foto

Mila Maldonado, Andrea del Carmen

Doutorada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Relacións Internacionais e Diplomacia e Licenciada en Estudos Internacionais. Investigadora en relacións internacionais, política exterior e migración.

Experiencia no sector público, privado e universitario. Traballou en varios Ministerios de América Latina nas áreas de relacións bilaterais e multilaterais, cooperación, cultura, educación e comunicación, con especial incidencia en América Latina e Europa do Leste. Actualmente é investigadora na área de Estudos e Análise da Fundación Carolina.


Artigos de Mila Maldonado, Andrea del Carmen

IGADI Annual Report 2022-2023: Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra

A onda progresista xera un cambio de aires para a integración latinoamericana

Liñas de investigación International Relations
Unha das interrogantes formuladas no Annual Report 2021-2022 foi a seguinte: «Nova onda progresista nas Américas?» O panorama latinoamericano actual parece dar resposta a esa pregunta de forma afirmativa. É así que, o ano 2022 trouxo consigo o triunfo electoral na segunda volta de Gustavo Petro, converténdoo no primeiro presidente de esquerdas na historia de Colombia, e de Luis Inácio Lula Da Silva, quen tivo que facer fronte a varios intentos de deslexitimación da súa autoridade e unha elevada polarización sociopolítica. Ambos eventos electorais reconfiguraron a correlación de forzas políticas e sociais da rexión; así, o péndulo bascula cara a esquerda e se aliña cos triunfos electorais previos de líderes como Luis Arce, Xiomara Castro ou Gabriel Bóric.