20040727 sabah al mukhtar

Sadam Husein e a xustiza

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Mahmoud Ahmadinejad, clic para aumentar
Sabah al-Makhartar pensa que ningunha desas vagas acusacións ten sustento probatorio, nin sequera o caso Halabja. Pero iso, di, non vai impedir que Sadam sexa condenado a morte e, se así lle interesa aos ocupantes, executado. Como ben di, é EEUU quen decide o que se debe facer. Tiña razón Goering cando dixo que a xustiza é a dos vencedores. Ou sexa, que non é tal cousa
 

O presidente da Asociación de Avogados Árabes no Reino Unido, Sabah al-Makhartar, manifestou nunha entrevista que lle fixo a BBC que o xuízo a Sadam Husein é ilegal: as forzas de ocupación, de acordo co dereito internacional, non poden cambiar o sistema legal do ocupado.

Ademais, os representantes legais do acusado nin sequera tiveron acceso ao cliente, non saben en propiedade de que se lle acusa, polo que non poden saber que estratexia deben seguir para defendelo. As imputacións que se lle veñen facendo son vagas e só dirixidas á prensa. E fanse conforme a leis retroactivas en contra do acusado. Un xuízo mediático, ao cabo.

Sabah al-Makhartar pensa que ningunha desas vagas acusacións ten sustento probatorio, nin sequera o caso Halabja. Pero iso, di, non vai impedir que Sadam sexa condenado a morte e, se así lle interesa aos ocupantes, executado. Como ben di, é EEUU quen decide o que se debe facer. Tiña razón Goering cando dixo que a xustiza é a dos vencedores. Ou sexa, que non é tal cousa.