Pequenos Estados en desenvolvemento: Debate actual na economía internacional

Os países en desenvolvemento atópanse nunha constante e complexa situación para afrontar as dificultades económicas e financeiras globais que ameazan as súas posibilidades de dar o salto para seren economías desenvolvidas. Dentro deste conxunto, están pequenos Estados que contan asemade coa complexidade de ter un tamaño reducido[1].

Liñas de investigación Paradiplomacy
Apartados xeográficos Others
Idiomas Galego

Os países en desenvolvemento atópanse nunha constante e complexa situación para afrontar as dificultades económicas e financeiras globais que ameazan as súas posibilidades de dar o salto para seren economías desenvolvidas. Dentro deste conxunto, están pequenos Estados que contan asemade coa complexidade de ter un tamaño reducido[1].

As diferenzas deste Estados con outros en termos económicos poden ser as seguintes:

 

O ingreso per cápita é máis heteroxéneo, xa que nesta categoría abárcase dende economías de baixo ingreso como Comores e Gambia, ata outras de alto ingreso como Brunei e Catar. Mais a pesares disto, o ingreso medio é maior que os de outras economías en desenvolvemento.

 
 

 

Relative
income
per capita
(U.S. = 100)

Trade
openness
(percent
of GDP)

Government
expenditure
(percent
of GDP)

Investment
(percent
of GDP)

Output growth
(percent)


Small states
Other developing
  countries
Industrial countries

24.9
 
16.3
75.4

111.5
 
60.5
63.3

20.5
 
13.8
17.8

28.0
 
19.9
23.9

5.9
 
3.8
3.4


 Fonte: https://www.imf.org/external/np/res/docs/2003/031703.pdf

Ademais, o comercio exterior é máis aberto co de outros países en vías de desenvolvemento, nunha senda de aumento constante do coeficiente medio de apertura[2]. Maila isto, as estruturas de produción e de exportación soen ser menos diversificadas.

O sector público (gasto público entre PIB) é máis grande que o de outros países en desenvolvemento; feito que soe suceder nas economías abertas ao comercio exterior (e, por tanto, máis vulnerables ás perturbacións internacionais), xa que este gasto axuda a neutralizar os efectos perturbadores a curto prazo.

Sen embargo, aínda que dende hai décadas o crecemento do PIB destas economías é maior que o de outras, aparentemente polo comercio e as inversións, o seu vencellamento coa economía global é moito máis feble. Por suposto, o coeficiente entre fluxos de capital e PIB é maior que os de outros países en desenvolvemento; máis non acada os termos brutos destes. Ademais, nos pequenos Estados nos que a axuda externa é unha fonte importante de ingreso, a dependencia é un grave problema; xa que a relación media entre asistencia e PIB é dun 20% entre estes Estados e menos dun 9% noutros países en desenvolvemento[3].

Un último elemento diferenciador é o tipo de cambio, que historicamente soe ser fixo. A razón disto é a dificultade de ter un tipo flotante que funcione ben cando só hai un ou dos bancos importantes e moi pouca marxe para realizar operacións. Ademais, moitas destas economías están vencelladas con outras máis grandes que son unha fonte importante dos seus ingresos en exportacións.

Tamaño e inestabilidade

Os pequenos Estados amosan certa inestabilidade no PIB, probablemente pola pouca diversificación da súa economía e, por tanto, por seren máis vulnerables ás perturbacións externas. O ingreso dunha economía exportadora de produtos básicos virá determinado principalmente polo prezo do seu principal produto de exportación en relación co do da cesta de bens que importa. No caso das economías en desenvolvemento, as flutuacións desta relación de intercambio tenden a ser pronunciadas e persistentes, en parte como consecuencia da volatilidade dos prezos internacionais das súas exportacións de produtos básicos. A inestabilidade da relación de intercambio é un 30% maior, como media, para os pequenos Estados que para outros países en vías de desenvolvemento. Pode, por tanto, que o PIB non sexa unha boa medida do ingreso ou da riqueza nas economías moi abertas ao comercio.

Measures of volatility

(standard deviations of annual growth rates, in percent; 1960-2000)

 

 

Output

Terms of
trade

Private
consumption

Private
and public
consumption


Small states
Other developing
  countries
Industrial countries

5.8
 
4.9
 

2.5

5.6
 
4.2
 

1.5

12.6
 
 8.2
 

 2.6

7.7
 
8.7
 

2.2

Fonte: https://www.imf.org/external/np/res/docs/2003/031703.pdf

Ademais, os fluxos de asistencia externa son moi cambiantes e soen gardar unha correlación positiva co PIB destes Estados, en parte porque tanto ditos fluxos como as condicións do seu ciclo económico vense afectados pola situación cíclica imperante nos países doantes. Non obstante, a volatilidade do produto ou do ingreso non é tan preocupante como a do consumo, que é unha medida máis axeitada de benestar.

Do mesmo xeito, un grupo de países que non sufra perturbacións perfectamente correlacionadas polo lado do produto debería, nun principio, poder compartir o risco macroeconómico de xeito que, en cada país, o consumo sexa menos volátil que o risco. De ser así, no caso dos pequenos Estados, a gran inestabilidade do produto non constituiría unha gran preocupación. Mais, poden estes Estados reducir a volatilidade do consumo recorrendo aos mercados financeiros internacionais que poderían empregarse para reduciren a volatilidade do consumo individual e aumentar o benestar económico?  En principio a resposta é negativa, xa que de feito en moitas economías en desenvolvemento o consumo é máis inestable que o ingreso (como media, a desviación estándar do crecemento do consumo é maior que  a do crecemento do produto ou ingreso). Así, a relación media entre a desviación estándar do crecemento do consumo e a do produto é aínda maior para os pequenos Estados, a pesares de ter un sector público relativamente máis grande para axudar a reducir o efecto adverso das perturbacións externas (véxase táboa anterior).

O efecto corrector da política

A maioría dos países cun alto grao de apertura rexistran unha menor volatilidade como consecuencia do efecto da gobernanza[4].

Os países altamente dependentes do comercio exterior, entre os que se inclúen a meirande parte dos pequenos Estados, están expostos á unha alta volatilidade no crecemento do PIB. Mais isto non implica, necesariamente, que as economías comercialmente abertas, particularmente os pequenos Estados, sexan as que experimenten o maior nivel de volatilidade de crecemento do PIB; se estes países adoptan as política axeitadas para atenuar o efecto da apertura exterior sobre a volatilidade.

A principal implicación dos estudos cuantitativos sobre este eido[5] é que as economías altamente abertas, en particular os pequenos Estados, son aqueles que máis necesitan adoptar unha boa gobernanza económica, social e política, si desexan contrarrestar unha volatilidade no crecemento.

Por último, indicar que a definición que se fai - e que se adopta do estudo Economic Freedom of the World 2005Annual Report - nestes estudos de gobernanza é que esta se define por ter un sistema xudicial independente, imparcialidade dos tribunais, protección dos dereitos de propiedade intelectual, prioridade do Estado de Dereito, e un sistema político cun sistema legal íntegro.

Non temos dúbida que neste eido queda aínda moito por investigar.


[1] Estas dificultades pódense categorizar en factores xeográficos (atópanse na periferia e son susceptibles de desastres naturais); factor de vulnerabilidade económica e comercial; e un último factor definido por seren economías de desescala. Véxase: http://www.worldbank.org/en/country/smallstates/overview#1

A pesares das dificultades derivadas do seu tamaño, os pequenos Estados teñen rexistrado, de media, taxas de crecemento máis altas que outros países grazas aos lazos comerciais e as altas taxas de inversión. En termos de finanzas públicas, contan cunha poboación máis homoxénea e con preferenzas semellantes, o cal tamén debería fomentar a estabilidade orzamentaria e política.

[2] (X+M)/PIB   X=exportacións M=importacións

[5]Recoméndase a lectura das últimas análises de Lino Briguglio e Melchoir Vella: https://www.um.edu.mt/islands/publications_of_interest