Europa : Apartado xeográfico

Artigos de opinión e análise relacionados con Europa

ucraina

A guerra e a paz con malas perspectivas na Ucraína

A situación actual na fronte non é catastrófica, como se sostén ultimamente en numerosas publicacións, pero é altamente crítica. Os rusos non alcanzaron os seus obxectivos, nin os declarados para a “operación militar especial” (a ocupación do territorio completo das rexións de Donetsk e Luhansk, a desmilitarización e “desnazificación” de Ucraína, a súa neutralidade). Seguen moi afastados do obxectivo xeopolítico de anular a soberanía de Ucraína e reincorporala na súa área de dominio, anulando a súa identidade nacional e reciclando aos ucraínos como parte de “un só pobo”, como era a política de Moscova na época soviética ou como se practica na Bielarús de Łukašenka.

A guerra e a paz con malas perspectivas na Ucraína Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
A nova Comisión Europea constituiuse finalmente o 27 de novembro, para o periodo 2024-2029. Fonte Parlamento Europeo

O novo mandato da Comisión Europea (II): Unha Unión cada vez máis política

As audiencias públicas dos comisarios europeos evolucionaron significativamente en termos de atención mediática e tensión política. Alén do ruido, esta análise céntrase nas políticas públicas, que non cambiarán moito independientemente de quen leve a carteira

O novo mandato da Comisión Europea (II): Unha Unión cada vez máis política Ler máis »

Apartados xeográficos Europa
A nova Comisión Europea constituiuse finalmente o 27 de novembro, para o periodo 2024-2029. Fonte Parlamento Europeo

O novo mandato da Comisión Europea (I): Unha Unión cada vez máis política

As audiencias públicas dos comisarios europeos evolucionaron significativamente en termos de atención mediática e tensión política. Alén do ruido, esta análise céntrase nas políticas públicas, que non cambiarán moito independientemente de quen leve a carteira.

O novo mandato da Comisión Europea (I): Unha Unión cada vez máis política Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
Moldavia orientando o seu destino. Imaxe creada por IA polo autor.

Foco en Moldavia (II) O camiño cara a UE: retos e riscos

O proceso de adhesión de Moldavia – mais tamén de Ucraína – afondan nun cambio significativo no enfoque da UE, que está a pasar dunha integración centrada no mercado, na economía e en procesos de democratización internos, a unha vontade explícita – mesmo por parte da presidenta da CE – de contrarrestar a influencia de Rusia e reforzarse como un polo de poder no contexto internacional que transcende o plano económico ou de valores ilustrados empregado até agora.

Foco en Moldavia (II) O camiño cara a UE: retos e riscos Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
ucraina

A vitoria de Trump fai máis incerta a vitoria de Ucraína

O 5 de novembro pasado, cando os resultados das eleccións presidenciais aínda non se fixeron oficiais, pero xa estaba claro que gañara D. Trump, o presidente ucraíno V. Zelenskyi apresurouse a mandarlle unha mensaxe de saúdo. Expresou o seu apoio ao propósito do presidente electo de conseguir “A paz pola forza”, supoñendo que beneficiaría a Ucraína, que chegaría á paz, ao recibir a forza suficiente para vencer ao invasor ruso.

A vitoria de Trump fai máis incerta a vitoria de Ucraína Ler máis »

Apartados xeográficos Europa
Moldavia orientando o seu destino. Imaxe creada por IA

Foco en Moldavia (I) Antencedentes e contexto

A recente vitoria electoral de Maia Sandu en Moldavia, acompañada dun referendo sobre a adhesión á UE, marca un momento crucial para o país e para Europa. Situada entre as
ambicións da Unión Europea e a influencia rusa, Moldavia enfronta un camiño complexo, onde o respaldo europeo representa desafíos tanto para a Unión como para o país do leste. Este contexto de transición implica de cheo á UE nun taboleiro xeopolítico complexo e marca un punto de inflexión respecto a procesos de expansión anteriores.

Foco en Moldavia (I) Antencedentes e contexto Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
ucraina

O presidente Zelenskyi di ter un plan para a vitoria, pero o final da guerra segue a ser incerto

Este mes de outubro o presidente de Ucraína, V. Zelenskyi, dedicou moitos esforzos á promoción do seu “Plan da vitoria”, falando cos líderes dos principais países que dan apoio ao combate contra o invasor ruso (EE.UU., Gran Bretaña, Alemaña, Francia, Italia).

O presidente Zelenskyi di ter un plan para a vitoria, pero o final da guerra segue a ser incerto Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
ueglocal english

Libro-Monografía final “A Unión Europea desde unha perspectiva Glocal”

Como resultado final do Ciclo de Conferencias “A Unión Europea dende unha perspectiva Glocal” con formato de programa de televisión por internet, así como das conclusións do Grupo multitemático que lle deu forma, presentamos un Libro-Monografía baixo o mesmo título, que podedes descarregar desde esta ligazón en galego, inglés ou castelán. Con estas actividades concluen o proxecto “Falamos de Europa desde

Libro-Monografía final “A Unión Europea desde unha perspectiva Glocal” Ler máis »