30 aniversario do IGADI

Quen somos

Ideas e ideais para ser nós no Mundo

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é un think tank independente e unha asociación de estudos internacionais que nace en 1991 cun dobre propósito fundacional:

  • reflexionar sobre os problemas e tendencias da sociedade internacional contemporánea e
  • pular por unha maior inserción de Galicia no mundo a todos os niveis.
1
galeria 1991 2022 20

O IGADI é unha comunidade de coñecemento que desempeña o seu labor cunha vocación de servizo público, desde unha actividade plural, que aposta por asentarse como un espazo de encontro, onde todas as sensibilidades e disciplinas poidan desenvolverse e conversar de forma leal e cómplice en liña coa nosa misión fundacional. 

O IGADI conseguiu definir un perfil propio nunha traxectoria de 30 anos con distintos resultados e proxectos que deben ser salientados, como a definición do primeiro Libro Branco da Acción Exterior de Galicia, a revista Tempo Exterior, os informes anuais de política internacional e acción exterior de Galicia, o Observatorio de la Política China ou o Observatorio Galego da Lusofonía, a Fundación Plácido Castro e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

galeria 1991 2022 caex
galeria 1991 2022 2.30N

O IGADI é continuador da tradición universalista e fondamente humanista do galeguismo histórico, polo que promove un sistema internacional baseado nos principios de Nacións Unidas, no que prime a cooperación e a colaboración sobre a confrontación e o conflito. A sociedade galega e internacional ten no IGADI unha entidade colaboradora das súas estratexias de acción exterior e proxección internacional en liña coa Axenda 2030.


  • Eixos de actividade

    Historicamente a nosa actividade desenvólvese en 4 ámbitos preferentes:Liñas de Investigación e análiseÁs Liñas de Investigación permean a misión, os contido e a propia organización do IGADI, proxectándose en todas as nosas actividades. Ás nosas liñas tradicionais de análise: Relacións Internacionais e Xeopolítica, Paradiplomacia, e Cooperación Internacional, conectáronse á creación do Observatorio de la Política China (2004) e ao Observatorio Galego da Lusofonía (2009), coma espazos xeográficos estratéxicos.A nosa traxectoria entre o 1991 e o 2023 permitiu consolidar ao Igadi como un espazo consistente e orixinal no contexto europeo en relación á súa natureza como think tank e asociación de estudos internacionais. Desde xaneiro de 2023 activamos as Liñas de investigación en Unión Europea, Economía e o Observatorio das Diásporas.A especialización xeográfica desde Europa, conectado ao mundo chinés e asiático, ao espazo lusófono ou latinoamericano, xeran unha comunidade mundial de coñecemento plural con capacidades moi diversificadas e unha potencialidade de proxección nos cinco continentes.As análises fornecidas polo IGADI aspiran a desempeñar un papel útil na toma de decisións e a significar un nivel de especialización internacionalmente recoñecido nos eidos preferentes de investigación. A tal efecto, presta especial atención á interacción co mundo académico e universitario e máis alá, participando e asociándose ás institucións, as empresas, aos axentes culturais e de cooperación internacional...A web e as publicaciónsO IGADI caracterízase por nacer no final da Guerra Fría e a explosión da Sociedade da Información. Desta maneira desde 1994 contou cun espazo web propio, de seguimento e análise das nosas liñas de investigación temáticas e xeográficas de investigación principal, colaborando con institucións, medios de comunicación, empresas, ongd´s...Ademais as nosas publicacións físicas promoveron un marco teórico en galego para as relacións internacionais como disciplina, especificamente arredor da paradiplomacia galega. Destaca Tempo Exterior, a revista académica e semestral do Igadi, creada en 1997 e refundada no ano 2000, que conta cun amplo Consello de Redacción e Científico, ligado a universidades galegas e internacionais. Tamén os nosos informes anuais, o IGADI Annual Report ou o Nós No Mundo, así como a colección de monográficos Texturas Internacionais ou ducias de publicacións extraordinarias.Os proxectos e a xestión: as matrioskas do IgadiA historia do IGADI caracterízase por empregar as súas capacidades como comunidade de coñecemento, para impulsar proxectos e iniciativas concretas, de distinta escala, en liña cos seus obxectivos fundacionais. Destacamos algunhas das iniciativas impulsadas nestes 30 anos:O IGADI promoveu a creación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (1997), unha asociación na que participan máis dun cento de administracións locais galegas, que poñen en común as súas accións de cooperación ao desenvolvemento. Desde o ano 2020 o IGADI deixou de exercer a súa Secretaría, mantendo igualmente unha liña de colaboración permanente.A creación e impulso da Fundación Plácido Castro (2001), coa participación dos concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, ademais da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI), serve para reivindicar a obra e o pensamento dunha figura singular do galeguismo histórico. A Fundación organiza unha Conferencia Anual e un Premio de Tradución, entre outras actividades.O Observatorio de la Política China, OPCh (2005), é un proxecto promovido polo IGADI que conta co apoio de Casa Asia. O seu obxectivo é efectuar un seguimento permanente da evolución política no mundo chinés prestando atención ao seu sistema político e legal, a política exterior, Taiwán, as nacionalidades minoritarias, os dereitos humanos, ou a seguridade e defensa. O IGADI tamén promoveu e xestiona a Rede Iberoamericana de Sinoloxía (RIBSI) na que participan máis de vinte especialistas dunha ducia de países. O OPCh publica o Informe Anual de la Política China e organiza o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China.O Observatorio Galego da Lusofonía, OGALUS (2009), pon o acento na lingua ao promover o seguimento analítico da actualidade xeral dos países integrantes da lusofonía xerando propostas de sensibilización e dinamización da cooperación galego-lusófona a todos os niveis.Tamén forman parte da historia do IGADI iniciativas como os Foros Bilaterais, impulsado cos países latinoamericanos da diáspora galega e iniciáticos na diplomacia económica da Autonomía; a Rede ORBALIA, de xornalistas que se interesan na información internacional (en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), a Rede Arredalia, formada polas ducias de persoas que pasaron de realizaron prácticas no IGADI, ou proxectos concretos como os faladoiros O Mundo Desde Aquí ou o proxecto Cooperación Expandida.DocumentaciónO Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea, CIDIC, único no seu xénero en Galicia, conta cunha hemeroteca especializada en relacións internacionais, así como cun arquivo histórico especializado arredor da internacionalización de Galicia. Actualmente o CIDIC atópase no Concello de Pontevedra, no Centro Cívico Sur.
  • Obxectivos e Instrumentos

    Os nosos obxectivosSer un centro de estudos de referencia global independente, para a análise en relacións internacionais, con aceptada vocación para tender pontes entre distintos continentes e tendencias políticas e socioculturais.Facilitar á nosa comunidade acceso ao seguimento, análise e coñecemento da realidade internacional, por medio de publicacións, materiais, cursos e outras actividades socioculturais.Converterse nun centro de estudos galego en relacións internacionais de referencia conectado á sociedade global, desde a orixinalidade das nosas liñas de investigación e os nosos obxectivos fundacionais, arredor dun mundo pacífico en liña con principios de Nacións Unidas e un desenvolvemento humano inclusivo.Participar como axente de diplomacia pública galega en proxectos concretos e sistemáticos para desenvolver un proceso plural para a internacionalización de Galicia en liña coa Axenda 2030. Continuar a ser unha entidade influente na definición, dinamización e coñecemento das políticas públicas de acción exterior de Galicia.Os nosos instrumentosAs nosas Liñas e redes de investigación consolidadas en áreas temáticas como Xeopolítica e Seguridade, Paradiplomacia e Acción exterior de Galicia e Cooperación internacional e temas emerxentes en relacións internacionais, así como en áreas xeográficas, como os estudos chineses, latinoamericanos e lusófonos.A web igadi.gal e as publicacións regulares, onde destaca o Tempo Exterior e os Informes anuais Igadi Annual Report e o Nós No Mundo, así como publicacións extraordinarias, como o Informe mundial de Estados de Feito no 2011 ou O Mundo Desde Aquí: A Pandemia da Covid-19.A realización de investigacións e proxectos estratéxicos en liña coa nosa misión fundacional, traxectoria histórica e liñas de investigación principais, que conectan a Galicia co mundo global, desde o mundo académico, xornalístico e a socieade civil nas súas distintas esferas.4. A promoción da acción exterior de Galicia, desde o know how dun espazo mediador e de coñecemento con trinta anos de traxectoria, de construción de alianzas, ligadas aos intereses de Galicia na sociedade internacional. A participación no Consello de Acción Exterior de Galicia (CAEX) e outras institucións ofrécenos a posibilidade dunha observación sistemática das nosas políticas públicas ou implica a necesidade dunha observación sistemática das nosas políticas públicas.
  • Arquivo histórico

  • Material gráfico

    LogotipoLogotipo do IGADI (pdf/vectorial)DescargaLogotipo do IGADI (png)DescargaLogotipo do IGADI (gif)DescargaVersión en cor brancaLogotipo do IGADI (versión branca) (pdf/vectorial)DescargaLogotipo do IGADI (versión branca)DescargaVersión en cor azulLogotipo do IGADI (versión azul) (pdf/vectorial)DescargaLogotipo do IGADI (versión azul)Descarga