Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 3. Xi, Kim e Putin, a nova competencia ruso-chinesa por Pyongyang
Cando se fala da influencia que Corea do Norte ten na xeopolítica, é inevitable pensar na súa capacidade nuclear e status que esta outorga. A percibida perigosidade do país levou durante a segunda crise da península coreana ás principais potencias mundiais á mesa de negociación co obxectivo de desnuclearizalo (1). Sen embargo, 23 anos despois, a influencia do goberno de Kim Jong Un vai máis alá das súas capacidades nucleares, co desenvolvemento de relacións máis convencionais.

