Revista Tempo exterior

Revista Tempo Exterior

Con 25 anos de andaina, a revista semestral do IGADI, Tempo Exterior, é un punto de referencia dos estudos internacionais en Galicia. A revista caracterízase por unha historia e enfoque plural, tematicamente conectado ás liñas de investigación principais do IGADI, contando na súa historia coa colaboración de centenares de especialistas de recoñecido prestixio, tanto a nivel galego coma internacional.


Tempo Exterior é a única revista de carácter científico e temática internacional editada nunha das linguas cooficiais do Estado, o galego. A súa difusión espállase por España, ademais de a Portugal e a unha ducia de países de América Latina, en boa medida grazas á presenza da diáspora galega e á composición do Consello Científico da revista. Á súa vez, o Tempo Exterior mantén acordos de intercambio con numerosas universidades e centros de estudo de todo o mundo. 

Tras máis de dúas décadas de Xulio Ríos, fundador e Presidente de Honra do IGADI, coma director do Tempo Exterior, no 2020 iniciouse unha nova etapa. Daniel González Palau (Director do IGADI), dinamizou a renovación do Consello de Redacción, coa participación de 7 investigadores de 7 grupos de investigación da universidade galega, e a designación dun novo director, Celso Cancela, profesor da Universidade de Vigo. Tamén durante o 2019 e o 2020 actualizouse o Consello Científico da revista, contando con 25 investigadoras, de Europa, as Américas e China.

Que dixeron do Tempo Exterior?

Celebración do 25 aniversario do IGADI (2017)

A túa achega é fundamental
para o IGADI do presente e do futuro

Tes algo que preguntarnos?
tempoexterior@igadi.gal

Hemeroteca do Tempo Exterior (1997-2000-2022)

A revista, que comezou sendo no 1997 un boletín de novas e reflexións arredor do IGADI e o mundo actual evoluíu cara un formato académico, primeiramente coa segunda etapa, encabezada pro Xulio Ríos, entre o ano 2000 e o 2020, ano desde o que Celso Cancela acolleu a dirección da terceira etapa da revista.

Para o ano 2022 e os números 45 e 46, o equipo da revista lanzou un Call for papers aberto ata o 30 de novembro do 2022. Para calquera dúbida podes contactar con  tempoexterior@igadi.gal

O TE pódese reproducir citando fontes e autoría.

Números publicados