20041003aleksandar vucic serbia elections

Serbia, Montenegro e a desunión e a abstención

Apartados xeográficos ARCHIVE Balcáns
Idiomas Galego
 Aleksandar Vucic
Domingo ao serán, Beogrado, 15 graos. A radio B-92, fechada durante os anos de Milóxevich, anuncia as sondaxes estimativas que dan a victoria nas cidades máis importantes do país aos partidos que na segunda volta das eleccións locais concorrían contra o SRS, o partido radical serbio. Xa na noite Vuchich, o candidato do SRS que segundo as sondaxes perdeu as eleccións por 8 puntos porcentuais, sinalou que é unha derrota máis que aceptable. (Foto: Vuchich depositando o seu voto, 03/10/2004).
 

Domingo ao serán, Beogrado, 15 graos. A radio B-92, fechada durante os anos de Milóxevich, anuncia as sondaxes estimativas que dan a victoria nas cidades máis importantes do país aos partidos que na segunda volta das eleccións locais concorrían contra o SRS, o partido radical serbio.

Xa na noite Vuchich, o candidato do SRS que segundo as sondaxes perdeu as eleccións por 8 puntos porcentuais, sinalou que é unha derrota máis que aceptable. Esquece votou menos do 40%.

Ese é o panorama… pero é a explicación lóxica duna política de transición que empezou doente. A coalición que substituíu a Milóxevich estaba formada por 18 partidos. Nestes catro anos a desintegración de partidos foi brutal. No canto de haber divisións internas, as escisións son comúns: que queira obter un anaco de poder político, forma o seu partido. Danse casos de ex-alcaldes que xa non son nin concelleiros… aínda que o partido co que foron alcaldes gañou as eleccións… ou o que é máis grave… figuras da política nacional, con carteiras de ministro, con forte pulo popular que non son nin deputados. Presa doada este país dun partido radical que chegará a gañar dentro de nada o poder polas urnas.

E a paisaxe presenta dous incendios que aínda non prenderon e que demostran o absurdo da actuación da comunidade internacional. Montenegro e Kósovo-Metohija.

Montenegro celebrará un referendo de independencia. Ben. Nel votarán só os .000 montenegrinos. Mal. Serbia non vota… nin os .000 montenegrinos que viven en Serbia. E as sondaxes mostran uns resultados moi clarificadores. Ante a pregunta: desexaría a independencia de Montenegro? A resposta maioritaria en Montenegro foi non. A resposta maioritaria en Serbia foi si. Habería que replantexar ou ben se Montenegro se independiza de Serbia (escinde, segundo pon nos papeis) ou se Serbia debería votar a prol da súa separación de Montenegro. O modelo checoslovaco "que voten todos" nin se pensou.

Kosovo: "invito aos serbios de Kosovo-Metohija a participar nas eleccións para escoller as institucións territoriais desta rexión" dixo esta semana Karich tras coñecer os resultados nas locais. Vaites, asinar a aceptación dunha situación de independencia institucional, xusto o contrario do que aconteceu primeiro en Croacia e despois en Bosnia-Hercegovina nos anos 90, cando a celebración dun referendo de independencia significaba celebrar un referendo paralelo a prol da unión con Serbia por parte das minorías serbias destas dúas repúblicas. Boa acción política: se a comunidade internacional pretende recoñecer a independencia de Kósovo-Metohija o vindeiro ano terá un atranco importante: os serbios da rexión recoñecen a administración local, votan nela, existen e opinan, e non crean institucións paralelas. E non só os serbios, senón as outras microminorías da rexión. Ademais, a problemática é paralela e é aplicábel a outras situacións: se A separase de B, conta a opinión de B?

En Montenegro A non se quere separar e B quere que se separe. En Kósovo-Metohija, B non quere a separación de A… e non se lle pregunta a todo A se se quere separar.