Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos na Universidade de Vigo ou director xeral de Recursos Humanos no concello de Lugo. Na actualidade ocupa o posto de director da Área de Promoción e Proxectos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, na é técnico superior de xestión. Entre 1998 e 2005 presidiu a Coordinadora Galega de ONGDs. Na actualidade é membro do Consello Galego de Cooperación en calidade de experto independente. Ten publicado artigo en diferentes medios escritos, como A Nosa Terra, Vieiros, Praza Pública ou Galicia Confidencial e participado en diferentes libros colectivos en temáticas como a cooperación ao desenvolvemento ou as politicas de innovación.
Artigos de Martínez Rivas, Emilio Manuel

Armas para Ucraína
