COLABORACIÓN DE ANA ISABEL VILA CARRETE (Estudante de Política Económica Internacional)
rural 2

A internacionalización do rural galego

A internacionalización é unha forza transversal á toda a sociedade e as institucións... Que particularidades no rural galego?
Liñas de investigación Economía
Idiomas Galego

A internacionalización do rural galego converteuse nunha prioridade para a comunidade nos anos recentes. Galiza, conta cunhes paisaxes excepcionais, unha rica cultura e unha gastronomía única, así como un gran potencial para expandirse ao mercado internacional. Ademais, o fomento da cooperación e o intercambio cultural con outros países é esencial para a promoción de produtos e servizos galegos ao estranxeiro.

Un dos sectores mais importantes no proceso de internacionalización do rural galego é o sector agroalimentario, o cal xera un total de 103.521 postos de traballo, o que supón un 9,3% do traballo total e aporta un 6,9% do Produto Interior Bruto (PIB) da economía autonómica (ao redor de 4.126 millóns de euros), segundo un estudo sobre a actividade publicado polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Durante os últimos anos, as empresas galegas inverteron en investigación e desenvolvemento para mellorar a calidade e a presentación dos seus produtos, o que lles permitiu abrirse a novos mercados e aumentar a súa presencia nos mercados internacionais. Tamén comezaron a empregar técnicas de produción máis sostibles e respetuosas co medio ambiente. Ademais, a chegada dos fondos “Next Generation” permitirá que Galiza centre os recursos dirixidos a este sector, entre outros.

Outro sector chave na globalización do rural galego sería o turismo rural. En datos económicos, o 10,4% do PIB galego procede do sector turístico, o cal supón un 11% do emprego e aportou no ano 2019 ata 6.314 millóns de euros. Un dos sectores onde máis se nota o efecto do turismo é o hostaleiro, sector que deu emprego a 66.825 persoas, procedendo de este sector o 4,5% da economía da rexión, unha suma que alcanzaría os 4.768 millóns de facturación, segundo datos do Anuario da Hostalaría de España 2019. Ademais, Galiza conta cun dos principais atractivos turísticos: o “Camiño de Santiago”, o cal no ano 2019 participaron un total de 350 mil peregrinos.

Polo tanto, no referente ao turismo, Galiza conta con aspectos positivos como a gran variedade de paisaxes naturais, tradicións e festas populares únicas. Sen embargo, tamén se necesita explotar as diferentes canles de comunicación e ferramentas de marketing. As redes sociais son un medio moi efectivo para achegar o rural galego a novos públicos potenciais, igual que as campañas publicitarias ou a participación en feiras e eventos turísticos internacionais para dar a coñecer Galiza como destino turístico. Nese sentido, un plan que propuxo a Xunta de Galicia foi que no eixo de formación, innovación e dixitalización se aplicase un plan de formación e asesoramento de marketing e loxística de vendas, o que incluirá tamén unha liña de axudas para a contratación polas PEMES do sector persoal especializado.

Outro dos plans da Xunta naceu no ano 2020, cando acordou destinar un total de 10.250.000 euros ao eixe da promoción, comercialización e internacionalización dos produtos galegos dentro do plan de reactivación e dinamización que impulsa a Consellería do Medio Rural, para facer fronte á crise provocada pola COVID-19 nos sectores primarios da comunidade galega. O conselleiro indicou que se reforzaría a presenza da industria alimentaria na marca “Galicia Calidade” para que a súa produción gañase competitividade como instrumento de acceso a novos mercados, tanto nacionais como internacionais.

A internacionalización do rural galego non só implica a promoción de produtos e servizos senón tamén a atracción de inversores estranxeiros. É importante recalcar que a comunidade galega conta con importantes oportunidades de inversión en sectores como a enerxía renovable, a biotecnoloxía e o turismo, como mencionaba anteriormente. Precisamente relacionado co campo da enerxía renovable, a comunidade galega estivo traballando no desenvolvemento de enerxías renovables e a redución de emisións de carbono.

En definitiva, a internacionalización do rural galego representa unha gran oportunidade para o desenvolvemento económico e social da rexión. A promoción dos produtos e servizos galegos, no estranxeiro, a atracción de turistas internacionais e a colaboración con empresas e inversores estranxeiros son fundamentais para o crecemento económico e a creación de emprego na rexión. Ademais, tamén contribúe á conservación e promoción da cultura e do patrimonio da rexión en todo o mundo.