haiti map

Violencia armada non estatal autóctona no contexto haitiano

A chegada de Ariel Henry ao poder foi certamente traumática. O 7 de xuño de 2021, dous días despois de ser seleccionado para ser presidente de Haití, viu como se atrasaba o seu acceso ao poder pola máis expeditiva vía dos feitos: o seu antecesor no cargo, Jovenel Moise, foi asesinado.

Sen poder chegar a convocar eleccións, o mandato de Ariel Henry rematou o 12 de marzo do 2024 de maneira algo similar a que comezou: no medio dun importante casos creado polas bandas criminosas no contexto dunha sociedade que conforma o país máis pobre de Latinoamérica e o Caribe e que ademais ten unha das meirandes taxas de desigualdade do planeta.

Nese estado de cousas cobrou notoriedade un importante factor contribuínte a situación que asola o pais caribeño, como son os actores armados non estatais autóctonos, personificados fundamentalmente na figura de tres personaxes que lideran as máis importantes faccións: Johnson André, Jimmy Chérizier e Guy Philippe.

image 52
De esquerda a dereita: Guy Philippe, Jimmy Chérizier e Johnson André. Fonte: https://www.bbc.com/news/world-latin-america-68534619

Johnson André, alcumado «Izo» é o líder da banda «5 Segond» e xoga un importante papel dentro da alianza «G-Pep». Esta organización é unha das máis importantes das cerca de cen que operan na capital, Porto Príncipe, dun dotal dunas duascentas repartidas por toda a xeografía haitiana. Estas, segundo datos da ONU, dominan o 60% do total do territorio do país. Ademais hai fontes que sinalan que detrás do «G-Pep» están poderosos empresarios haitianos.

Con «Izo» ao fronte de «5 Segond», a banda perpetrou acción criminosas graves de diversos tipos: detencións ilegais, violacións, roubos, saqueos, tráfico de drogas e armas e tamén obstrución da entrega de axuda humanitaria. O propio Johnson André está buscado polas autoridades haitianas por delitos de asasinato e detención ilegal para realizar extorsións, entre outros. Ademas diso, «5 Segond» puxo no seu punto de mira institucións públicas coma o Tribunal de Primera Instancia, que saqueou en 2022 e tomou baixo o seu control en 2024.

«Babekyou» (literalmente Grellada) é o alias de Jimmy Chérizier, antigo policía e actualmente líder dunha alianza de bandas chamada «Familia e aliados do G9». Fundada en 2020 engloba a varios e potentes grupos do país que contan co apoio de políticos e policías.

En 2018 cando inda formaba parte, ao menos nominalmente, das forzas de seguridade haitianas organizou e executou un ataque contra poboación civil no barrio La Saline, en Porto Príncipe, cun balance devastador: ao menos 71 persoas foron asasinadas, polo menos sete mulleres foron violadas e máis de 400 vivendas arrasadas. O mesmo «Grellada» dirixiu en 2018,2019 e 2020 varios ataques con vítimas mortais e destrución de patrimonio en distintos barrios da capital haitiana. Dende o 11 de outubro do 2022, a súa organización bloquea o tránsito de combustible da central de Varreux, a de maior capacidade de Haití.

Aínda que as faccións criminosas de André e Chérizier foron rivaís foi o propio Chérizier quen afirmo a finais do 2023 que tiñan alcanzado un acordo chamado «viv ansanm» (vivir xuntos en creoulo haitiano) para derrocar ao gobernó de Henry, algo que finalmente acontenceu.

Pola súa banda, Guy Philippe, tamén militou no pasado na policía haitiana. Foi un dos principais dirixentes do golpe de estado que derrocou en 2004 a Jean-Bertrand Aristide e regresou ao país en 2023 tras cumprir en EE.UU. seis anos de prisión tras admir que, sendo alto cargo da policía colleu subornos para permitir o tránsito de drogas cara territorio estadounidense. Philippe quere ser o novo presidente do país e cando se lle preguntou sobre se seu pasado carcelario podería ser un impedimento para o acceso ao poder dixo, nada máis e nada menos: «Mandela estivo en prisión. Hugo Chávez estivo en prisión, Lula [Luiz Inácio da Silva] estivo en prisión…E se meu pobo cree e confía en min serei seu líder. Depende do meu pobo, de ninguén máis»

O panorama haitiano é certamente sobrecolledor toda vez que esta tríada de actores non estatais conviven ou más ben retroaliméntanse doutra tríada que case se está convertendo en endémica en Haití e que é a que está formada pola pobreza, pola desigualdade e pola inseguridade. No é menos certo que estes individuos no poderían alcanzar as cotas de poder que posúen sen a connviencia doutros actores, estes estatais, (políticos,policías) e tamén autóctonos (empresarios).

A crise haitiana, sobre todo de seguridade, reproduce a escala de país o status quo dalgunas zonas de metrópoles brasileiras que Carlos Amorím describiu de maneira maxistral na súa obra «CV-PCC. A Irmandade Do Crime» (2003):

«No meio da noite, prédios púbicos são atacados con rajadas de fuzis automáticos e metralhadoras. Bombas exploden em frente a repartições públicas. Comboios de homens armados percorrem as ruas despois da meia-noite. Param o trânsito nas grades avenidas, saqueiam-pessoas são mortas sem nemhuna razão. Magistrados são emboscados e mortos a tiros. Funcionários de alto escalão são ameaçados. Pelo mar chegan armas e drogas. É o cenário dumha guerra que não se quere admitir»

Estas e outras cousas amosan que, polo de agora o país caribeño é percorrido polos catro cabalos do apocalipse, só que, neste caso concreto só tres xinetes – «Izo», «Babekyou» e Philppe- chegan e sobran para cabalgalos a todos.