Economía : Liña de investigación

Galicia como suxeito económico precisaría reformular a súa estratexia no ámbito económico internacional co fin de facer fronte aos retos que se aveciñan. É por iso que desde o IGADI se crea a presente Liña de Investigación en Economía, unha liña que teño a responsabilidade e o pracer coordinar e que pretende reflexionar a través das achegas de diferentes autores de referencia sobre a actividade económica galega en relación co mundo e viceversa.
Coordina: Diego Sande Veiga

dolar

A tiranía do dólar e o papel do petroyuan

Os Estados Unidos son o suposto paradigma de defensa do libre comercio. Ou cando menos iso é o que trataron de vender ao mundo durante décadas. Un instrumento central dese librecambismo é o dólar, cuxo libre emprego está en constante contradición.

A tiranía do dólar e o papel do petroyuan Ler máis »

Mercosur UE 2

Un tratado partido en dous: O acordo UE-Mercosur visto dende Galicia

O pasado 1 de maio de 2026 comezouse a aplicar o Acordo Interino de Comercio entre a Unión Europea e o Mercosur despois de máis de vinte e cinco anos de negociacións. A parte comercial do acordo xa opera mentres o Acordo de Asociación, que inclúe tarefas como o diálogo político e a cooperación agarda aínda co visto bo por parte da Eurocámara a cal ten aínda vinte e sete ratificacións nacionais. Namentres Galicia sigue pendente dun mercado do cal vende pouco e teme moito do que chega del.

Un tratado partido en dous: O acordo UE-Mercosur visto dende Galicia Ler máis »

Hands giving and receiving Indonesian rupiah in an envelope, symbolizing financial transaction.

Canto custa socialmente a corrupción?

Despois da vivenda, as enquisas sitúan á corrupción como segundo dos grandes problemas do noso país. Mais, que se entende por corrupción? A RAE define o termo como a práctica consistente na utilización indebida ou ilícita das funcións dunha organización -pública ou privada- en proveito dos seus xestores. A esta achega, a RAG engade algúns sinónimos como descomposición, gangrena ou depravación. Se facemos a consulta do termo nos motores de procura máis empregados, os algoritmos acaban por ofrecer unha definición certamente intelixible -desviación de poder que procura obter beneficios persoais, afectando gravemente ás institucións e á cidadanía- mais que obvia deliberadamente calquera alusión explícita ao sector privado. Será que o algoritmo creado por grandes magnates tecnolóxicos transmite indirectamente que o fin xustifica os medios cando se trata de enriquecemento privado? En todo caso, sempre poderán trasladar a responsabilidade, por acción ou omisión, ao sector público.

Canto custa socialmente a corrupción? Ler máis »

Liñas de investigación Economía
Robotic arms in action within a modern industrial control room setting, showcasing technology and production.

Innovar, en que?

O verbo innovar é con frecuencia empregado como palabra comodín con certa lixeireza para referir calquera tipo de cambio, mellora, ou emprego da tecnoloxía, perdendo con isto a precisión do seu significado. Así, este verbo e as súas derivadas, coma o substantivo innovación ou o adxectivo innovador, son habitualmente repetidos en discursos, plans de empresa e de organismos públicos, no ámbito académico e, incluso, como atributos persoais, sen aportar un valor real ou medible ao discurso.

Innovar, en que? Ler máis »

Liñas de investigación Economía
IGADI - Tempo Exterior nº52

O Tempo Exterior 52 pecha a etapa de Celso Cancela na dirección da revista e abre unha nova xeira con Diego Sande

O número 52 de Tempo Exterior, a revista académica do IGADI, presenta un monográfico dedicado á Economía Internacional e un artigo de miscelánea sobre a regulación europea da intelixencia artificial. O volume reivindica a importancia de coñecer a realidade económica doutros actores internacionais para comprender mellor as dinámicas globais contemporáneas.

O Tempo Exterior 52 pecha a etapa de Celso Cancela na dirección da revista e abre unha nova xeira con Diego Sande Ler máis »

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable: a visión empresarial

A acción exterior de Galicia atópase nun momento decisivo. Nun contexto internacional caracterizado por inestabilidade xeopolítica, fragmentación de mercados e redefinición das regras do comercio global, a proxección exterior non é unha opción estratéxica, senón unha necesidade estrutural. Dende a perspectiva da Confederación de Empresarios de Galicia, cómpre realizar unha análise rigorosa do seu estado actual, identificar potencialidades e definir con claridade as liñas de mellora que permitan reforzar o seu impacto.

Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable: a visión empresarial Ler máis »

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX 2025-2029): Avances, límites e retos para un contexto internacional complexo

A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) 2025-2029 constitúe un paso relevante na consolidación da acción exterior como política pública estruturada en Galicia. O presente artigo ofrece unha análise crítica da EGAEX, destacando aspectos positivos e limitacións en concreción estratéxica, capacidade executiva e adaptación ao novo contexto da economía internacional.

A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX 2025-2029): Avances, límites e retos para un contexto internacional complexo Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Nun contexto internacional marcado pola fragmentación xeopolítica, a crise do multilateralismo clásico e o aumento das tensións entre grandes potencias, as dinámicas da acción internacional están a experimentar profundas transformacións. A redefinición da orde internacional liberal, a crecente competencia estratéxica entre Estados Unidos e China ou a emerxencia de novos espazos de rivalidade económica, tecnolóxica e política están configurando un escenario crecentemente complexo e inestable. Neste marco, rexións, cidades, universidades, redes transnacionais ou comunidades culturais e lingüísticas poden desempeñar un papel crecente como actores complementarios das políticas exteriores tradicionais dos Estados.

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable Ler máis »

gmc, gmc pd4501, greyhound, america, collect, leisure time, hobby, modelling, model cars, transports, traffic, buses, antique car, greyhound, greyhound, greyhound, greyhound, greyhound, buses, buses

Monopolios, concentración sectorial e precariedade

O transporte en tren é fundamental a nivel estatal, e en Galicia vertebra o Eixo Atlántico, iso si, en agarda da unión en condicións co Norte de Portugal, que demora hai décadas polo centralismo de Madrid e Lisboa. Pero se hai un transporte que é relevante hoxe en día en Galicia a nivel de vertebración do territorio por causa do espallamento de núcleos de poboación, ese é o autobús, especialmente en ausencia dunha rede funcional de proximidade ferroviaria. Ata hai relativamente poucos anos, o sector do transporte en autobús estaba caracterizado por ser un sector moi atomizado, o que permitía conectar parte dos núcleos rurais con certa independencia respecto doutros traxectos interurbanos. Ademais, o modelo de pequenas empresas permitía fixar poboación e crear valor noutras localidades diferentes das cidades, certo que ás veces a custo de perder certa eficiencia económica. Mais nos últimos anos foise producindo no sector do transporte en autobús unha concentración do mercado pola vía de transmisións de titularidades, compras ou fusións, que foron expulsando do mercado ás empresas pequenas e medianas. Ademais, as licitacións e conformacións de unións temporais de empresas foron favorecendo estas dinámicas.

Monopolios, concentración sectorial e precariedade Ler máis »

Liñas de investigación Economía