Noticias

As novas dan conta das actividades máis destacadas do IGADI, como o lanzamentos das nosas publicacións, o inicio dalgún proxecto, a participación nalgunha actividade concreta, etc.

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26

A 19º edición do anuario de relacións internacionais e política global do IGADI, perfila as principais dinámicas da sociedade internacional durante o 2025 así como as perspectivas dos acontecementos en curso no 2026. Marcado pola Presidencia do Donald Trump 2.0 e a erosión total do sistema de normas occidentais polo seu arquitecto principal, os Estados Unidos de América, a gobernanza global profundiza na inestabilidade.

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26 Ler máis »

IGADI La Politica Exterior Feminista y el Pacto del Futuro Pagina 01 600x412 1

Dispoñible en portugués e castelán o 2º Informe sobre a Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro 2026

O Informe conta coa participación de investigadoras como Manuela Mesa, de CEIPAZ, Inés Arco do CIDOB ou María Solanas do Real Instituto Elcano, así como unhas conclusións finais arredor da pregunta que sustenta todo o Informe: Como articular a PEF nun contexto de crise do sistema multilateral e auxe de olas reaccionarias?

Dispoñible en portugués e castelán o 2º Informe sobre a Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro 2026 Ler máis »

Pensalo2Veces

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (1991-2026) manifesta a súa preocupación ante a negativa expresada pola Xunta de Galicia a contar cunha representación propia no seo da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) e ONU Turismo, nun contexto no que o Goberno de España está a traballar para facilitar a presenza de Euskadi e Cataluña nestas institucións internacionais.

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo Ler máis »

foro esp chn 2024 6

Comeza o proxecto “España-China: Asociación Estratéxica para o Coñecemento Mutuo”

O IGADI pon en marcha unha iniciativa de investigación, divulgación e diplomacia pública arredor da Asociación Estratéxica Integral entre España e China. O proxecto realízase grazas ao financiamento da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais, no marco da convocatoria de proxectos 2025 de Prioridades da Política Exterior Española.

Comeza o proxecto “España-China: Asociación Estratéxica para o Coñecemento Mutuo” Ler máis »

temex51capa

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global

O novo número da publicación académica do IGADI foi coordenado por Camelia Tigau, investigadora do Centro de Investigacións sobre América do Norte, da Universidad Nacional Autónoma de México. O número 51 continúa os avances do portal Open Journal System do Tempo Exterior, que renovou a súa imaxe gráfica no ano 2025, coincidindo co número 50 da publicación histórica do IGADI.

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global Ler máis »

2025, Ano Castelao: Río da Prata, quilómetro cero

O IGADI abre 2026 pechando o seu Especial do Ano Castelao: Publicación extraordinaria e programa na IGADI TV o 7 de xaneiro

A publicación “2025, Ano Castelao, Río da Prata quilómetro Cero” reúne as entrevistas, análises e artigos publicados polo Observatorio das Diásporas do IGADI nos últimos 12 meses, para dar voz a Galicia exterior na conexión coa figura de Castelao. O especial foi coordenado desde Buenos Aires, pola xornalista e investigadora asociada do IGADI, Paula Sabajanes.

O IGADI abre 2026 pechando o seu Especial do Ano Castelao: Publicación extraordinaria e programa na IGADI TV o 7 de xaneiro Ler máis »