Continuidade e innovación para a sustentabilidade do IGADI
O Plan 2025 “Continuidade e innovación para a sustentabilidade do IGADI II” deu seguimento ao Plan de actividades do 2024, fortalecendo ao IGADI como o think tank galego de relacións internacionais de referencia en Galicia. Así as cousas, ao longo do 2025 o IGADI combinou o seu traballo tradicional, conducido polas nosas Liñas de investigacións e análise, xunto a procesos innovadores, como a presentación do portal Open Journal System da revista Tempo Exterior, a nova web do Observatorio de la Política China ou o Especial sobre o Ano Castelao.
Cómpre destacar tamén o acompañamento dado durante o 2025 do feche do ciclo normativo aberto en Galicia desde o 2021 coa aparición da Lei Galega de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento, trala aprobación catro anos despois da Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX 25-29). Aínda que a EGAEX non trouxo avances substanciais para mellorar as políticas de acción exterior en Galicia, a nosa Memoria 2025 presenta os pasos adiante do IGADI, preparado para un mundo e unha Galicia en transformación.