Proxectos

A historia do IGADI caracterízase por empregar as súas capacidades como comunidade de coñecemento para impulsar proxectos e iniciativas concretas, de distinta escala, en liña cos seus obxectivos fundacionais. Destaca a creación de redes organizativas e operativas coma o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no 1997, a Fundación Plácido Castro no 2000, o Observatorio da Política China no 2004 ou o Observatorio Galego da Lusofonía no 2009. No 2023 naceu o Observatorio das Diásporas.

Alén destas plataformas, forman tamén parte da historia do IGADI ducias de iniciativas concretas, impulsados en solitario ou en colaboración con outras entidades e institucións. Neste espazo daremos información regular dos novos proxectos...


  • Conectar a Deputación de Pontevedra coa acción exterior de Galicia (2022)

    A web lusofonias.hub.gal recolle o conxunto de actividades e recursos que produce o Convenio Deputación de Pontevedra-IGADI 2022 “Conectar a Deputación de Pontevedra coa acción exterior de Galicia”. 
    lusofonias
  • II Congresso de Ação Humanitaria e Cooperaçao para o Desenvolvimento (2022)

    O II CIAHCD achegouse (xuño 2022) desde un enfoque transversal en ciencias sociais ao fenómeno da cooperación internacional e a acción humanitaria no S.XXI. Contamos con representantes de distintas disciplinas, como xuristas, politólogos, economistas, sociólogos, xornalistas, así como representantes políticos, activistas polos Dereitos Humanos ou representantes do mundo da cultura. Podes ver aquí a nova e o programa completo do mesmo.
    ciah
  • A Coruña no mundo global do S.XXI (2019-2022)

    acoruna.hub.gal nace no ano 2020, froito do traballo conxunto entre o Concello da Coruña e o IGADI desde o 2018 para mellorar a proxección e imaxe internacional da cidade. No 2022 traballamos na creación dun Mapa físico e online da Coruña coma cidade global, así como na 2ª edición das Xornadas “A Coruña no mundo global do S.XXI” que se celebrarán o 23, 24 e 25 de novembro, no Centro Universitario de Riazor da Universidade da Coruña en horario de tardes.
    acorunhaglobal
  • O Xacobeo e a Ruta da Seda: Camiños de diálogo Oriente-Occiedente (2019-2022)

    O proxecto “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” naceu da premisa inicial de que o diálogo entre o Camiño de Santiago e a Ruta da Seda deberá ser parte integrante e substancial do diálogo Europa-China no marco da Axenda 2030.
    igadi o xacobeo 2021 e a ruta da seda caminos para o dialogo oriente occidente final
  • III Congresos de Estudos Internacionais 2019: Galicia e a lusofonía diante dos desafios globais

    O III Congreso de Estudios Internacionales de Galicia, Galicia e a lusofonía diante dos desafíos globais, celebrouse no Salón de Actos, Facultade de Ciencias Sociales e da Comunicación, no Campus de Pontevedra (A Xunqueira) da Universidade de Vigo. O Congreso foi un foro de debate cívico e académico arredor da participación de Galicia neste espazo internacional, desde posicións construtivas, inclusivas e pro-activas no contexto do quinto aniversario da aprobación da Lei Paz Andrade. Podes ver todas as intervencións nesta ligazón
    congresolusofonia 1
  • II Congresos de Estudos Internacionais  2018: Repensar Europa desde aquí

    O II Congreso de Estudios Internacionales de Galicia, Repensar Europa desde aquí, celebrouse no Salón de Actos, Facultade de Ciencias Sociales e da Comunicación, no Campus de Pontevedra (A Xunqueira) da Universidade de Vigo. Podes ver todas as intervencións nesta ligazón
    congreso estudos internacionais galicia 2017 714x264px
  • I Congresos de Estudos Internacionais  2017: Unha autonomía no mundo

    O I Congreso de Estudios Internacionales de Galicia, Unha autonomía no mundo, celebrouse no Salón de Actos, Facultadde Ciencias Sociales e de la Comunicación, no Campus de Pontevedra (A Xunqueira) da Universidade de Vigo.
    congreso estudos internacionais galicia a
  • Cooperación Expandida (2017)

    Unha nova forma de cooperar, aquí e agora... No ano 2017 financiouno o Concello da Coruña.
    cooperacionexpandida
  • Arredalia (2012)

    Arredalia é un grupo de antigos alumnos en prácticas no IGADI de diferentes países do mundo.
    Arredalia - Rede de antigos alumnos de prácticas
  • Observatório Galego da Lusofonia (Ogalus) (2008)

    O Ogalus constitui uma iniciativa do IGADI cuja missão essencial consiste em manter uma atenção constante aos países e regiões de língua oficial portuguesa(1), visando provomer o maior aproveitamento possível da afinidade linguística que a Galiza tem com estes territórios.
    OGALUS: Observatorio Galego da lusofonía
  • Foros Bilaterais (2002-2005)

    A iniciativa dos Foros Bilaterais dirixiuse a Valencia e Caracas, en Venezuela; Bahía e Sao Paulo, en Brasil; e a México DF , impulsando a creación de espacios de comunicación plurais, a nivel micro, pero que pola relevancia dos seus integrantes aseguraron unha repercusión importante en diferentes colectivos.
    foro galicia mexico600
  • Observatorio da Política Chinesa (2004)

    O OPCh é un grupo de traballo de estudo e análise, sen personalidade xurídica propia, e cunha dependencia funcional compartida entre Igadi e Casa Asia. O obxecto do Observatorio é a análise e, no seu caso, a xeración de propostas en relación ás reformas legais e o Estado de dereito, unificación, evolución política xeral, dereitos humanos e política exteiror de China.
    Observatorio de Política China
  • Rede Orbalia (2006)

    O IGADI e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia promoven a creación dunha Rede Galega de Xornalistas para a Información Internacional, entre outros obxectivos, para dar maior visibilidade nos medios de comunicación á información e análise internacional e a centrala nos intereses exteriores galegos.
    orbalia 800
  • Fundación Plácido Castro (2001)

    O IGADI promoveu en 2001 a creación da Fundación Plácido Castro na que tamén participan os concellos de Cambados, Corcubión, Vilagarcía de Arousa e a Asociación de Tradutores Galegos.
    images expofotobiografica coa pipa600
  • Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (1997)

    O IGADI promoveu nos anos 90 a creación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
    Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade