20041228ukraine kiev

Ucraína: á terceira foi a vencida para Yushenko

 Clic para aumentar
Os feitos que tiveron lugar despois da segunda votación do 21 de novembro, e que recibiron o nome de "revolución laranxa" (pola cor das bandeiras do candidato opositor), permitiron que milleiros de persoas saíran ás rúas de Kiev para protestar contra a falsificación cometida polas autoridades e contra o aberto desprezo respecto ao pobo, a quen trataron como a un "gañado" votante.
 

Tralo escrutinio do 100% dos resultados dunha votación presidencial repetida tralas irregularidades da segunda volta a finais de novembro, e que contou cunha participación do 77% dos electores, a Comisión Central do Escrutinio anunciou que o candidato da oposición, Viktor Yushenko, obtivo o 51,99% dos votos emitidos. Nesta ocasión, Yushenko foi apoiado maioritariamente en 7 provincias do Leste e Sur do país, ademais da península de Crimea, e contou co voto das 19 provincias centrais e occidental do país. Abrese unha histórica e nova etapa para Ucraína.

Esta repetición da votación foi precedida de dous meses de confrontación entre as forzas da oposición, que gañaban cada vez mais apoio masivo na poboación, e o réxime do actual presidente Leonid Kuchma. Nembargantes, como candidato do poder, Yanúkovich non puido gañar na primeira votación e, na segunda ronda, adiantou ao candidato da oposición só mediante as falsificacións masivas que provocaron as posteriores protestas populares que deron como resultado a anulación dos cómputos por decisión da Corte Suprema.

Yushenko declarou que a súa elección marcaba unha nova etapa na historia de Ucraína porque puso fin a un réxime que, en moitas ocasións, foi acusado de corrupción e crimes. Os feitos que tiveron lugar despois da segunda votación do 21 de novembro, e que recibiron o nome de "revolución laranxa" (pola cor das bandeiras do candidato opositor), permitiron que milleiros de persoas saíran ás rúas de Kiev para protestar contra a falsificación cometida polas autoridades e contra o aberto desprezo respecto ao pobo, a quen trataron como a un "gañado" votante.

Polo tanto, o triunfo de Yushenko afirma un proceso de singular importancia en todo o espazo post-soviético, porque por vez primeira se mobilizou practicamente toda unha sociedade para deixar oír a súa voz, facéndose dun xeito disciplinado e non violento. Non existiu nin un só exceso que puidera provocar a intervención das forzas da orde pública ou do exército, a pesar de que na capital se comenta que Yanúkovich alegadamente insistira na intervención para "impoñer a orde".

Existe outro aspecto importante no cambio producido en Ucraína e que ten que ver co seu avance no desenvolvemento civil cara Rusia, o cal determinou a perda de influenza rusa nun país que, ao parecer, saiu definitivamente da órbita do espazo ex soviético. O aberto apoio do presidente ruso Vladímir Putin a Yanúkovich, realizando viaxes a Kiev nas vésperas das dúas primeiras votacións, non puideron evitar a derrota do oficialismo. Vale a pena recoñecer que aínda hai moitos que cren que é necesaria a orientación cara Moscova porque "sempre estivemos xuntos" e ademais existen "vencellos económicos tradicionais", esquecendo precisamente que a ex URSS desmoronouse porque deixaron de funcionar esos vencellos. Esta visión está afincada principalmente no Leste, o Sur e Crimea, porque a súa estructura económica estaba altamente integrada no complexo único da economía soviética, cunha proporción de mais de ¾ da man de obra traballando no sector militar.

A "carta rusa" foi un dos argumentos de Yanúkovich quen, en definitiva, non tiña ningún programa claro. A súa propaganda se baseaba no concepto do presunto perigo nacionalista que representaba Yushenko e a ameaza da influenza occidental, especialmente dos EEUU. A oposición tiña moitos apoios no Oeste do país, onde o nacionalismo ten profundas raíces, a pesar de que Yushenko é orixinario do Leste. Na perspectiva da propaganda oficial facíanse insinuacións sobre o peche das escolas rusas, o empeoramento das relacións con Moscova, a instalación de bases militares estadounidenses, etc.

De feito, Yushenko non representa ao nacionalismo radical nin é rusófobo. O seu programa estaba deseñado para presidir un país e a súa sociedade, e as súas intervencións non estiveron impregnadas pola instigación ao odio; ao contrario, sempre foi consciente de que, despois da súa elección, levaría tamén a cabo unha política de atracción cara os que non o votaran. Polo contrario, a actuación de Yanúkovich profundizou a desconfianza do Leste rusificado non só cara o Oeste senón tamén cara o centro do país. As autoridades das provincias orientais ameazaron coa separación ou coa creación dunha comunidade autónoma, a pesar da inconstitucionalidade desas intencións.

A victoria de Yushenko aínda non é definitiva no contexto global. Terá que enfrontar moitas adversidades, non só a resistencia das forzas que apoian ao seu rival, senón tamén a posíbel fuga dalgúns dos seus aliados. Terá que persuadir ás provincias do Leste, onde a poboación votou por Yanúkovich. Os seus primeiros pasos de reconciliación permitiron vislumbrar unha posíbel evolución da nación ucraína cara unha sociedade onde sexa imposíbel levar a cabo unha política que non conte co apoio e a participación dos cidadáns. E, cara Rusia, xa Yushenko extendeu a súa man de cooperación.