Ideas e ideais para ser nós no Mundo
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é un think tank independente que nace en 1991 cun dobre propósito: reflexionar sobre os problemas e tendencias da sociedade internacional contemporánea e pular por unha maior inserción de Galicia no mundo a todos os niveis.
IGADI
Centro Cívico Sur
Rúa Luís Braille, 40
36003 Pontevedra
Galicia – España
Tel. (+34) 986 84 34 36
www.igadi.org
info@igadi.org
Visión
Continuador da tradición universalista e fondamente humanista do galeguismo histórico, o IGADI promove un sistema internacional baseado na democracia, na distribución equitativa dos recursos planetarios entre persoas e pobos, na súa utilización responsable e sustentable, no respecto aos Dereitos Humanos, no compromiso coa defensa da diversidade e na busca de fórmulas de coexistencia que aseguren o diálogo integrador de todas as identidades.
Misión
O IGADI é un colectivo que desempeña o seu labor cunha clara vocación de servizo público, en condicións de plena autonomía, indispensable para fomentar unha actividade plural e transpartidaria, apostando por asentarse como un espazo de encontro no que todas as sensibilidades e disciplinas poidan desenvolverse de forma leal e eficiente. As institucións e a sociedade en xeral teñen no IGADI un instrumento colaborador das súas estratexias de acción exterior.
Os nosos obxectivos
- Afirmarse como unha entidade influente na definición e dinamización da acción exterior dos diferentes actores institucionais a todos os niveis con interlocución directa con todos eles e capacidade para crear opinión, tanto directamente como a través dos medios de comunicación.
- Erixirse como un referente independente para as persoas, institucións e empresas interesadas na internacionalización de Galicia e nun centro especializado en relacións internacionais con aceptada vocación para tender pontes entre distintas tendencias políticas e socioculturais.
- Consolidarse como unha entidade de excelencia conectada cos grandes debates internacionais e capaz de xerar reflexión crítica e coñecemento recoñecidos local e globalmente.
- Plasmar unha alianza que fomente un proceso plural e converxente de internacionalización con identidade sobre a base da consideración de Galicia como unha autonomía no mundo.
Os nosos instrumentos
- A formulación de iniciativas e análises, provendo información de calidade que permita a comprensión das tendencias globais e nos sitúe na vangarda da reflexión e estudo dos problemas internacionais.
- O estímulo á investigación en ámbitos de interese estratéxico tanto para Galicia como internacionalmente, favorecendo a interdisciplinariedade e unha visión prospectiva que facilite a identificación de novas tendencias e a definición das políticas públicas.
- A consolidación dun espazo de debate de todas as persoas e institucións interesadas nas cuestións internacionais con vontade de xerar alianzas cun espírito de colaboración e transformador.
- A implicación directa na dinamización de propostas concretas que favorezan un maior compromiso exterior das administracións, os axentes económicos e outros actores da sociedade civil.
Ámbitos de actividade
A nosa actividade desenvólvese en 4 ámbitos preferentes
Documentación
O Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea, único no seu xénero en Galicia, conta cunha hemeroteca especializada e recibe máis dun cento de publicacións relativas a asuntos internacionais. Trimestralmente, edita un Boletín de Sumarios.
Análise e Investigación
Os programas de investigación (Paradiplomacia; Seguridade, Conflitos e Pacificación; e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento) permiten afondar na dimensión analítica e regularizar a colaboración dos investigadores asociados ao centro, radicados en diferentes países. En Paradiplomacia analizamos o cadro teórico sobre o que se sustenta a paradiplomacia mundial definindo os eixes específicos prioritarios da paradiplomacia galega. En Seguridade, Conflitos e Pacificación, analizamos tanto as tendencias globais como algúns estudos de caso aínda que procurando transcender a conxuntura. En Cooperación Internacional ao Desenvolvemento analizamos o modelo galego suxerindo vías e fórmulas para o seu enriquecemento permanente.
As análises fornecidas polo IGADI aspiran a desempeñar un papel útil na toma de decisións e a significar un nivel de especialización internacionalmente recoñecido nos eidos preferentes de investigación. A tal efecto, presta especial atención á interacción co mundo académico e universitario.
Difusión
Plásmase na elaboración e publicación de numerosas tribunas e espazos de opinión sobre problemas, conflitos e tendencias internacionais en numerosos medios de comunicación (de prensa, radio e televisión) e revistas especializadas, tanto de Galicia como de fóra dela.
Ademais da colección Texturas Internacionais, no eido das publicacións destaca a revista semestral de estudos internacionais, Tempo exterior, creada en 1997 e refundada no ano 2000. Tempo exterior, que conta cun amplo Consello Académico, é un lugar de encontro para a reflexión e o debate, co obxecto de ir perfilando as bases comúns de actuación da sociedade galega no mundo. Publica tamén o Igadi Annual Report e o We in the World, informe sobre a acción exterior de Galicia. En 2011 iniciou a publicación do Informe Mundial sobre Estados de Feito.
A rede ORBALIA, de periodistas interesados na información internacional (en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), organizada e dinamizada polo IGADI, ten por obxecto dar maior visibilidade nos medios de comunicación á información e análise internacional e a centrala nos intereses exteriores galegos.
O IGADI forma e proporciona expertos en asuntos internacionais.
Xestión
O IGADI promoveu en 1997 a creación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (www.fondogalego.org) e hoxe exerce a Secretaría Técnica desta asociación de municipios e deputacións. O Fondo Galego agrupa a máis dun cento de entidades locais que poñen en común as súas accións de cooperación ao desenvolvemento.
O Observatorio de la Política China (www.politica-china.org), é un proxecto promovido polo IGADI que conta co apoio de Casa Asia. O seu obxectivo consiste en efectuar un seguimento permanente da evolución política no mundo chinés prestando atención ao seu sistema político e legal, a política exterior, Taiwán, as nacionalidades minoritarias, os dereitos humanos, ou a seguridade e defensa. O IGADI tamén promoveu e xestiona a Rede Iberoamericana de Sinoloxía na que participan máis de vinte especialistas dunha ducia de países. O OPCh publica o Informe Anual de la Política China e organiza o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China.
O Observatorio Galego da Lusofonía, OGALUS, pon o acento na lingua ao promover o seguimento analítico da actualidade xeral dos países integrantes da lusofonía xerando propostas de sensibilización e dinamización da cooperación galego-lusófona a todos os niveis.
A creación e impulso da Fundación Plácido Castro (2001), coa participación dos concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, ademais da Asociación de Tradutores Galegos, serve para reivindicar a obra e o pensamento dunha figura singular do galeguismo histórico. A Fundación organiza unha Conferencia Anual e un Premio de Tradución, entre outras actividades.
Somos un equipo
A estrutura do IGADI inclúe un equipo básico permanente no que se inclúen analistas, webmaster e persoal de administración, complementado cunha rede de colaboradores e investigadores asociados.
O Consello Reitor, plural a todos os niveis, achega un complemento de alta significación para a avaliación, mellora e actualización permanente dos seus obxectivos e actividades.
O IGADI acolle a estudantes en réxime de prácticas tuteladas e fomenta o intercambio de investigadores. Arredalia é a rede que agrupa aos antigos alumnos en prácticas.
Prioridades destacadas para o período 2011-2016
Profundar nas principais áreas xeopolíticas de estudo: América Latina, Mundo Chinés, Oriente Medio, Países da Lusofonía, Europa –con especial atención ao mundo celta e o Leste- e o espazo da antiga URSS.
Integrar a formación como un ámbito de interese específico fomentando a participación en cursos organizados por diferentes Universidades ou centros de estudo, tanto públicos como privados, así como por outras entidades preocupadas pola obtención dunha suficiencia académica cualificada. Tamén mediante a promoción de cursos e iniciativas propias.
Mellorar a difusión do discurso e os documentos do IGADI procurando que cheguen con maior fluidez ás persoas e colectivos interesados, moi especialmente ao entorno das entidades afíns no ámbito europeo e internacional.
Alargar o abano de persoas e institucións implicadas nas nosas actividades, moi particularmente nos eidos empresarial, político e asociativo.
Consolidar o IGADI como referente en Galicia do debate, a reflexión plural e o intercambio intercultural capaz de xerar ideas innovadoras e de incidir de modo efectivo no tecido social en cuestións internacionais.
Pular o establecemento de sinerxías e a potenciación de converxencias con entidades que, dentro de Galicia ou fóra dela, compartan obxectivos semellantes, formalizando alianzas e asegurando a integración en diferentes redes globais.
Ideas and Ideals to be Ourselves in the World
The Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) is an independent think tank, founded in 1991 with a two-fold purpose: to reflect upon the problems and trends present in contemporary international society and to promote the greater international incorporation of Galicia at all levels.Ideas e ideales para ser nosotros en el Mundo
El Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) es un think tank independiente que nace en 1991 con un doble propósito: reflexionar sobre los problemas y tendencias de la sociedad internacional contemporánea e impulsar una mayor inserción de Galicia en el mundo a todos los niveles.Idee ed Ideali per matenere la nostra indentitá nel Mondo
L’Isituto Galiziano di Analisi e Docuemtnazione Internazionale (IGADI) è un think tank indipendente, che nasce nel 1991 con un doppio proposito: riflettere sui problemi e le tendenze della società internazionale contemporanea e promuovere una maggiore Inclusione della Galizia nel mondo.Idee i ideały, aby pozostać sobą w świecie
Galicyjski Instytut Analizy i Dokumentacji Międzynarodowej (IGADI) jest niezależnym think tankiem powstałym w 1991 roku w dwojakim celu: prowadzenia refleksji dotyczącej problemów i tendencji obserwowalnych we współczesnym społeczeństwie międzynarodowym oraz stymulacji międzynarodowej aktywności Galicji we wszystkich sferach.Ideen und Ideale, um in dieser Welt wir selbst zu sein
Das galizische Institut für internationale Analyse und Dokumentation (IGADI) ist ein unabhängiger Think-Tank, der 1991 gegründet wurde und zwei Hauptziele verfolgt: über die Probleme und Tendenzen der aktuellen internationalen Gesellschaft nachzudenken und die verstärkte Eingliederung Galiziens weltweit auf allen Ebenen voranzutreiben.Idées et idéaux pour nous affirmer dans le monde
L'Institut galicien d'analyse et de documentation internationale (IGADI) est un think tank indépendant né en 1991 avec un double objectif : réfléchir sur les problèmes et tendances de la société internationale contemporaine et agir pour une plus grande insertion de la Galicie dans le monde à tous les niveaux.Idees i Ideals per ser Nosaltres mateixos al Món
L'Instituto Galego de Análise i Documentación Internacional (IGADI) és un think tank independent que neix el 1991 amb un doble propòsit: reflexionar sobre els problemes i tendències de la societat internacional contemporània i impulsar una major inserció de Galícia al món a tots els nivells.Ideias e Ideais para ser Nós no Mundo
O Instituto Galego de Análise e Documentação Internacional (IGADI) é um think tank independente que nasce em 1991 com um duplo objetivo: refletir sobre os problemas e tendências da sociedade internacional contemporânea, e incentivar uma maior inserção da Galiza no mundo a todos os níveis.Munduan Gu geu izateko Ideiak eta Gogo-asmoak
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) —Galiziako Nazioarteko Analisi eta Dokumentaziorako Institutua— think tank beregain bat da, 1991n sortua asmo bikoitz batekin: bateko, nazioarteko gizarte garaikidearen arazoei eta joerei buruzko gogoeta egitea eta, besteko, Galizia munduan maila guztietan txertatuago egon dadin bultzatzea.Идеи и идеалы, позволяющие иметь свое лицо в мире
Галисийский институт международного анализа и документации (IGADI) представляет собой независимый аналитический центр, основанный в 1991 году с двойной целью: осмысление проблем и тенденций современного международного сообщества и содействие более широкому вовлечению Галисии в международную жизнь на всех уровнях.Ідеї та ідеали, що дозволяють мати своє обличчя в світі
Галісійська інститут міжнародного аналізу та документації (IGADI) являє собою незалежний аналітичний центр, заснований в 1991 році з подвійною метою: осмислення проблем і тенденцій сучасного міжнародного співтовариства та сприяння ширшому залученню Галісії до міжнародного життя на всіх рівнях.世界における「私たち」になるための主義主張
IGADIは1991年に創設された独立系シンクタンクである。その目的は、現代の国際社会の問題や傾向を考察し、また、世界においてガリシアの存在を向上させることである。为了在这个世界上成为我们“自己”的想法和理念
加利西亚国际分析和文档学院(IGADI)是一所独立的智囊机构,创建于1991年,其目标是:研究分析当代国际社会的国际问题和国际潮流,推动加利西亚地区积极参与各层次的国际事务。