Imaxe de Yevgeny Viktorovich Prigozhin, líder da CMP Wagner. Fonte https://twitter.com/tass_agency/status/1654410703309090818/photo/1

Orixes da Wagner, compañía militar privada (cmp) rusa

Nos últimos meses da invasión de Ucraína por parte das forzas armadas da Federación Rusa, cobrou relevancia unha Compañía Militar Privada (CMP) propiedade do, en certas ocasións, histriónico Yevgeny Viktorovich Prigozhin. Nos derradeiros anos está confirmado o despregue de efectivos de esta CMP en diferentes zonas de conflito coma Siria, Malí, República Centroafricana ou Libia. Tamén hai fontes que sitúan a membros de esta CMP en Ghana ou Burkina Faso. Aínda que esta CMP goza de notoriedade, por razón obvias, o emprego de militares privados (“contratistas”, “mercenarios” ou “soldados de fortuna” segundo o prisma con que se lles mire) no é nin moito menos novidoso.

Nos finais do pasado milenio, en marzo de 1995, o goberno de Serra Leona, observando a falta de operatividade das súas forzas armadas ante a Fronte Revolucionaria Unida (FRU), en boa medida como consecuencia do recrutamento gobernamental de mozos, delincuentes vagabundos ou drogadictos, contratou os servizos de Executive Outcomes unha CMP (Compañía Militar Privada) que contaba entre as súas filas con oficiais surafricanos experimentados en operacións COIN (Contrainsurxencia) e con soldados procedentes de Angola ou Namibia que tiveran participación directa en conflitos armados. Meses despois, a FRU fora expulsada do país.

A retirada de Executive Outcomes en 1997 provocou que o FRU volvese tomar o control efectivo de zonas de Serra Leona incluídos os xacementos de diamantes.

Este é unha mostra da decisiva importancia que en ocasións pode levar aparellada en emprego de “contratistas de seguridade”, eufemismo tras o que se oculta a definición de mercenarios, un recurso bélico que se usou practicamente de maneira ininterrompida polo menos desde o século XV a.n.e. Nesa época sitúase a referencia escrita máis antiga que describe como o faraón Tutmosis III, ao mando dunha forza que contaba con tropas mercenarias, derrotou, nunha batalla desenvolvida en Megido, a unha coalición tribal oriúnda do que é a actual Siria.

Recentes escenarios de conflito, algúns deles en activo, foron testemuñas do despregamento sobre o terreo das denominadas CMP. Academi, coñecida anteriormente como Blackwater, dotada de vehículos blindados, avións de transporte e helicópteros armados ou DynCorp, especializada no ámbito aéreo e propietaria dunha frota de aeronaves que tamén leva a cabo operacións sobre o terreo tales como a seguridade persoal de Jean- Bertrand Aristide ou Hamid Karzai, ex presidentes de Haití e Afganistán respectivamente , son só dous exemplos.

O complexo escenario sirio non estivo á marxe da utilización de CMPs algunhas das cales se lle vincula directamente co Kremlin. Slavonic Corps era a denominación dunha efémera CMP con sede en Hong Kong que ao longo do ano 2013 operou de maneira un tanto desastrosa xunto ás forzas de Bachar alAssad. Este último non chegou a pagar todas as súas retribucións e ademais incautouse dos seus vehículos, todo iso unido ao accidente dun helicóptero do goberno sirio que impactou contra un convoi de Slavonic Corps tras voar a moi baixa altura causando feridas a un “contratista”. A compañía disolveuse tras unha derrota nas inmediacións da cidade de Sukhnah, ao sur de Siria en outubro de 2013. Os seus compoñentes regresaron a Moscova sendo detidos á súa chegada polo FSB (Servizo Federal de Seguridade) acusados intervir militarmente sen autorización gobernamental, concretamente por violar o artigo 348 do Código penal de Rusia que prohibe a figura dos mercenarios.

Efectivos de Slavonic Corps despregados en Siria. Fonte https://www.france24.com/en/20150728-video-russia-pmc-private-military-companies-mercenaries-slavonic-corps-ukraine-syria
Efectivos de Slavonic Corps despregados en Siria. Fonte https://www.france24.com/en/20150728-video-russia-pmc-private-military-companies-mercenaries-slavonic-corps-ukraine-syria

En 2011 Vladimir Putin suxeriu que as CMPs eran unha forma de contribuír aos intereses nacionais sen a participación directa do Estado. Dous anos despois, o deputado Dmitri Rogozin manifestou a posibilidade de considerar a creación deste tipo de compañías con respaldo estatal, unha postura que contou con certas reticencias dentro do Ministerio de Defensa, a pesar de que desde o ano 2007 as corporacións enerxéticas estatais Gazprom e Transneft fora autorizadas a dotar aos seus axentes de seguridade de armamento de gran calibre e alta capacidade letal o que supuxo de facto un primeiro paso para a creación dunha base legal para as CMPs. En abril de 2016 empezaron a ver a luz diversas informacións que facía referencia a Dimitri Utkin, un esquivo individuo vinculado a Slavonic Corps así como a Moran Security Group , unha CMP especializada na protección no ámbito marítimo que facilita servizos de seguridade a embarcacións que desenvolven a súa actividade en zonas nas que operan piratas. Utkin, oficial en situación de reserva, prestou servizo na 2ª Brigada Spetsnaz, forzas especiais do Exército ruso, con sede en Pskov, e púxose á fronte dun opaco grupo denominado Wagner.

Efectivos deste grupo serían despregados na rexión do Donbass, inmersa nunha guerra entre as repúblicas separatistas de Donestk e Lughansk e o goberno de Kiev. É ese escenario entraron en acción diversas iniciativas “privadas” como o Batallón Vostok, despregado en 2014, ou unha serie de grupos cunha heteroxénea composición que vai desde antigos combatentes, aventureiros ou cosacos detrás dos que estaría a influencia do FSB ou do GRU (Departamento Central de Intelixencia) do Exército ruso. Nese contexto, no ano 2014, interviría na rexión de Lughansk un grupo entón comandado por Dimitri Utkin.

Na autoproclamada República Popular de Lughansk efectivos da Wagner cumprirían ademais as funcións de ser unha sorte de garda pretoriana do mandatario, Igor Plotinski, desempeñando tarefas que transcenden a súa seguridade persoal e que abarcan circunstancias tan escabrosas como a eliminación física de individuos que combatían xunto ás súas filas contra as forzas de Ucraína e que eran percibidos por Plotinski como un risco de quebra no seu papel de liderado. Como exemplo destas accións, atribuídas á intelixencia ucraína, en xaneiro de 2015 Alexander Bednov, alias Batman, líder dunha unidade homónima falecía tras o ametrallamento sufrido por en convoi no que viaxaba. En decembro de 2015, o cosaco Pavel Driemov, que comandaba unha unidade propia, falecía tras a explosión do seu vehículo todo terreo, un vehículo que recibira como agasallo con motivo dos seus nupcias polo que se especula que o 4X4 xa viría co AEI (Artefacto Explosivo Improvisado) oculto no seu interior. Outro nome desta lista é o de Mikhaïl Tolstikh alias Givi, que perdía a vida o pasado 08 de febreiro do 2016 tras ser atacada a súa oficina en Donestk cun lanzafoguetes Shmel .

Tras os “servizos prestados” na primeira parte do conflito ucraíno e coa experiencia adquirida en operacións reais, os compoñentes da Wagner, que recibirían adestramento na base da 10ª Brigada Especial da GRU na localidade de Molkino (territorio de Krasnodar) serían desprazados a un novo escenario de conflito: Siria. Non houbo informes oficiais de participación a gran escala de tropas rusas en operacións terrestres nese país con todo si de que executaran “tarefas especiais”. Estas serían supervisadas polo maior Sergei Chupov, pertencente ás forzas especiais rusas falecido en Siria o 08 de febreiro de 2016 tras ser alcanzada a súa posición por granadas de morteiro. Chupov, veterano en dúas ocasións das campañas en Chechenia estivo a coordinar in situ as accións da Wagner.

image 26
Imaxe de Dimitri Utkin (primeiro pola dereita) xunto a Vladimir Putin nun encontro confirmado polo Kremlin que tivo lugar o 09.12.2016. Dispoñible na url. http://informator.media/en/archives/202796

A pesar de que desde instancias oficiais rexéitase relación algunha co Grupo Wagner, desde o recurso informativo multilingüe Russia Beyond the Headlines (RBTH), que cita fontes do Ministerio de Defensa afirmaron que as actividades do grupo estaban supervisadas polo GRU, a intelixencia militar rusa. Os seus efectivos foron despregados no teatro de operacións sirio antes do outono de 2015, data na que de maneira oficial Rusia enviara a asesores especiais nas súas bases do país. No ano 2016 entre 1.000 e 1.600 empregados do grupo mantiveron unha presenza estable e compaxina en Siria participando en operacións en zonas delicadas como a ofensiva na que lle foi arrebatado ao Daesh por primeira vez o control de histórica cidade de Palmira. No organigrama de Wagner estaban encadradas compañías de recoñecemento, de defensa aérea, unidades de asalto, de infantería así como artillería pesada e carros de combate.

image 27
Emblema da CMP Wagner

O emprego de CMPs é recorrente en todo tipo de conflitos xa que facilita aos estados empregadores certas vantaxes como o feito de que apenas transcenda o número de falecidos ou que, de producirse esa circunstancia non sexa percibida de igual maneira pola opinión pública xa que os “contratistas de seguridade” non regresan ao seu país envoltos en bandeiras do mesmo xeito que as tropas convencionais nin reciben honras militares.

Outra “vantaxe” é que, no caso de que se produza un uso abusivo da forza, por exemplo a morte de dezasete civís iraquís na Praza Misour de Bagdad en novembro de 2007 tras un tiroteo protagonizado por persoal de Blackwater , poder desvincularse e a responsabilidade derivada do mesmo, empregando estas unidades como unha sorte de “cometas”, é dicir controlándoas en todo momento e, en caso necesario, cortar a corda de unión.

Aínda que por lutuosas razóns a CMP Wagner está de actualidade o emprego de contratistas/mercenarios ten case tanto tempo como a guerra mesma. A súa actividade e importancia aumentan de maneira directamente proporcional ao seu emprego no teatro de operacións e dos eventuais logros acadados.

Coa experiencia acadada no combate, estes actores armados legais non estatais -ou se se quere “exércitos privados”- convértense nun importante elemento de influencia algo inicialmente bo para os seus “patróns” aínda que con riscos inherentes coma que, acadada unha posición de forza, poden antepor seus propios intereses aos dos seus “empregadores”.