenso, o restablecemento da seguridade cidadá, a protección dos activistas dos dereitos humanos, a fin da corrupción e a impunidade, etc.

O detonante desta mobilización foi o proxecto lexislativo do presidente Carlos Flores para modificar o artigo 107 da constitución polo que pretende desposuír aos indíxenas dunhas terras que ocupan dende hai 200 anos. Búscase a retirada parlamentaria do proxecto que autoriza á venta dos terreos da costa a extranxeiros.

O presidente Flores pretende incentivar o investimento estranxeiro no sector turístico, ofrecéndolles as terras hoxe en poder dos indíxenas.

Os representantes das diferentes etnias acusa ao Presidente de incumprir o seu compromiso de xaneiro do 1998, no que se comprometeu a ceder terras co seus correspondente títulos de propiedade a indíxenas e negros.

En Honduras habitan 350.000 negros e indíxenas das etnias garifuna, misquitos, tawhakas, tolupanes, lencas, pech e chortís que viven en condicións de pobreza nas zonas máis alonxadas e pobres do país.

A indignación dos indíxenas coinciden co día da hispanidade, no que se conmemora o descubrimento de América. Nesta simbólica data, Cristobal Colón foi obxecto dunha alegórica execución con frechas de tinta disparadas en Tegucigalpa.