Sede da RTLM en Kigali (Ruanda). Fonte imaxe

Radio-Télévision Libre Des Mille Collines (RTLM), semente do xenocidio ruandés

«Así pois, non hai máis que unha soa etnia en Ruanda: os banyarwandas. Hutus e tutsis non son razas tampouco porque é imposible cambiar de raza. Un home negro non pasa a ser branco…»

Groupov : Rwanda 94.

Hutus e tutsis –e tamén os twa, terceiro pobo de Ruanda- falan a mesma lingua, o kinyarwanda. Hutus e tutsis comparten costumes similares nas celebracións. Hutus e tutsis tamén cren no meso deus: Imana. Estas crenzas foron alteradas polo proceso de colonización e a fe cristiá e musulmá compartiuse indistintamente por membros de ambos pobos.

Foi precisamente ese proceso colonizador, primeiro alemá e despois belga, o que favoreceu o ascenso social dos tutsis en detrimento dos hutus. A comezos da década 1960 a situación inverteuse coa independencia de Ruanda. Moitos tutsis abandoaron o recen creado país mentres que Parmehutu, formación política hutu, acadaba o 78% das cadeiras da Asamblea Nacional. Na década seguinte, os tutsis únicamente dispuñan do 10% das prazas en universidades, escolas e postos de traballo.

6 de abril de 1994.

Un avión que realizaba unha manobra de aterraxe ao aeroporto de Kigali e que transportaba, entre outros, ao dirixente ruandés Juvénal Habyarimana, sostido no poder por militares hutus, foi derrubado cun misil. O día despois, e durante os tres meses seguintes, as portas do inferno abríronse na «terra dos mil outeiros».

Neste comportamento de masas, influenciou unha cuestión a priori aparentemente anodina como foi unha plataforma de radiodifusión: a Radio-Télévision Libre des Mille Collines, máis coñecida polo seu acrónimo: RTLM. Fundada por Ferdinand Nahimana e con Gaspard Gahigi coma editor-xefe, comezou a súa emisión na capital apartires do 8 de xulio de 1993. Posteriormente, tamén podía sintonizarse no rural ruandés. En contraposición a anquilosada Radio Ruanda, ofrecía música pop moderna, comentarios animados sobre cuestións de actualidade e unha interacción co público que fixo que a súa audiencia aumentase de maneira notable. Así as cousas, a RTLM recibiu o sobrenome de «Radio Sympa» (Radio Simpática). Co tempo, a poboación tutsi definiuna con termos radicalmente distintos: «Radio Machete» ou «La Radio Qui Tué» (Radio Asasina). Non lles faltaba razón.

Nas súas emisións, a RTLM lanzaba ás ondas diversas mensaxes nas que dicía que os hutus debían protexerse contra as «serpes» e os «inyenzi (termo que designa aos tutsis e que se traduce coma “cascudas”) ou con presuntas «noticias» coma: «Lembramos que os inyenzi matan á xente segundo o que pon na súa célula de identidade. Cando se decatan de que es hutu mátante, sobre todo cando es hutu e sabes ler…»

A RTLM foi a primeira en transmitir a nova da norte de Habyarimana e non dubidou de acusar do magnicidio aos tutsis lanzando mensaxes coma «busca aos inyezi e asegúrate de atopalos» .

Neste contexto cobraron unha macabra notoriedade xornalistas da RTLM, como exemplifican os dous casos seguintes:

Kantano Habimana foi autor de mensaxes coma: «Estes inyezi que me chamaron pola radio, ¿onde foron? Seguramente deben de ser exterminados… Seguramente deben de ser exterminados… Así que cantemos: Alegrémonos, amigos! Os inyezi foron exterminados! Alegrémonos, amigos! Deus nunca pode ser inxusto!»

Valérie Bemeriki, pola súa banda describiu a situación nos seguintes termos: «Éramos coma cáns rabiosos». Con invectivas coma «Tomai os vosos machetes e talai tódolos árboles grandes [en referencia aos tutsis]Non debe quedar nigún», Bemeriki arengaba dende as ondas da RTLM aos milicianos Interahamwe (os que traballan xuntos, en kinyarwanda) os cales, em moitas ocasións baixo o influxo do alcohol e/ou psicotrópicos, realizaban controis nas estradas establecendo entre os distintos grupos unha sorte de morbosa competencia por ver quen asasinaba a un maior número de tutsis.

Dende a RTLM tamén se daban indicación para localizar a aqueles que consideraban inimigos. En palabras da propia Valérie Bemeriki:«Dicíamos: “están ahí”. E en canto dicíamos iso, os asasinos dirxíanse a aquel lugar e asasinaban a toda persoa que se atopase alí. Iso quere dicir que mataban aos nenos, as nais, as avoas, aos vellos…A todos».

Nunha análise de contidos realizada por Mary Kimani sobre as retransmisións da RTML recóllese que en 417 casos fixéronse chamamentos directos ao exterminio dos tutis de Ruanda alentando aos hutus a loitar contra seus supostos enemigos e matalos. O 31 de xulio de 1994 a RTML foi finalmente desmantelada.

Entre 500.000 e 1.000.000 de persoas foron asasinadas nun país que contaba cunha poboación duns 7.000.000 de habitantes. Sen apenas empregar armas de fogo, fundamentalmente a machetazos, uns veciños masacraron a outros facendo bo aquilo que dicía Hermman Hesse: «Na natureza non existe nada tan pérfido, salvaxe e cruel como a xente normal».