Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos na Universidade de Vigo ou director xeral de Recursos Humanos no concello de Lugo. Na actualidade ocupa o posto de director da Área de Promoción e Proxectos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, na é técnico superior de xestión. Entre 1998 e 2005 presidiu a Coordinadora Galega de ONGDs. Na actualidade é membro do Consello Galego de Cooperación en calidade de experto independente. Ten publicado artigo en diferentes medios escritos, como A Nosa Terra, Vieiros, Praza Pública ou Galicia Confidencial e participado en diferentes libros colectivos en temáticas como a cooperación ao desenvolvemento ou as politicas de innovación.


Artigos de Martínez Rivas, Emilio Manuel

A tropa de Putin

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Segunda metade dos setenta. Meu pai sentaba na sala e poñíase a ler unha revista. Eu sentábame perto del rodeado dos meus tebeos: “El Jabato”, “Capitán Trueno”, “Zipi-Zape”, “Mortadelo y Filemón”... pasábamos un bo rato enfrascados na lectura e de vez en cando o meu pai facía algún comentario en alto, que eu non entendía. Algunha tarde, mentres se levantaba a facer café ou a falar coa miña nai, collía a súa revista e vía que tiña moita letra, moitísima letra, algunhas fotos e apenas algún debuxo, que ao contrario dos dos meus contos eu non entendía: nin chisca de gracia tiñan pensaba. Nin sequera os libros da escola tiñan tanta letra. Dende a miña visión de neno de pouco mais de dez anos aquela revista formaba parte do mundo incomprensible dos maiores, un mundo co que nos ameazaban cando en voz alta dicían aquela frase coa que remataban moitas discusións: “Cando sexas maior xa o entenderás”.