Cartel final Seminario BUAP IGADI

A Universidade Benemérita de Puebla (México) e o IGADI organizan o 19 de maio un Seminario internacional “Comercio e Relacións Internacionais post-pandémicas”

O próximo venres 19 de maio (17h en España) realizarase un Seminario internacional online vinculado ao número 45 da nosa publicación semestral, Tempo Exterior (xullo-decembro 2022).

O número, coordenado polos profesores da Universidade Benemérita de Puebla, Raquel Isamara León de la Rosa (Consello de Investigación do IGADI e Directora do Observatorio de la Política China) e Adolfo Federico Herrera García, analiza o impacto socioeconómico da pandemia no mundo, poñendo especial atención ás consecuencias en América Latina e as propias relacións latinoamericanas coa China.

Así as cousas, o Seminario no que se poderá participar gratuitamente previa inscrición, repasa os distintos artículos do º45 do TE coas propias autoras e autores, achegándose a temas tan relevante como a reacción do comercio internacional ou os mercados de traballo tralo shock pandémico, os efectos na industria automobilística cos novos acordos de libre mercado e a integración latinoamericana, así como a diplomacia das máscaras ou o impacto na internacionalización das PEMES colombianas coa colaboración de Ali Baba e o comercio electrónico, entre outros temas.

Podes inscribirte na seguinte ligazón e descarregar aquí o programa en castelán. A BUAP e o IGADI emitirán un certificado de participación ás persoas que completen o Seminario, que realizaremos entre as 15 e as 19h españolas (9h-13h en México).