As Liñas de Investigación permean a misión, os contido e a propia organización do IGADI e isto proxéctase en todas as nosas actividades. Nos nosos 31 primeiros anos de vida (1991-2023) o IGADI xerou máis de 2.500 artigos na súa web.
As Liñas de investigación e análise do IGADI dinamizan traballos, publicacións e proxectos de medio e longo prazo, sen deixar de abordar regularmente a actualidade, razón pola cal historicamente temos unha relación permanente cos medios.
Para unha mellor clasificación e localización dos materiais que producimos podes achegarte a eles por medios das nosas Liñas de Investigación ou por unha aproximación xeográfica aos nosos contidos, que reflicte todo o arquivo na web desde 1996 ata agora mesmo.
Liñas de investigación 7348
Apartados xeográficos 7348
- ARQUIVO 4322
- China e o mundo chinés 1884
- Latinoamérica 1055
- Europa 897
- Outros 709
- Oriente Medio 559
- Estados Unidos 448
- Acción exterior de Galicia 399
- Asia 368
- África 316
- Rusia 220
- Balcáns 164
- Península Coreana 118
- Nacionalismos 101
- Cooperación ao desenvolvemento 46
Relacións Internacionais 831
A análise e prospectiva das relacións internacionais e a xeopolítica é un dos signos de identidade do IGADI desde o seu nacemento no 1991. Desde unha visión plural e inclusiva a Liña de Investigación aspira a dar seguimento, análise e información regular da sociedade internacional, priorizándoa sobre a opinión, construíndo pensamento estratéxico internacional galego.
Paradiplomacia 415
A Liña de Investigación en Paradiplomacia do IGADI achégase desde 1991 ao proceso mundial e acelerado de participación nas relacións internacionais tanto de institucións subestatais (cidades, rexións, provincias…) como de actores non estatais (ongd, empresas, movementos cívicos…).
Daremos seguimento e análise ás distintas expresións da paradiplomacia mundial, un fenómeno en expansión desde hai décadas pero aínda recente e cun marco teórico e operativo en desenvolvemento. Desta maneira achegarémonos tanto a procesos globais como a procesos concretos de internacionalización política e cidadá, nutríndonos da experiencia histórica do IGADI na materia, atendendo así tanto ás expresións públicas como privadas do mesmo.
Cómpre subliñar que o IGADI tense caracterizado desde a súa fundación no 1991 por ter un papel activo e dinamizador da propia paradiplomacia e acción exterior de Galicia motivo polo que actualmente fai parte como entidade experta do Consello de Acción Exterior da Xunta de Galicia.
Observatorio Galego da Lusofonía 176
OGALUS – Observatório Galego da Lusofonía é uma iniciativa do IGADI desde 2008 que tem como missão essencial manter uma atenção constante aos países e regiões de língua oficial portuguesa, de forma a promover o maior aproveitamento possível da afinidade linguística que a Galiza tem com estes territórios, além das sinergias nos diversos setores e os reflexos da lei Valentín Paz Andrade e a recente adesão da Espanha à CPLP.
Coordenador: Daniel González Palau
Observatorio de la Política China 172
- O OPCh é un grupo de traballo de estudo e análise, sen personalidade xurídica propia, e cunha dependencia funcional compartida entre IGADI e Casa Asia.
- O obxecto do Observatorio é a análise e, no seu caso, a xeración de propostas en relación ás reformas legais e o Estado de dereito, unificación, evolución política xeral, dereitos humanos e política exteiror de China.
- www.politica-china.com
- Directora: Raquel I. León de la Rosa
- Directora Adxunta: Marola Padín
Cooperación Internacional e Axenda 2030 154
Como Liña de Investigación aproximámonos á Cooperación Internacional desde a historia e os fundamentos do sistema internacional deseñado por Nacións Unidas trala Declaración de Dereitos Humanos do ano 1948, así como polas novas dinámicas desenvolvidas nas últimas décadas e que cristalizan no operativo na actual Axenda 2030.
Desde a evolución histórica da Cooperación para o desenvolvemento aproximarémonos a procesos globais e particulares de cooperación internacional impulsadas desde organizacións internacionais, Estados, rexións ou cidades, así como axentes non estatais, onde as ONGD´s teñen un papel protagonista, aínda que tamén fundacións e empresas no marco da Responsabilidade Social Corporativa.
Cómpre significar que no marco das tres décadas de traxectoria do IGADI a reflexión arredor da Cooperación Internacional é unha constante, que precipitou éxitos operativos como a creación e dinamización do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 1997 e o 2020.
Economía 70
Galicia como suxeito económico precisaría reformular a súa estratexia no ámbito económico internacional co fin de facer fronte aos retos que se aveciñan. É por iso que desde o IGADI se crea a presente Liña de Investigación en Economía, unha liña que teño a responsabilidade e o pracer coordinar e que pretende reflexionar a través das achegas de diferentes autores de referencia sobre a actividade económica galega en relación co mundo e viceversa.
Coordina: Diego Sande Veiga
Observatorio das Diásporas 62
Ao longo das tres décadas de historia do IGADI, a cuestión migratoria estivo sempre presente, dende a reflexión sobre as migracións como fenómeno universal, ata a análise histórica dos movementos de poboación e da identidade de Galicia no exterior. A diáspora ten un rol específico e crítico nas políticas de acción exterior de Galicia por construír.
Unión Europea 55
A Unión Europea ten un impacto directo na autonomía galega desde a Adhesión en 1986. A maioría das políticas públicas e lexislación de competencia autonómica (medio ambiente, contratación pública, pesca e agricultura, transportes, etc.) teñen a súa orixe na lexislación comunitaria. A UE é tamén a principal fonte de fondos de investimento da autonomía galega: desde a entrada nas comunidades europeas, Galicia ten sido o quinto maior receptor de Fondos Estruturais, totalizando o equivalente a un orzamento e medio da Xunta de Galicia.
A Liña de Investigación en Unión Europea do IGADI ten por tanto un carácter interdisciplinario e complementario coas liñas de investigación de paradiplomacia e economía. Igualmente se ben prioriza unha perspectiva galega no proceso de integración europea, acollerá tamén aportacións sobre este tema desde outros territorios e perspectivas.