Conmemoración polos falecidos no Festival Nova.

A “Directiva Aníbal” do exército israelí

O sábado sete de outubro do 2023 [22 Tishrei, 5784 e yawm as-sabt, 22, Rabi' al-Awwal, 1445 nos calendarios xudeos e islámico respectivamente] é unha data, outra máis, que quedará grabada a sangue, lume e chumbo nas páxinas máis tristeiras do Oriente Medio. Esa xornada, as Brigadas Ezzedin al Qassam, a milicia do Hamas, executou un ataque a gran escala contra diversos obxetivos que deuxou un ronsel de centenares de víctimas tanto militares coma civís.
Liñas de investigación Relaciones Internacionales
Apartados xeográficos Oriente Medio

Entre estas últimas cóntanse 364 persoas que foron asasinadas cando participaban no Festival Nova que se celebraba no kibbutz Ra’im. Segundo unha publicación do diario israelí Haaretz, que cita unha investigación policial, o ataque non foi premeditado senón que os terroristas foran redirixidos ata alí ao percatarse súa existencia mediante drons e parapentes. Tal e como se recolle no medio israelí, un helicóptero de combate despegou da sua base en Ramat David para facer fronte aos atacantes o cal causaría baixas entre os participantes no festival.

Citando unha investigación da Forza Aérea de Israel, o portal web Ynet sinalou que na confusión inicial tralo ataque foran disparados misiles Hellfire contra obxetivos non claramente identificados. Sobre esta cuestión, o coronel da Forza Aérea israelí Nof Erez, que foi separado do servicio polas súas críticas ao primeiro Ministro Benjamín Netanyahu nun grupo de WhatsApp, declarou ao Haaretz que o sete de outubro forzas israelíes dispararon contra obxetivos sen distinguir entre membros das Brigadas Qassam e civís describindo a situación coma “Aníbal masivo”.

Estas declaracións do militar israelí facían referencia a unha controvertida cuestión como é a “Directiva Aníbal”.

Esta directiva ten súas orixes no ano 1986 cando foi redactada por tres comandantes do exército israelí logo que outros tres soldados da Brigada Givati, unha unidade de élite de infantería, foran capturados polo Hezbollah libanés. Os componentes da brigada viron coma os secuestradores fuxían nun vehículo levando con eles aos seus compañeiros e non abriron fogo para non ferilos.

Esta directiva creouse para solventar situacións similares. Algunhas fontes afirman que seu nome, “Anibal”, tomouse dun xeneral cartaxinés que, no ano 183 a.n.e. preferiu sucidarse antes que cair preso dos romanos. Por outro lado, fontes militares din que o nome foi xenerado por unha computadora .

Según Yehuda Shaul quen estivo tres anos de servicio no exército israelí, de 2001 a 2004, e é cofundador de la ONG israelí Breaking the Silence, esta directiva, tamén coñecida como “Procedemento Aníbal” ou “Protocolo Aníbal”, é unha política militar que estipula o emprego da forza máxima en caso de que un soldado sexa secuestrado inda que o fogo acabe coa vida do militar. O exército israelí negou a interpretación desa directiva que contempla a morte dos seus propios efectivos, se ben Shaul afirmou que a directiva fora compartida de maneira oral con el e outros comandantes aínda que no aparecese escrita nas regras de enfrontamento.

No marco da operación “Chumbo Fundido” (2008-2009) un comandante da Brigada Golani, unidade de élite do Exército de Terra israelí foi grabado dirixíndose aos seus subordinados nos seguintes termos: “Ningún soldado do 51.º Batallón será secuestrado, a calquer precio ou baixo ningunha condición. Aínda se iso significa que ten que detonar súa propia granada xunto a aqueles que intentan capturalo. Aínda si iso significa que se teña que disparar contra o coche no que intenten levalo”.

Na maña do 1 de agosto do 2014, na cidade de Rafah, integrantes da rama militar de Hamas secuestraron a un membro da Brigada Givati, o teniente Hadar Goldin. Nas horas seguintes, as forzas armadas israelís lanzaron un devastador ataque mediante bombardeos aéreos e de artillería contra vivendas, vehículos en movemento, cruces de estrada e localizacións perto do hospital de Rafah que acabaron coa vida de máis de 200 palestinos destruíndo total ou parcialmente 2.600 vivendas.

Norman Finkelstein na súa obra “Gaza unha investigación sobre o seu martirio” (2018) sinala: “ Non hai practicamente dúbidas de que as FDI (Forzas de Defensa de Israel) non querían rescatar a Goldin, senón matalo: non lanzaron una ataque comando preciso senón que convertiron a zona na que se cría que estaba o teniente Goldin nun inferno (…) Incluso despois de que as probas forenses deixaran claro que Goldin xa morrera, o ataque continuou, aínda que con unha intensidade algo menor, coma acto de venganza e para dar unha lección”.

Foi a última vez que se implementou a “Directiva Aníbal” que se revocou no 2016.

Non están de todo claros os motivos desta decisión pero puido obedecer a diversas causas, aínda que é moi posible que ningunha delas estivese auspiciada precisamente por cuestións éticas.

A primeira delas pode ser que non foi moi efectiva. O 18 de outubro de 2011 tras un acordo entre Israel e Hamas máis de 1.000 presos palestinos foron excarcelados a cambio da posta en liberdade do soldado Gilad Shalit, secuestrado en 2006.

Es segundo lugar, habería que ter en conta que esta cuestión afectaría a moral dos soldados no combate- e por extensión as súas familias- ao saber que primará a súa eliminación antes que a intentar o seu rescate.

Finalmente, respecto do seu emprego coma subtefuxio para executar un castigo contra a poboación civil, tamén carecería de utilidade xa que dende o 2006 existe a chamada “Doctrina Dahiya”, así denominada polos suburbios homónimos de Beirut (Líbano) bastións do Hezbollah. Esta foi claramente descrita en 2008 polo militar israelí Gadi Eisenkot. “…Exerceremos un poder desproporcionado contra cada aldea dende onde se dispare contra Israel e causaremos danos e destrucción inmensos. Dende a nosa perpectiva estas son bases militares. Isto non é unha suxerencia. Este é un plan que xa foi autorizado”.

Sun Tzu di:

“A guerra é de vital importancia para o Estado; é o dominio da vida ou da morte, é o camiño cara a supervivencia ou a perda do Imperio: é forzoso manexala ben. Non reflexionar seriamente sobre todo o que lle concerne é dar proba dunha culpable indiferencia no que respecta a conservación ou perda do que nos é máis querido”.

A arte da guerra, sec. V a.n.e.