Acción exterior de Galicia : Apartado xeográfico

Artículos de opinión y análisis relacionados con la acción exterior de Galicia

35eco

Galiza no mundo: 35 anos de análise crítica dende o IGADI

O mundo, e as relacións internacionais, experimentaron transformacións profundas dende 1991. A chamada orde liberal internacional, baseada no respecto ao dereito, no multilateralismo e no (neo)liberalismo económico, baixo a hexemonía dos Estados Unidos de América, atópase en crise. O escenario internacional multipolar de 2026 é máis complexo, fragmentado e marcado pola intensificación das tensións xeopolíticas entre grandes e potencias rexionais, combinado cun crecente desprezo polo dereito internacional.

Galiza no mundo: 35 anos de análise crítica dende o IGADI Leer más »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
cartaz aporto 2026

Abertas as inscrições para os cursos aPorto 2026

Estão abertas as inscrições para os cursos de verão aPorto 2026, uma das iniciativas mais consolidadas da AGAL (Associação Galega da Língua) no âmbito da aproximação linguística e cultural entre a Galiza e Portugal.

Abertas as inscrições para os cursos aPorto 2026 Leer más »

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Activar a acción exterior galega: a necesidade de artellar unha política pública de país

Un contexto internacional crecentemente complexo A actual transición xeopolítica global está marcada por unha crecente fragmentación da orde internacional, a crise do multilateralismo liberal, a competencia estratéxica entre grandes potencias e a emerxencia de novos actores subestatais e transnacionais con capacidade crecente de proxección exterior. A guerra en Ucraína, a rivalidade sistémica entre Estados Unidos

Activar a acción exterior galega: a necesidade de artellar unha política pública de país Leer más »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Nun contexto internacional marcado pola fragmentación xeopolítica, a crise do multilateralismo clásico e o aumento das tensións entre grandes potencias, as dinámicas da acción internacional están a experimentar profundas transformacións. A redefinición da orde internacional liberal, a crecente competencia estratéxica entre Estados Unidos e China ou a emerxencia de novos espazos de rivalidade económica, tecnolóxica e política están configurando un escenario crecentemente complexo e inestable. Neste marco, rexións, cidades, universidades, redes transnacionais ou comunidades culturais e lingüísticas poden desempeñar un papel crecente como actores complementarios das políticas exteriores tradicionais dos Estados.

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable Leer más »

nico casares

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (II) Entrevista ao eurodeputado galego Nicolás González Casares “Este proceso vai conceder novos dereitos a centos de miles de persoas, vai fortalecer lazos, pero tamén ten unhas obrigas”

O Censo de cidadáns no exterior medra a ritmo acelerado e alimenta o optimismo demográfico que trae luz tras anos de tendencias negativas. Son un potencial inexplorado e falta definir o alcance destas novas cidadanías no ecosistema político e social dun país que traballa para consolidar a súa presenza estratéxica no contexto internacional.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (II) Entrevista ao eurodeputado galego Nicolás González Casares “Este proceso vai conceder novos dereitos a centos de miles de persoas, vai fortalecer lazos, pero tamén ten unhas obrigas” Leer más »

hugo freitas

Entrevista a Hugo Javier Freitas “A emigración galega foi entendida moitas veces como ruptura, pero tamén pode pensarse como continuidade”

Hugo Javier Freitas é historiador e profesor de Historia en Bos Aires (Arxentina), especializado nos procesos migratorios entre Europa e o Río da Prata entre finais do século XIX e comezos do século XX. O seu traballo combina investigación en arquivos civís e parroquiais de España, Croacia, Arxentina e Uruguai, cunha escrita narrativa orientada a un público amplo. Participou no III Premio Memoria da Emigración Española (UNED Zamora), onde o seu traballo As partidas de Jesús foi seleccionado e publicado no volume oficial do certame. Nos últimos anos desenvolve unha liña de investigación centrada na relación entre memoria familiar, identidade e experiencia migratoria, con especial atención á emigración galega. O seu libro Raíces nas augas atópase recentemente publicado en Galicia e conta cunha edición en lingua alemá actualmente en proceso de publicación.

Entrevista a Hugo Javier Freitas “A emigración galega foi entendida moitas veces como ruptura, pero tamén pode pensarse como continuidade” Leer más »

ANA MIRANDA

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (I) Entrevista a Ana Miranda «Buenos Aires é a cidade con máis galegos. Sería de interese crear unha comisión no Parlamento para saber se os sistemas de representación que existen son os máis axeitados»

Galicia medra e muda. Comezamos o ano mirando o nacemento das “novas cidadanías”. O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de publicar os datos de poboación que revelan que a composición e o tamaño da nosa xente no mundo é maior e máis diverso. Hai cada día menos galegos emigrados e máis dos que mesmo nin pisaron a terra. A Galicia Universal redefine o seu perfil e queremos pensar como van inserirse os emigrados, os inmigrados, os novos galegos nacidos fóra na sociedade, na lingua, na economía, na idea de país e nas institucións para exercer os seus dereitos como cidadáns plenos.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (I) Entrevista a Ana Miranda «Buenos Aires é a cidade con máis galegos. Sería de interese crear unha comisión no Parlamento para saber se os sistemas de representación que existen son os máis axeitados» Leer más »

San Pedro de Rocas

Asombrosa Galicia XVII: Monasterio e iglesia de San Pedro de Rocas

La serie «Asombrosa Galicia», a través de los ojos de Isabel Stanganelli, ofrece un recorrido único por espacios, historias y otros elementos que, sin duda, causarán asombro. Explora las fascinantes conexiones entre Galicia y el resto del mundo, revelando vínculos insospechados que trascienden fronteras y épocas.

Asombrosa Galicia XVII: Monasterio e iglesia de San Pedro de Rocas Leer más »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Pensalo2Veces

#Pensalo2Veces: Galicia na Unesco e ONU Turismo

O 26 de xaneiro de 2026 o ministro de Exteriores e o conselleiro de Acción Exterior da Generalitat, oficializaron o inicio do proceso para que Catalunya acade a condición de membro asociado na Unesco e en ONU Turismo. Anunciouse tamén que Euskadi seguirá o mesmo camiño.

#Pensalo2Veces: Galicia na Unesco e ONU Turismo Leer más »

juana 0

Adam Smith e Nós

O vindeiro 9 de marzo cúmprense 250 anos da publicación da Riqueza das Nacións de Adam Smith, que simboliza a entrada da ciencia económica no pensamento social. Este ano celebramos tamén os 40 da nosa incorporación á Comunidade Económica Europea, hoxe Unión Europea.

Adam Smith e Nós Leer más »