Análises

As distintas Liñas de Investigación e análise producen artigos, publicacións, actividades e proxectos. Desde aquí podes coñecer toda a produción do IGADI. Nos nosos 31 primeiros anos de vida (1991-2022) o IGADI xerou máis de 6.000 artigos na súa web.

maraton 2026 informe

Dispoñible o 3º informe do Maratón de Galeguidades: O asociacionismo galego no exterior leva maís de dous séculos vivo e innovando arredor dos 5 continentes

Celebrado na súa terceira edición o 24 de xullo de 2026, na véspera do Día Nacional de Galicia, o Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña seguiu a crear unha experiencia pioneira de diplomacia pública, dixital e cidadá, que actualiza as políticas públicas que vinculan a Galicia coa súa diáspora. O Maratón de Galeguidades completou así o seu primeiro trienio, desenvolvendo a proposta orixinal de facer do Maratón un acontecemento para mudar o fluxo da normalidade da Acción Exterior de Galicia, actualizando a ollada ao fenómeno das emigración galega e ao seu asociacionismo arredor do globo no mundo dixital do segundo cuarto do S.XXI.

Dispoñible o 3º informe do Maratón de Galeguidades: O asociacionismo galego no exterior leva maís de dous séculos vivo e innovando arredor dos 5 continentes Ler máis »

Na fotografía, Ramón Villares, presidente do CCG da altura, con Nélida Piñón e Xulio Ríos, na altura coordinador da Comisión de Acción Exterior. Foto: 2013

A cultura galega e o imperativo dunha acción exterior

Nun mundo marcado pola aceleración tecnolóxica, a competencia xeopolítica e a crecente concentración do poder cultural en poucas plataformas globais, a internacionalización dunha cultura como a galega deixou de ser unha aspiración para converterse nunha necesidade estratéxica. A acción exterior non constitúe un complemento das políticas culturais pois, en realidade, é unha das condicións da súa propia viabilidade.

A cultura galega e o imperativo dunha acción exterior Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
«The Capture of Nixeria’s Kidnap Economy: How one terrorist group collected 90% of Nixeria’s ransom payments in a single year» SBM Intelligence. Infografía de elaboración propia do autor (IA Grok)

Influencia xihadista na «industria» do secuestro en Nixeria

Chibok, estado de Borno (Nixeria). 14 de abril de 2014. Un total de 276 estudantes foron secuestradas por integrantes do grupo xihadista Jamā’at Ahl ao-Sunnah li-l-Dá’wah wa-l-Jihād (Grupo Comprometido a Propagar os ensinos do Profeta e o Yihad-JAS) tamén coñecido pola expresión en hausa-fulani Boko Haram (A educación occidental é un pecado). Pouco despois da

Influencia xihadista na «industria» do secuestro en Nixeria Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos África
Kim Jong-un e Moon Jae-in, durante a Cimeira intercoreana de 2018 que deu lugar a Declaración de Panmunjom para a Paz, a Prosperidade e a Unificación da Península de Corea.

Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 4. Seul, Tokio e o dilema existencial ante o veciño nuclear

Nas entregas anteriores presentouse a Corea do Norte como un axente principal no escenario xeopolítico internacional, en especial ao poñer a mirada na rexión de Asia Oriental. Falouse da necesidade dos países de aceptar a característica fundamental nuclear do país. Esta aceptación, que parece perdurar na actualidade en casos como Rusia ou China, observado no

Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 4. Seul, Tokio e o dilema existencial ante o veciño nuclear Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Península Coreana
ue glocal 3 futuro

O Futuro da Unión Europea Glocal: Finalizamos a 3ª edición

A UE desde unha perspectiva glocal é un espazo de referencia para reflexionar sobre a interacción entre o ámbito local e o escenario internacional da UE, un proxecto único na súa especie. Segundo o dicionario de Oxford, glocal defínese como aquel ‘que fai referencia tanto a factores globais como locais ou que reúne características de ambas realidades’.

O Futuro da Unión Europea Glocal: Finalizamos a 3ª edición Ler máis »

O último libro de Xulio Ríos foi publicado por Txalaparta o pasado 2 de setembro. Podes conseguilo en www.txalaparta.eus

Que pode aprender Galicia da modernización chinesa?

Son moitas as distancias que separan Galicia de China: de escala, históricas, culturais, demográficas, económicas ou sistémicas. Comparar unha comunidade autónoma europea de pouco máis de dous millóns e medio de habitantes coa segunda economía mundial podería parecer, por iso mesmo, un exercicio pouco razoable. E, tampouco se trata agora de propoñer para Galicia unha traslación do modelo político ou institucional chinés.

Que pode aprender Galicia da modernización chinesa? Ler máis »

Imaxe sen dereitos de autor 4 1

O acordo dos BRICS en Nova Deli: A arquitectura antes que a moeda

O pasado 13 de setembro pechouse en Nova Deli a XVIII Cimeira dos BRICS, na cal se adoptou de maneira unánime a Declaración de Nova Deli, un texto de corenta e cinco páxinas que descende ao detalle operativo dos novos obxectivos do grupo. O documento destaca pola omisión de calquera referencia á creación dunha moeda común e pola elección do proceso máis lento da interoperabilidade entre as infraestruturas nacionais.

O acordo dos BRICS en Nova Deli: A arquitectura antes que a moeda Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Desfile na praza de Tiananmen para conmemorar o 80.º aniversario da capitulación do Xapón e o fin da Segunda Guerra Mundial (2025) Fonte: Wikimedia, President of Russia

Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 3. Xi, Kim e Putin, a nova competencia ruso-chinesa por Pyongyang

Cando se fala da influencia que Corea do Norte ten na xeopolítica, é inevitable pensar na súa capacidade nuclear e status que esta outorga. A percibida perigosidade do país levou durante a segunda crise da península coreana ás principais potencias mundiais á mesa de negociación co obxectivo de desnuclearizalo (1). Sen embargo, 23 anos despois, a influencia do goberno de Kim Jong Un vai máis alá das súas capacidades nucleares, co desenvolvemento de relacións máis convencionais.

Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 3. Xi, Kim e Putin, a nova competencia ruso-chinesa por Pyongyang Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
dolar

A tiranía do dólar e o papel do petroyuan

Os Estados Unidos son o suposto paradigma de defensa do libre comercio. Ou cando menos iso é o que trataron de vender ao mundo durante décadas. Un instrumento central dese librecambismo é o dólar, cuxo libre emprego está en constante contradición.

A tiranía do dólar e o papel do petroyuan Ler máis »

O último libro de Xulio Ríos foi publicado por Txalaparta o pasado 2 de setembro. Podes conseguilo en www.txalaparta.eus

A longa modernización chinesa

Moito se comenta ultimamente sobre os avances tecnolóxicos da China, xa nos refiramos á intelixencia artificial, á robótica, aos humanoides ou ás novas enerxías. Son, sen dúbida, unha evidencia do moito que ten avanzado o país en materia de modernización. Mais compre lembrar que esta transformación non é resultado apenas das últimas décadas de reformas, senón o episodio máis recente dunha procura moito máis longa.

A longa modernización chinesa Ler máis »

Apartados xeográficos China e o mundo chinés