Paradiplomacia : Liña de investigación

A Liña de Investigación en Paradiplomacia do IGADI achégase desde 1991 ao proceso mundial e acelerado de participación nas relacións internacionais tanto de institucións subestatais (cidades, rexións, provincias…) como de actores non estatais (ongd, empresas, movementos cívicos…).

Daremos seguimento e análise ás distintas expresións da paradiplomacia mundial, un fenómeno en expansión desde hai décadas pero aínda recente e cun marco teórico e operativo en desenvolvemento. Desta maneira achegarémonos tanto a procesos globais como a procesos concretos de internacionalización política e cidadá, nutríndonos da experiencia histórica do IGADI na materia, atendendo así tanto ás expresións públicas como privadas do mesmo.

Cómpre subliñar que o IGADI tense caracterizado desde a súa fundación no 1991 por ter un papel activo e dinamizador da propia paradiplomacia e acción exterior de Galicia motivo polo que actualmente fai parte como entidade experta do Consello de Acción Exterior da Xunta de Galicia.

Coordina: Christoph Schreinmoser

maraton 2026 informe

Dispoñible o 3º informe do Maratón de Galeguidades: O asociacionismo galego no exterior leva maís de dous séculos vivo e innovando arredor dos 5 continentes

Celebrado na súa terceira edición o 24 de xullo de 2026, na véspera do Día Nacional de Galicia, o Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña seguiu a crear unha experiencia pioneira de diplomacia pública, dixital e cidadá, que actualiza as políticas públicas que vinculan a Galicia coa súa diáspora. O Maratón de Galeguidades completou así o seu primeiro trienio, desenvolvendo a proposta orixinal de facer do Maratón un acontecemento para mudar o fluxo da normalidade da Acción Exterior de Galicia, actualizando a ollada ao fenómeno das emigración galega e ao seu asociacionismo arredor do globo no mundo dixital do segundo cuarto do S.XXI.

Dispoñible o 3º informe do Maratón de Galeguidades: O asociacionismo galego no exterior leva maís de dous séculos vivo e innovando arredor dos 5 continentes Ler máis »

Na fotografía, Ramón Villares, presidente do CCG da altura, con Nélida Piñón e Xulio Ríos, na altura coordinador da Comisión de Acción Exterior. Foto: 2013

A cultura galega e o imperativo dunha acción exterior

Nun mundo marcado pola aceleración tecnolóxica, a competencia xeopolítica e a crecente concentración do poder cultural en poucas plataformas globais, a internacionalización dunha cultura como a galega deixou de ser unha aspiración para converterse nunha necesidade estratéxica. A acción exterior non constitúe un complemento das políticas culturais pois, en realidade, é unha das condicións da súa propia viabilidade.

A cultura galega e o imperativo dunha acción exterior Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
ue glocal 3 futuro

O Futuro da Unión Europea Glocal: Finalizamos a 3ª edición

A UE desde unha perspectiva glocal é un espazo de referencia para reflexionar sobre a interacción entre o ámbito local e o escenario internacional da UE, un proxecto único na súa especie. Segundo o dicionario de Oxford, glocal defínese como aquel ‘que fai referencia tanto a factores globais como locais ou que reúne características de ambas realidades’.

O Futuro da Unión Europea Glocal: Finalizamos a 3ª edición Ler máis »

O último libro de Xulio Ríos foi publicado por Txalaparta o pasado 2 de setembro. Podes conseguilo en www.txalaparta.eus

Que pode aprender Galicia da modernización chinesa?

Son moitas as distancias que separan Galicia de China: de escala, históricas, culturais, demográficas, económicas ou sistémicas. Comparar unha comunidade autónoma europea de pouco máis de dous millóns e medio de habitantes coa segunda economía mundial podería parecer, por iso mesmo, un exercicio pouco razoable. E, tampouco se trata agora de propoñer para Galicia unha traslación do modelo político ou institucional chinés.

Que pode aprender Galicia da modernización chinesa? Ler máis »

Logotipo do IGADI (versión azul)

35 anos pensando o mundo desde Galicia

O IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) cumpre 35 anos. É un longo percorrido no que ten acreditado a súa condición de think tank especializado na análise internacional e na proxección exterior de Galicia. Tres décadas e media dedicadas a observar, interpretar e explicar as transformacións do mundo, pero tamén a defender esa idea que segue a ser plenamente actual de que Galicia necesita instrumentos propios para pensar o mundo e para pensarse a si mesma no mundo.

35 anos pensando o mundo desde Galicia Ler máis »

Mercosur UE 2

Un tratado partido en dous: O acordo UE-Mercosur visto dende Galicia

O pasado 1 de maio de 2026 comezouse a aplicar o Acordo Interino de Comercio entre a Unión Europea e o Mercosur despois de máis de vinte e cinco anos de negociacións. A parte comercial do acordo xa opera mentres o Acordo de Asociación, que inclúe tarefas como o diálogo político e a cooperación agarda aínda co visto bo por parte da Eurocámara a cal ten aínda vinte e sete ratificacións nacionais. Namentres Galicia sigue pendente dun mercado do cal vende pouco e teme moito do que chega del.

Un tratado partido en dous: O acordo UE-Mercosur visto dende Galicia Ler máis »

as voces da auga

China no imaxinario literario galego contemporáneo

A presenza de China na literatura galega contemporánea é, en termos cuantitativos, modesta, pero resulta reveladora desde unha perspectiva cualitativa. Ao contrario do que acontece noutras tradicións literarias europeas, onde China foi construíndo un espazo propio no imaxinario literario desde o século XIX, a literatura galega apenas lle dedicou unha atención sostida. Cando aparece, faino adoito como espazo de alteridade, como escenario dunha experiencia viaxeira, como metáfora dunha transformación global ou, máis recentemente, como interlocutor dunha Galicia cada vez máis consciente da súa inserción internacional.

China no imaxinario literario galego contemporáneo Ler máis »