A acción exterior nos programas electorais: autonómicas galegas 2012

A acción exterior é de vital importancia para Galicia. Por iso, a maioría das forzas políticas que concorren ás eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo 21 de outubro incorporan no seu programa electoral, en maior ou menor media, un apartado referente ao papel que Galicia debe desempeñar no mundo. Os dous partidos maioritarios, PPdeG e PSdG-PSOE, son os que lle dedican un espazo maior a esta materia e os que coinciden nos ámbitos prioritarios de actuación, aínda que o enfoque e os medios para conseguir estes fins sexan diferentes. Así, mentres o Partido Popular de Galicia aposta por seguir afondando nas políticas centradas na internacionalización da economía, o PSdG-PSOE sinala como prioridades a definición dunha axenda exterior en cooperación cos axentes económicos, culturais e sociais; ou contar coa colaboración do Goberno do Estado e das súas institucións no exterior có ánimo de ser máis eficientes.A máis, o PSdG-PSOE anuncia: a modificación da rede de oficinas no exterior para incorporar os servizos que demandan as empresas, a promoción dunha imaxe de marca de Galicia asociada aos valores emerxentes da sociedade, así como facilitar tanto a presenza das institucións públicas e privadas de Galicia nos foros internacionais, como o desenvolvemento de eventos promovidos por entidades multilaterais en Galicia.
Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Idiomas Galego
A acción exterior é de vital importancia para Galicia. Por iso, a maioría das forzas políticas que concorren ás eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo 21 de outubro incorporan no seu programa electoral, en maior ou menor media, un apartado referente ao papel que Galicia debe desempeñar no mundo. Os dous partidos maioritarios, PPdeG e PSdG-PSOE, son os que lle dedican un espazo maior a esta materia e os que coinciden nos ámbitos prioritarios de actuación, aínda que o enfoque e os medios para conseguir estes fins sexan diferentes. Así, mentres o Partido Popular de Galicia aposta por seguir afondando nas políticas centradas na internacionalización da economía, o PSdG-PSOE sinala como prioridades a definición dunha axenda exterior en cooperación cos axentes económicos, culturais e sociais; ou contar coa colaboración do Goberno do Estado e das súas institucións no exterior có ánimo de ser máis eficientes.A máis, o PSdG-PSOE anuncia: a modificación da rede de oficinas no exterior para incorporar os servizos que demandan as empresas, a promoción dunha imaxe de marca de Galicia asociada aos valores emerxentes da sociedade, así como facilitar tanto a presenza das institucións públicas e privadas de Galicia nos foros internacionais, como o desenvolvemento de eventos promovidos por entidades multilaterais en Galicia.No que se refire ás demais formacións, especialmente as de signo nacionalista, este apartado ten una importancia menor. Compromiso por Galicia céntrase en pular o estreitamento do vínculo coa diáspora e en revalorizar o uso do galego, mentres que Alternativa Galega de Esquerdas resalta a defensa do dereito ao voto, nas mesmas condicións que os galegos que viven en Galicia, para a diáspora. Por último, o partido nacionalista que lle dedica un espazo maior á acción exterior é o BNG, propondo, por unha banda, a defensa da idiosincrasia e do autogoberno do pobo galego perante as institucións europeas, e, pola outra, a defensa dunha acción exterior baseada na cooperación ao desenvolvemento e na promoción da defensa da paz e dos dereitos humanos. Así as cousas, cabe centrar a nosa atención sobre o PPdeG e o PSdeG - PSOE, os dous partidos maioritarios, analizando as propostas que incorporan cada un deles nos seus programas electorais sobre este extremo. Dividiremos o documento en 4 apartados: o papel que Galicia debe xogar en Europa e a cooperación transfronteiriza, as delegacións no exterior e a internacionalización, a cooperación ao desenvolvemento, e a diáspora.1. O PAPEL DE GALICIA EN EUROPA E A COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZAA presenza de Galicia na Unión Europea segue a ser unha das principais prioridades. Neste apartado, o Partido Popular destaca o seu interese por seguir fomentando a presenza de Galicia no Comité das Rexións, o papel da Fundación Galicia – Europa, e o traballo co Parlamento Europeo. Neste sentido propoñen o emprego das infraestruturas do Estado Español e a creación dun “lobby” formado polos galegos que traballan nas institucións europeas para que defendan os intereses de Galicia. Polo que atinxe a Portugal, manifestan a intención de potenciar tanto a cooperación institucional como empresarial, para o que propoñen a elaboración dun planeamento conxunto de financiamento europeo que faga as veces de plano estratéxico da Eurorexión Galicia - Norte de Portugal, e a consolidación da AECT para que desenvolva proxectos con financiamento europeo. A proposta máis importante do PSdG-PSOE neste senso é a de transformar a Fundación Galicia – Europa nunha verdadeira estrutura de acción comunitaria dotándoa dos instrumentos necesarios para que realice un labor verdadeiro e eficaz de xestión e representación de Galicia en Bruxelas. Por último destacan a súa intención tanto de consolidar e de aumentar as vinculacións entre Galicia e o Norte de Portugal como coas Comunidades Autónomas limítrofes con Galicia.2. AS DELEGACIÓNS NO EXTERIOR E A INTERNACIONALIZACIÓN.A proposta do Partido Popular no que se refire ás delegacións de Galicia no exterior pasa por aplicar criterios de racionalidade e eficiencia, exemplificado mediante o acordo asinado entre o Presidente da Xunta e o Ministro de Asuntos Exteriores español para que Galicia empregue as instalacións diplomáticas do Estado. En concreto, no programa electoral faise especial mención ás oficinas de Galicia en Bos Aires (Arxentina), e en Montevideo (Uruguai). Pola contra, a gran proposta do PSdG-PSOE é a de recuperar o control por parte da Xunta das oficinas de promoción comercial no exterior, que na actualidade están en mans do sector privado, e, como sinalamos no apartado anterior, a de modificar a Fundación Galicia - Europa para que exerza unha verdadeira función de representación de Galicia na Unión Europea, aínda que tamén contempla a opción de aproveitar a infraestrutura diplomática do Estado para aforrar custes.É preciso subliñar que no programa electoral do Partido Popular o apartado referente á internacionalización ven situado no espazo dedicado ás políticas económicas. Así, as súas propostas pasan por seguir desenvolvendo as accións efectuadas ó longo da anterior lexislatura (2009-2012) dirixindo os seus esforzos especialmente ao apoio ás PEMES e continuando coas dúas iniciativas en marcha: o Plan de Iniciación á Promoción Exterior (PIPE) e o Plan de Fomento das Exportacións de Galicia (FOEXGA). Ditas actuacións irán acompañadas de estratexias de formación e promoción para as PEMES e da potenciación da rede de Plataformas Empresariais no Exterior (PEXGA). As novas propostas pasan precisamente, por potenciar e reforzar a mencionada rede PEXGA como plataforma xeral de internacionalización das empresas galegas, contemplándose a posibilidade de ampliar a súa presenza a novos países que sexan de interese para as empresas galegas e desenvolver tanto actuacións encamiñadas á introdución de estratexias de internacionalización nas empresas dende o momento da súa constitución, como a organización de eventos de promoción no estranxeiro entendidos como xornadas de negocios onde as empresas podan buscar clientes en España e no exterior.As propostas que neste sentido presenta o PSdG-PSOE pasan por prestar servizos de asistencia e asesoramento técnico en materia de comercio internacional dende o momento en que as empresas decidan emprender un proceso de internacionalización, convocar bolsas en materia de comercio exterior destinadas a coñecer e avaliar oportunidades comerciais en países de especial interese para a exportación, a implantación dunha Fiestra única Empresarial co obxectivo de facilitar o establecemento de novas empresas e a creación dunha Oficina Empresarial e do Emprendedor co fin principal de informar tanto ás empresas como aos futuros emprendedores de todos os trámites necesarios para o inicio e o desenvolvemento dunha actividade económica.Por outra banda, anuncian a concertación dunha póliza de aseguramento de cobro e información de solvencia con compañías especializadas dirixida especialmente cara as PEMES galegas. Tamén se prevé a concertación dunha liña de crédito á exportación con entidades financeiras especializadas e a posta en marcha de cursos de formación enfocados especialmente cara as PEMES tanto en Loxística e Comercio Internacional como en inglés técnico e de negocios. Por último, propoñen a colaboración coas empresas no financiamento da contratación de especialistas en comercio exterior e a atracción de investimentos en actividades intensivas en emprego con especial atención aos sectores tecnolóxicos.3. A COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTONeste apartado, as dúas forzas políticas principais manifestan a súa preocupación e a vontade de apoiar e desenvolver un papel activo neste eido. O PPdeG comprométese a iniciar o proceso de elaboración do III Plan Director da Cooperación Galega (2014-2017) que se centrará na especialización da cooperación galega, na cooperación participativa, no aumento da eficacia, no impacto das actuacións de cooperación, no establecemento de prioridades xeográficas e sectoriais en aras de conseguir a maior concentración das axudas posible, na coordinación e complementariedade das administracións implicadas neste labor e na busca de fontes alternativas de financiamento.O PSdG-PSOE propón, en cambio, revisar o II Plan Director da Cooperación Galega ao Desenvolvemento (2010-2013) co fin de presentar un calendario de financiamento da cooperación baseado na realidade. Isto levarase adiante a través das entidades locais e por medio da sinatura de Pactos Locais contra a Pobreza que consistirán en introducir nos orzamentos de Concellos e Deputacións partidas económicas dedicadas ao financiamento da cooperación ao desenvolvemento. Outra das súas propostas pasa pola creación da Mesa Sectorial da Cooperación Galega ao Desenvolvemento que terá como un dos seus principais fins o seguimento e control do II Plan Director da Cooperación Galega e na que estarían presentes tanto a Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento, como o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As actuacións irán encamiñadas á loita contra o cambio climático, á igualdade de xénero e o fortalecemento da muller. Por último propoñen a elaboración dun plan de comunicación contando coa colaboración de ambos, as ONG’s e os concellos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, coa finalidade de sensibilizar á sociedade a partir da premisa de que o que investimos fóra vai a repercutir dun xeito favorable en Galicia.4. OS GALEGOS NO EXTERIOR, A DIÁSPORA.No que se refire á diáspora debemos destacar que o PPdeG sitúao no seu programa electoral no apartado dedicado á emigración, non no relativo á acción exterior. Así, sobre as políticas encamiñadas aos galegos que residen no exterior o Partido Popular  fai especialmente fincapé na aprobación da “Lei de galeguidade”, no anteproxecto da “Lei de retorno”, e na aprobación dos procesos de unión ou fusión das comunidades e entidades galegas no exterior, o que permitiría mellorar tanto a súa eficiencia económica como o posicionamento da marca Galicia en cada un dos seus territorios, especialmente en Arxentina, Uruguai, Cuba, Suíza, Cataluña e Madrid, a través das ordes de axuda e subvención. Outra das súas prioridades pasa polo mantemento das políticas socioasistenciais cara os galegos residentes no exterior que se atopan en situación de dificultade, especialmente cara os maiores. Neste último punto propoñen a elaboración dun plan interdepartamental para a mellora das entidades prestadoras deste tipo de servizos socioasistenciais baseados na sustentabilidade, na mellora da eficiencia na xestión, na xeración dunha rede de coñecemento entre as entidades galegas que traballan neste eido, e na implicación das comunidades galegas no sostemento destas entidades. Por último, anuncian a intención de ampliar o número de entidades galegas con convenio subscrito para xestionar a Tarxeta “Galicia Saúde Exterior”.Ademais incorporan dentro das súas propostas accións dirixidas tanto a potenciar a eficacia dos órganos consultivos das comunidades galegas á hora de comunicar as accións efectuadas cara a galeguidade, como a apertura efectiva á participación da xuventude e da muller nestas entidades. Tamén se anuncia a elaboración dun Plan de protección do patrimonio cultural galego no exterior xunto coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega, así como a creación dun “looby” de galegos no exterior cuxo obxectivo sexa o de reforzar o noso posicionamento, axudar á internacionalización e a proxección da nosa economía no exterior e fixar unha “marca Galicia” no exterior. Este “looby” traballaría en coordinación tanto co Goberno galego como coas administracións da nosa Comunidade. Nesta mesma liña, pero asociado ás estratexias de internacionalización da economía galega, prevé a creación dunha rede de galegos no exterior con especiais contactos no mundo empresarial, político, e social dos países da súa residencia. Finalmente fan referencia a que lle solicitarán ao Goberno español a modificación da LOREG (Ley Orgánica del Régimen Electoral General), propoñendo que se equipare a metodoloxía do voto da diáspora á que teñen os españois que residen dentro das fronteiras do Estado. Por último potenciarán o uso das Tecnoloxías da Información e do Coñecemento (TIC’s) a través da elaboración dun plan de tramitación telemática que facilite os procedementos administrativos coa diáspora así como o abaratamento de custes na prestación de servizos de carácter cultural e formativo.Pola súa banda, o PSdG-PSOE centra a súa atención nos descendentes dos galegos emigrados que aspiran a seguir vinculados coa súa terra de orixe, polo que apelan á modificación da lexislación que permitirá a moitos descendentes de galegos acceder á nacionalidade española. Fan especial fincapé nas políticas tendentes a fomentar as relacións e o encontro entre os empresarios de Galicia e os do exterior, aos vínculos culturais, ao fomento do galego como sinal de identidade, e en potenciar que estes descendentes veñan a estudar e a formarse a Galicia. Defenden que os galegos que residen no exterior deben ter os mesmos dereitos e obrigas que os galegos residentes en Galicia, por iso propoñen a creación de redes educativas e culturais que vinculen aos descendentes dos emigrados galegos co sistema educativo en todos os seus niveis, promovendo os intercambios tanto de docentes como de estudantes.Propoñen tamén a promoción da lingua e da cultura entre a diáspora a través de actuacións de inmersión lingüística por medio dun programa de teleformación en lingua galega que permita a preparación dos certificados CELGA. No referente a aspectos económicos proponse a creación de redes empresariais que vinculen ás empresas e aos emprendedores galegos entre si. Tamén se prevé a creación dun Foro Económico da Galicia Emprendedora no Mundo como ferramenta de coordinación e punto de encontro entre os empresarios galegos no exterior e os situados en Galicia e España. Ademais fan referencia á creación de diferentes redes, por exemplo, a Rede de Centros de Galegos no Mundo, que permita a súa rehabilitación, promoción e integración cultural.Urxen a integración das entidades de galegos no exterior, unha rede virtual do Patrimonio Galego no Exterior e unha rede de centros sociais e sanitarios. Finalmente anuncian a posta en marcha dun plan integral de optimización e mellora das infraestruturas e equipamentos das áreas hospitalarias no exterior así como unha reforma do programa de axudas económicas individuais para acomodalo ás novas necesidades. Por último prometen defender o dereito da diáspora a exercer o voto dun xeito libre, directo e segredo para o que promoverán as modificacións lexislativas que sexan precisas asegurando o voto en urna e en condicións democráticas idénticas ás esixibles no territorio galego.CONCLUSIÓNSCabe resaltar que as accións que propón o PPdeG baséanse fundamentalmente en continuar coas iniciativas postas en marcha durante a primeira lexislatura de Feijoo (2009-2012) centradas no protagonismo do sector privado en detrimento do público, e en potenciar as accións encamiñadas cara a internacionalización das empresas empregando a diáspora como elemento de enlace, e a rede PEXGA como asesora. Pola contra, o PSdeG-PSOE centra a súa atención na elaboración dun plano estratéxico da Acción Exterior de Galicia e en que esta recupere o seu carácter público a través de recobrar o control das oficinas comerciais situadas no exterior e de converter a Fundación Galicia – Europa nunha verdadeira oficina de representación de Galicia en Bruxelas. Así, os dous ámbitos prioritarios para ambos partidos son o económico, en relación coa presenza exterior das nosas empresas, e as relacións coa diáspora. No caso dos partidos nacionalistas resaltar a baixa prioridade que ten esta materia, e sobre todo a preocupación polo papel da diáspora en Compromiso por Galicia e en Alternativa Galega de Esquerdas e a defensa do autogoberno perante as institucións supranacionais por parte do BNG.