Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa.
É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de innovación en Galicia, na xestión e aplicación dos Fondos Europeos para o desenvolvemento rexional e na innovación tecnolóxica medioambiental.
Colabora co Grupo de Investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago de Compostela e co IGADI (Instituto Galego de Documentación Internacional). Forma parte do Consello de Redacción da Revista Tempo Exterior. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais e publicou libros e numerosos artigos en revistas científicas e técnicas, ademais de colaborar con diferentes medios de comunicación.
Segundo informa o Parlamento Europeo, tres cuartas partes das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE débense ao sector da enerxía, que envolve á produción de electricidade, de calor, e ao seu transporte. Por este motivo, e para acadar o obxectivo de neutralidade climática da UE para 2050, acelerar a implantación das enerxías renovables é un factor clave para reducir as emisións do sector eléctrico e avanzar na estratexia “verde” europea. Ademais, a escalada da guerra na Ucraína acelerou a necesidade de desconexión europea das enerxías fósiles, tanto pola “recomendación” da OTAN de non contratar co veciño ruso como polo encarecemento enerxético froito das compras de gas natural licuado estadounidense.
A distancia cultural non é un tema destacado nos debates económicos. Fronte á idea de comercio global, a realidade das relacións económicas é que estas adoitan producirse de maneira frecuente dentro de bloques rexionais -con características comúns a nivel xeográfico, histórico, cultural, social, etc.- e a nivel interrexional. De esta idea xorden construcións históricas como a Unión Europea (UE), pero tamén outros espazos como NAFTA, ASEAN, MERCOSUR, ECOWAS, CAN ou o ALBA. Neste sentido, os vínculos culturais e históricos son un factor clave xa que, a menor distancia cultural entre países, menor cantidade de barreiras que sería preciso derrubar para comerciar.
Non cabe dúbida de que o problema medioambiental é unha das principais preocupacións a nivel mundial. Recibimos constantemente entradas de información nese sentido. Así, nos últimos días o presidente Biden (EEUU) manifestou –dentro dunha concepción bipolar mundial- que se hai algo máis perigoso que Putin no mundo, iso é o cambio climático. A alteración das temperaturas, o derretemento dos casquetes polares, ou a extinción de especies de fauna e flora son algunhas das consecuencias xa palpables.
O pasado vinte e xaneiro o pobo caboverdiano celebraba o cincuenta e un aniversario do día da súa declaración de liberdade, que non foi recoñecida ata xullo de 1975. A día de hoxe, e con arredor de medio millón de habitantes, as súas dez illas volcánicas macaronésicas son fonte de contrastes.
A investigación vén remarcando a través de numerosos estudos nos últimos anos que a innovación é fonte de crecemento e motor do desenvolvemento económico. Polo tanto, a aposta pola innovación é unha necesidade para o tecido empresarial galego. A pesar disto, o esforzo en investimento en I+D apenas supera o 1% respecto ao PIB en Galicia, tanto a nivel público como privado.
Tal e como recoñece a Lei Paz Andrade, “no actual mundo globalizado, as institucións galegas, comprometidas co aproveitamento das potencialidades de Galicia, deben valorizar o galego como unha lingua con utilidade internacional”. Como tamén recolle a propia Lei, a comprensibilidade entre linguas fai que o galego sexa porta de entrada para o mercado de “nove países, e do territorio de Macau, na China. Entre estes países figuran potencias económicas como o Brasil e outras economías emerxentes”. Tal é a potencialidade lingüística e cultural que a propia Lei convida ás autoridades galegas a “promover economicamente todas cantas medidas sexan posibles para mellor e valorizar esta vantaxe histórica”.
O peche do ciclos dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) deu paso a que o 25 de setembro de 2015 a ONU adoptase unha nova lista de metas: os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Con vixencia ata o ano 2030, esta lista concretouse en 17 obxectivos xenéricos (táboa 1), que se materializan en 169 metas medibles e 230 indicadores.
Cando falamos de dixitalización referímonos ao proceso de converter a información a un formato dixital, de maneira que esta se poida almacenar, recuperar e transmitir a través de dispositivos electrónicos.
Desde xuño do 2023 Covadonga Toca Carus é Directora Xeral do IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica.
Xestionar o consentimento das cookies
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. A falta de consentimento ou a retirada do consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
Funcional
Siempre activo
O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun determinado servizo expresamente solicitado polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Márketing
O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.